Benvido(a) á Galipedia, Eskio!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--RNC 12:25, 14 novembro 2009 (UTC)

Contidos dos artigos editar

Ola, Eskio. Ten en conta que a Galipedia non é a sucursal de ninguén, é dicir, o proxecto non é unha copia nin da wiki castelá nin de ningunha outra, polo que cómpre que adaptes os contidos sempre que os traduzas doutras linguas, e que o indiques no cadro de resumo. Un saúdo e para calquera dúbida aquí me tes. --Atobar (conversa comigo) 17:53, 21 novembro 2009 (UTC)

Vigo e veciños editar

Ola, Eskio, non debes confundir unha unidade didáctica cun estudo, se hai fontes de referencia que indiquen que veciño foi un xentilicio realmente utilizado benvido pero esa unidade didáctica tan só fai unha suposición, posto que o topónimo era Vicus e os habitantes de calquera vicus denominábase vicinu, o xentilicio tiña que ser veciño pero a realidade non sempre é coincidente coas suposicións.--Cheluco 19:34, 2 de novembro de 2010 (UTC)
Boas, si, fun eu o que revirteu a túa edición sobre o xentilicio de Vigo. Cando desfixen a túa edición xa revisara a información que me indicaches e dela entendín que a túa modificación non era correcta. Pola información que achega a Voz enténdese que veciño podería ter sido o xentilicio da cidade na época romana, pero iso non quere dicir que siga vixente actualmente. Si atopas outras referencias que indiquen que sigue a usarse non habería problema en poñelo.
Por outra banda para engadir ese tipo de información non é moi aconsellable usar como referencia un periódico xa que a información que conteñen normalmente está manipulada e é sensacionalista. Para engadir este tipo de datos recoméndoche que busques en documentos académicos e publicacións especializadas.
Se necesitas axuda coa edición e manexo da wiki non dubides en contactar comigo de novo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:29, 2 de novembro de 2010 (UTC)
P.S: Cando deixes un comentario na discusión doutro usuario tes que lembrarte de firmar :).
Boas, volvo por equí porque acabo de revisar o comentario que me fixeches na miña páxina de conversa e dinme conta de que non respondera a todo o que me preguntabas. Os xentilicios oficiais penso que non existen, non me dou conta de que estén recollidos en ningunha normativa oficial. Os xentilicios son fruto da tradición e da historia, e os xentilicios de Vigo son vigués e olívico (referente á Cidade Olívica que é o outro nome co que se coñece á cidade). Hai referencias abondo sobre estos dous xentilicios, por exemplo ésta e estoutra. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:59, 3 de novembro de 2010 (UTC)

Imaxe sen licenza editar

A imaxe que engadiches a Frente Popular Galega non ten unha licenza aberta. Haberá que borrala. --Atobar (conversa comigo) 16:23, 25 de novembro de 2010 (UTC)

Reversión editar

Eskio, non se poden retirar contidos das páxinas de conversa, salvo escasísimos casos. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15:12, 26 de novembro de 2010 (UTC)