Edvac
Benvido(a) á Galipedia, Edvac!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 23:25, 23 de xuño de 2010 (UTC)
Actualidade
editarBoas, nunha wiki pequena se cadra é máis eficaz que agardes un día ou dous até que acabe o evento e a partir de aí editas de corrido, porque caso contrario é probábel que a info quede a medias. Dígocho, obviamente, por Mahut - Isner (2010). Un saúdo, benvido e para calquera dúbida pregunta sen medo. --Atobar (conversa comigo) 23:25, 23 de xuño de 2010 (UTC)
Grazas polo consello. En realidade, tendo en conta que previsiblemente este evento remate mañán, xa estou comprometido a rematalo e non deixalo orfo. Teño por principio non deixar os traballos a medias. Grazas de novo.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Edvac (conversa • contribucións)
- Perfecto. Outra cousiña: que non che esqueza asinares. Faise premendo no cuarto botón comezando pola dereita, enriba do cadro da escrita, o que ten a traza dun garabato. E para responder, telo que facer na páxina de conversa do usuario co cal queres falar; outramente, non chega aviso e corres o risco de que non cho lean. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 23:42, 23 de xuño de 2010 (UTC)
Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia
editarOla Edvac.
Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.
Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:
- A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
- →
- → Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
- → Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
- → A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
- → Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
- Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de febreiro de 2018 ás 01:12 (UTC)
Moitas grazas! A verdade é que non sabía o de que hai que poñer atribución cando se traduce doutras wikipedias. Fareino no sucesivo. Para este artigo (e outro máis que escribín de André Sainte-Laguë), poñereino na páxina de conversa de cada artigo. --Edvac (conversa) 13 de febreiro de 2018 ás 01:21 (UTC)
títulos de artigos
editarOla, Edvac! Movín o artigo que creaches a Emperador, Valencia, pois adoita evitarse o uso de parénteses nos artigos de lugares. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de febreiro de 2018 ás 14:29 (UTC)