Castro Vilas
Benvido(a) á Galipedia, Castro Vilas!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de marzo de 2013 ás 14:28 (UTC)
Santa Uxía de Fao
editarOla Castro Vilas, as túas edicións en Fao, Touro non responden aos criterios de edición da Galipedia, pois inclúen material protexido por dereitos de autoría. Revisa o que se di en Wikipedia:Dereitos de autoría. O mesmo ocorre coas imaxes que tes subido a commons, pois moitas deles son imaxes obtidas na internet das que se descoñece o estado dos dereitos de autoría. Para calquera consulta, non dubides en contactar comigo. Un saúdo. --Xas (conversa) 19 de marzo de 2013 ás 21:50 (UTC)
- Boas tardes. Antes de seguir introducindo información en Fao, Touro debes aclarar a posible violación dos dereitos de autor que se advirte na conversa da páxina. Toda esta información, sin ningunha referencia e moitas veces escrita nun tono coloquial, non enciclopédico, co agravante do copyvio desde esa web que non autoriza o uso e que non se sabe ben a que vén esa "liberación" de dereitos que di na conversa, e nega despois, e mais as imaxes que xa foron borradas, fai que este artigo sexa claro candidato ó seu borrado inmediato se non deixamos ben claro todo antes de proseguir. Isto non é o teu blog particular, Castro Vilas, nin este proceder se corresponde co que se esixe na galipedia. Se non lle dás unha solución aceptable rapidamente, nun par de días, borrarei o artigo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22 de marzo de 2013 ás 20:55 (UTC)