Benvido(a) á Galipedia, Caminoase!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Calrosfking (FÁLAME) 09:32, 27 xaneiro 2009 (UTC)

Información sobre o traballo

editar

Ola Caminoase:

Se consultas a páxina Usuario:IES Mendiño, alí atoparas en vermello as palabras que precisas diante do teu nome de usuario. Premendo no termo en cuestión xa podes comezar o artigo. Nesta mesma páxina tamén tes un creador de artigos que te pode ser útil para comezar. Se tes dúbidas aquí estou Conversa usuario:Calrosfking--Calrosfking (FÁLAME) 09:32, 27 xaneiro 2009 (UTC)

Ola, Caminoase. Veño de corrixir a primeira parte do artigo que ti creaches, o da mina. Bótalle un ollo. Púnxenlle ligazósn internas e reestruturei un chisco o formato. Continúa ti co resto, así aprendes para o seguinte, porque o formato é sempre o mesmo. Ben feito ese artigo e se tes dúbidas, fainolas saber ao resto de usuarios. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 11:49, 10 maio 2009 (UTC)

Explicación do borrado

editar

Boas, Caminoase. Tiven que borra-lo artigo mina por ser unha tradución practicamente literal do artigo Minería da Enciclopedia Encarta. As normas da wiki, que debes coñecer antes de comezar a colaborar na Galipedia, prohiben expresamente estas prácticas. Podemos tomar unha fonte como base do artigo pero nunca limitármonos a traducila ó galego. Otra cousa: nas próximas colaboracións que fagas lembra cita-las fontes na sección "Bibliografía". Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:48, 10 maio 2009 (UTC)

Así e todo, Caminoase. Quédache feito estoutro artigo, por se o queres continuar. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 13:56, 10 maio 2009 (UTC)