Conversa usuario:Castelao/Arquivo 1
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destas conversas comeza un novo tema na Conversa usuario:Castelao.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Boa estadía e bo traballo.--. HombreDHojalata.conversa 10:18, 24 de xaneiro de 2012 (UTC)
Índice
- 1 RE: Colmeiro
- 2 Pequencontro en Santiago
- 3 Lino Torre Sánchez-Somoza
- 4 Formato Wiki
- 5 Formato de datas
- 6 Juan José Viñas Balduvieco
- 7 Datos dos ficheiros
- 8 Ligazóns a outras linguas
- 9 Fotos antigas
- 10 Interwiki
- 11 Modelo rueiro
- 12 A nova categoría West Sussex
- 13 Bos Aires / Buenos Aires
- 14 Maurizio Malvestiti
- 15 Completar os datos dunha imaxe
- 16 Solamente una foto aqui!
- 17 Šibenik
- 18 Gobernadores civís da Coruña
Tiñas toda a razón, xa o amañei e púxenlle unha referencia, grazas polo aviso. Para outra vez, se pensas que algo está mal e tes unha referencia axeitada non fai falta que preguntes, sé valente :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:51, 21 de febreiro de 2012 (UTC)
Boas, non sei se estás enterado do proxecto WikiSkills, pero resulta que este martes 17 pola tarde van facer un obradoiro dese tinglado en Santiago. Resulta que como imos a participar algúns galipedistas propuxen na taberna que ó rematar iso fagamos un pequeno encontro, se podes e che apetece deixa unha nota alí para ver cómo nos organizamos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:43, 13 de abril de 2012 (UTC)
- Non se deben poñer eses datos persoais na Galipedia, pero só por seguridade de cada un. Se queres podes enviarme un correo electrónico usando a ligazón que hai na miña páxina de usuario que se chama "Enviar un correo electrónico a este usuario" e se queres podes poñerme o teu número aí (pero para quedar hoxe tes que enviarmo antes das 15:00 xa que logo estarei no tinglado do WikiSkills). E si, quedamos ás 20:00/20:15 nas Marías, a ver se nos vemos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:10, 17 de abril de 2012 (UTC) P.D: Tenta poñer un pequeno comentario na ligazón da taberna que che deixei de que ó mellor podes pasar por alí, para que o resto da xente se entere tamén, e así tamén che vale de práctica ;).
- A ligazón para mandarme un correo é doada de atopar, cando sabes onde está claro :). Na miña páxina de usuario debaixo da caixiña para facer as buscas de artigos hai un recadro que se chama caixa de ferramentas, está dentro desa caixa, e tamén está na túa páxina de usuario. Non che dou máis pistas ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:18, 17 de abril de 2012 (UTC)
- Xa me chegou o teu correo :). E acaba de confirmarme Atobar que quedamos ás 20-20:15 nas Marías pero que só ten tempo para unha reunión de 30-40 minutos, a ver si ven alguén máis do obradoiro de WikiSkills. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:33, 17 de abril de 2012 (UTC)
Síntoo, ó final o tinglado retrasouse un pouco e cheguei máis tarde do acordado e non te puden avisar porque perdera o papeliño co teu teléfono...:( A ver se para outra vez podemos organizarnos un pouco mellor, pero se queres comentar algún tema podes avisarme na miña páxina de conversa ou mandarme un correo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:43, 19 de abril de 2012 (UTC)
Ola Castelao, as modificacións que eu fixen nas túas correccións ao artigo Lino Torre Sánchez-Somoza debíanse simplemente á miña falla de información. Descoñecía que Pedro Pena ocupase a alcaldía de xaneiro ao xullo de 1909 con esa condición. E efectivamente, segundo os teus datos non foi un alcalde accidental. Así que vou volver a poñer as túas correccións no artigo. O que te agradecería (eu e todos os usuarios) (e evitaría casos como este) é que sempre que aportases algunha información que modificase o que está escrito, esta información estivese referenciada, xa sexa como unha nota ou poñendo o libro, artigo ou web correspondente na bibliografía. De todos xeitos, parabéns polas túas aportacións, e a seguir colaborando. Un saúdo. --Xas (conversa) 14 de setembro de 2014 ás 15:36 (UTC)Responder
- Sobre as referencias. Non te preocupes todos fomos aprendendo pouco a pouco e grazas á axuda de outros compañeiros. Por iso, cando queiras poñer un dato novo e referencialo e non saibas como facelo, pois nada, podes enviarme unha mensaxe e eu (ou calquera outro compañeiro) procuraremos solucionalo. Se queres ver como facer coas referencias da prensa, que segundo me dis son a túa principal fonte, poder botarlle un olla precisamente a eses artigos de alcalde de Compostela, nos que eu utilicei esas mesmas referencias de prensa que ti dis. Calquera cousa, aquí estamos para axudar. Non dubides en preguntar. Saúdos e moitos ánimos. E grazas de novo polas túas aportacións! --Xas (conversa) 14 de setembro de 2014 ás 17:29 (UTC)Responder
Ola, Castelao; na Galipedia adoita seguirse un formato común para os artigos de personalidades, polo que vou revertir parte das edicións que fixeches no artigo de Ánxel Casal. Amais, puxeches numerosos erros ortográficos (*maioria, *voltou, *compostelanos...). Amais, xa non se usan as interwikis, e no canto de incluír os apelidos nas categorías úsase o modelo:ORDENAR. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de setembro de 2014 ás 08:40 (UTC)Responder
- Polo que mirei no historial, creo que o que fixeches foi editar sobre unha edición antiga do artigo, non sobre a última edición existente. Para calqueira dúbida, non teñas medo a preguntar. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de setembro de 2014 ás 09:09 (UTC)Responder
Ola Castelao. Respecto do que me dis do formato das datas, eu o que fixen en realidade foi respectar o formato que puxeras ti nas túas referencias. Nas referenias que eu engadín usei o formato habitual. Pero tes razón. Xa paso o corrixilas. Grazas! --Xas (conversa) 15 de setembro de 2014 ás 14:59 (UTC)Responder
Ola Castelao, vexo que acabas de crear a páxina Juan José Viñas Balduvieco. Era para comentarche que xa existe o artigo Juan José Viñas, que se refire á mesma persoa, aínda que como ti ves de comentar, ten mal o segundo apelido. Creo que deberías modificar e ampliar este artigo de Juan José Viñas e deixar Juan José Viñas Balduvieco como unha redirección. Saúdos. --Xas (conversa) 1 de outubro de 2014 ás 14:14 (UTC)Responder
Ola Xas! Non me decatei de que xa existía a ficha. Vou trasladar os datos á ficha de "Juan José Viñas" e fago o que dis. O que tamén vexo é que lle chaman "Valduvieso". Xa hai 3 variacións do seu apelido: Balduvieco (que aparece nos xornais da época), Valdueso (na web do Congreso dos Deputados) e Valduvieso. Tratarei de ver cal é a máis axeitada. Gracias pola axuda e un saudo! --Castelao (conversa) 1 de outubro de 2014 ás 15:17 (UTC)Responder
Ola Castelao/Arquivo 1, grazas por subires ficheiros á Galipedia.
Porén, tódolos ficheiros subidos deben expresar a información específica suficiente para que poidan ser empregados nos artigos e as licenzas poidan ser comprobadas.
Esa información débese incorporar copiando e cumprimentando debidamente os datos expostos a continuación (substitúase o que está en cor verde):
{{Information |Description= Descrición do ficheiro (que é?, onde foi feito?...) que facilite o seu emprego na Galipedia. |
En Permission indíquese a {{licenza}} entre dobres chaves.
- Como incorporar os datos que son precisos aos ficheiros?
-
- Como incluír os datos que se che requiren cando vas subir un ficheiro?
- No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Descrición:. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a ficha do ficheiro.
- Como incluílos cando un ficheiro xa foi subido?
- Accede á túa lista de imaxes. Fai clic sobre o ficheiro que desexes editar para lle variar a información que contén.
- Xa estás na páxina da ficha do ficheiro, fai clic na pestana Editar que está na parte superior.
- Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres chaves.
- Garda a páxina
Se tes algunha dificultade, non dubides en pórte en contacto comigo (para iso, segue as indicacións expresadas en como contactar con outros usuarios).
Graciñas, un saúdo e a seguir.--. HombreDHojalata.conversa 28 de outubro de 2014 ás 21:34 (UTC)Responder
Gracias polo aviso. Xa estaba vindo que ía ter algún problema e non teño moi claro o tema dos permisos, ao menos o tema de preenchelos. De feito, teño moitas imaxes vellas de Santiago (postais) e terei que ir subíndoas pouco a pouco, pero ás veces teño un certo reparo polo dito. Un saudo! --Castelao (conversa) 30 de outubro de 2014 ás 07:08 (UTC)Responder
Boas, vin os teus comentarios pedindo ligazóns a outras linguas e xa están postos. Esas ligazóns chámanse interwikis e ti tamén podes poñelas, só tes que ir a outra wiki que teña o artigo, buscalo e na lista de idiomas que ten darlle a "Editar los enlaces" (iso é o que pon a wiki en castelán). Ó premer nesa ligazón irás á páxina de Wikidata onde está centralizada esa información. Se tes calquera dúbida sobre o tema podes deixarme un comentario na miña páxina de conversa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de outubro de 2014 ás 01:19 (UTC)Responder
Gracias Elisardo, o que me pasa é que pídeme un contrasinal e non acepta o da Galipedia. Por iso, entendín que era só para administradores. Se non é así, supoño que teño que darme de alta. Gracias outra vez e saudos! --Castelao (conversa) 30 de outubro de 2014 ás 07:02 (UTC)Responder
- Pois non me lembro se hai que dar de alta o usuario tamén nesa web, fai tanto tempo que me metín alí :) O que é seguro é que alí pode andar todo o mundo. Outra nota, para responder unha mensaxe tes que poñer a túa resposta na páxina de conversa do usuario que che escribe para que lle saia o aviso de mensaxe nova. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de outubro de 2014 ás 09:20 (UTC)Responder
- Non te preocupes, pouco a pouco :) E se tes calquera dúbida ou problema podes preguntarme cando queiras ou poñelo na taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de outubro de 2014 ás 09:31 (UTC)Responder
Boas, acabo de ver esta foto que di que é de Juan Martínez Buján que, segundo o artigo, faleceu en 1993 co cal as súas obras aínda teñen dereitos de autor, ata o ano 2073 (en España hai que sumar 80 anos) non pasará a Dominio Público. Revisa se todo isto é así, e se estou no certo solicita que se borre a imaxe. De ser todo isto certo revisa tamén tódalas cargas que teñas feito por se algunha outra estivera nesta situación. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de outubro de 2014 ás 13:33 (UTC)Responder
- Entón vale, entendera eu mal e pensaba que o autor era el. Como o autor é descoñecido só hai que contar 80 anos dende a publicación da foto co cal xa está en DP. O si penso que habería que cambiar na información do ficheiro é a Orixe, eu poría algo do estilo "Colección de postais Martínez Buján" ou algo polo estilo. Bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de outubro de 2014 ás 16:31 (UTC)Responder
Daquela procede retirar o {{seniw}}. Feito! Grazas. --. HombreDHojalata.conversa 31 de outubro de 2014 ás 07:49 (UTC)Responder
Ola, Castelao! Nos modelos de rueiros existentes (o rueiro de Vigo e o rueiro de Pontevedra) aparecen só os nomes dos persoeiros ou institucións, sen o indicador de "rúa", "avenida" ou "parque" para evitar que ocupen demasiado espazo. Ademais, redúcense aos núcleos urbanos, mentres que no de Santiago de Compostela incluíches topónimos que non son senón o nome dos lugares, como o de Angrois. Por outra banda, procura evitar as redundancias, como rúa, ruela e travesa de Altamira; e no caso concreto de Altamira, é un topónimo que fai referencia ao lugar (como a rúa do Castro, a Porta das Mámoas ou a travesía de Basquiños), mentres que nos modelos aparecen só os nomes non tradicionais dos lugares, senón os adicados a alguén ou algo. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12 de novembro de 2014 ás 17:36 (UTC)Responder
- Ola! Agora entendo mellor a túa idea. En principio paréceme un proxecto bastante ambicioso e complicado de levar a cabo, pois non todas as rúas teñen unha historia relevante para un artigo enciclopédico, pero o resultado pode ser moi interesante. Se cadra, unha opción sería crear un artigo chamado "Rueiro de Santiago de Compostela" no que se fale da importancia histórica das vías e rúas da cidade. En calquera caso, anímote a levar adiante o traballo, e máis adiante pode modificarse o formato, unificando varios artigos nun só, ou separando en varios o que había nun.
No caso de facer artigos individuais, quizais o formato máis correcto para o nome sexa "Rúa de Rosalía de Castro", pero isto pode levar a problemas con nomes de rúas que existen noutras cidades, e para evitar confusións debería ter o formato "Rúa de Rosalía de Castro de Santiago de Compostela", para distinguir do posible artigo de "Rúa de Rosalía de Castro de Vigo".
Grazas pola aclaración sobre a orixe do nome Altamira no rueiro compostelán!
- Noutra orde de cousas, para o artigo Escola Normal de Santiago de Compostela quizais sexa interesante movelo a Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela e que teña un formato similar ao de Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, pois a historia foi similar en ambos os dous casos.
- Ola de novo! É preferible evitar as comas nos títulos, pois están reservadas a artigos de lugares, parroquias e cidades (O Alcouce, Figueirido, Vilaboa; Sar, Santiago de Compostela; Xenebra, Suíza) ou a papas e emperadores (Xoán XXIII, papa). Para o caso das rúas é preferible usar a preposición "de" (rúa de Rosalía de Castro de Santiago de Compostela) ou mesmo as parénteses (rúa de Rosalía de Castro (Santiago de Compostela)). Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de novembro de 2014 ás 10:39 (UTC)Responder
- No modelo a Avenida da Coruña aparece no A, cando debe aparecer na letra C; lembra que a contracción dos determinantes afecta tamén aos topónimos, polo que é Avenida da Coruña e non *Avenida de A Coruña. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de novembro de 2014 ás 11:51 (UTC)Responder
Vaia, pois tes toda a razón. Coido que o mellor é deixar a categoría que estaba primeiro, xa que hai un precedente de nomenclatura semellante con outros condados (Middlands Occidentais, Yorkshire Norte,...). Marcarei a miña como lixo para que sexa eliminada. Grazas polo aviso. Un saúdo e a traballar arreo. --Chairego_apc (si?) 12 de novembro de 2014 ás 23:35 (UTC)Responder
- Para sermos coherentes deberías substituír a túa categoría de Vilas e cidades de West Sussex por Vilas e cidades de Sussex Occidental. Que opinas? --Chairego_apc (si?) 12 de novembro de 2014 ás 23:40 (UTC)Responder
- Si, está ben, fágoo agora mesmo. Só é un momento. Un saúdo. --Chairego_apc (si?) 12 de novembro de 2014 ás 00:15 (UTC)Responder
Desculpa Castelao por non che ter respondido. En realidade si que hai algunha norma ou algunha política ao respecto de poñer Buenos Aires e non Bos Aires. Sei que a vin ou mo dixeron hai uns meses, pero agora que me puxen a buscala, non dei con ela. Seguirei buscando e en cato a atope xa cha comunico. E sei que a hai porque a maioría dos artigos que modifiquei (os referidos a periódicos da emigración) foron feitos por min, e feitos cando a norma era poñer Bos Aires. Pero a partir dun determinado momento (cando souben do cambio na norma) xa fixen os artigos usando Buenos Aires. De féito, se me puxen a modificar os artigos sobre periódicos foi por coherencia, para que non houbera uns que puxeran Bos Aires e outros Buenos Aires. E ao facer as modificacións tiven que modificar tamén as ligazóns dos artigos. Iso foi o que fixen no artigo sobre Juan Martínez Buján que ti creaches. Insisto, en canto dea coa norma xa cho comunico. Por certo parabéns polos teus artigos e o teu traballo na wiki. Saúdos. --Xas (conversa) 13 de novembro de 2014 ás 10:14 (UTC)Responder
- Perdón por meterme onde non me chaman, Xas e Castelao. A explicación pode atoparse no propio artigo de Buenos Aires. O criterio seguido na Galipedia para os exónimos é dar preferencia á opción escollida pola Real Academia Galega. No seu dicionario, na definición de 'bonaerense' aparece "De Buenos Aires". Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de novembro de 2014 ás 10:35 (UTC)Responder
Querido Castelao, muchas gracias para el contexto! Rei Momo (conversa) 13 de novembro de 2014 ás 12:57 (UTC)Responder
- Buenos, no me mate, ah ah ah. He carregado un otra foto nesta pagina, y tiengo tentado la traducion Italiano-Gallego con Google. Te pido la gentileza de contaxtar se el señor Google ha escrebio correcto o no. Muchas gracias por tudo e que Dios te guarde! Rei Momo (conversa) 14 de novembro de 2014 ás 17:57 (UTC)Responder
- Grazie mille, amigo! Rei Momo (conversa) 17 de novembro de 2014 ás 20:54 (UTC)Responder
Ola Castelao.
Poderías completar a caixa de datos de Ficheiro:Rua de Abril Ares.png?
Graciñas, un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 22 de novembro de 2014 ás 10:30 (UTC)Responder
Caro amigo Castelão, he carregado una fotografia en esta pagina, y te pido, por favor una rapidisssssssssima relectura se tiengo escribido tudo certo.
Muchas gracias para a ajuda y buen final de semana.
Rei Momo (conversa) 23 de novembro de 2014 ás 00:42 (UTC)Responder
P.S.: Sabes que, sabendo o Portugues, entendo mais o Gallego do que o Espanhol?
Caro Castelao, como estàs? Aqui tem muito frio!
Oh, tiengo aberto esta nova pagina, y te pido por favor un 2 ou 3 minutos para reler-la. Irà perder solamente pocos minutos! Muchas gracias para el tu contexto, y Feliz Navidad y Prospero Año Nuevo!
Rei Momo (conversa) 12 de decembro de 2014 ás 10:51 (UTC)Responder
- No tiene problema, agradeço mucho por tu visita! Rei Momo (conversa) 12 de decembro de 2014 ás 13:04 (UTC)Responder
- ... y si tu queres, tiengo aberto esta nova pagina, tienes, por favor 5 minutinhos para un contexto rapido? Muchas gracias por tua ajuda! Rei Momo (conversa) 12 de decembro de 2014 ás 14:16 (UTC)Responder
- Grazie mille por tu contexto!!!! Rei Momo (conversa) 12 de decembro de 2014 ás 15:19 (UTC)Responder
- ... y si tu queres, tiengo aberto esta nova pagina, tienes, por favor 5 minutinhos para un contexto rapido? Muchas gracias por tua ajuda! Rei Momo (conversa) 12 de decembro de 2014 ás 14:16 (UTC)Responder
Ola Castelao, desculpa, tes razón. Xa o corrixín. O que aconteceu foi que confundín o cargo de Diego Salas Pombo, que era o Xefe Provincial do Movemento da Coruña nesas datas (1941-1945) co feito de ser tamén Gobernador civil da provincia da Coruña. Estes dous cargos eran sempre simultáneos, é dicir, o Gobernador civil era o Xefe provincial do Movemento. Así ocorre nos demais casos que teño feito. E así figura tamén nas biografías de Diego Salas que teño consultado. Teño que buscar máis información para ver que é o que aconteceu neste caso. Grazas polo aviso. Un saúdo. --Xas (conversa) 15 de decembro de 2014 ás 17:20 (UTC)Responder