Benvido(a) á Galipedia, BraisSieira!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo..--Maria zaos (conversa) 30 de setembro de 2019 ás 21:43 (UTC)Responder

Problemas de guerra de edicións editar

Bo día, vexo que estás a ter problemas con outro usuario polo tema dunha guerra de edicións. Revisando o caso vexo que por unha banda o outro usuario ten razón ao non tomar como válido o blog que estas a citar. A razón é que ese blog está a reproducir un texto saltándose os dereitos de autoría do libro orixinal. Podes ver que este tipo de prácticas están dentro dos criterios de exclusión nesta Wikipedia aquí. Porén, considero que a fonte que achegas é unha fonte válida polo que creo que o máis recomendable é:

  1. Que non revirtas máis veces as contribucións deste usuario, xa que te expós a un bloqueo por guerra de edicións. Isto inclúe tamén novas edicións sobre as partes controvertidas.
  2. Vou tentar verificar esa obra (a orixinal, non o escaneado do blog) e unha vez confirmada entrarei a modificar a referencia do blog pola da publicación de orixe. Isto debería abondar para solucionar o conflito.
  3. Igualmente, logo dos outros pasos, poreime en contacto co outro usuario, xa que non pertence a esta comunidade.

Agardo que todo isto sexa suficiente, pero levarame uns días. Para calquera consulta ou dúbida, por favor, escríbeme na miña páxina de conversa. Un saúdo.Maria zaos (conversa) 3 de outubro de 2019 ás 08:58 (UTC)Responder

Ola, si, vin o autor claro no blogue O martes terei acceso ao libro físico e xa axusto as referencias. Se polo que sexa consideras que sería moi tarde, vin que ten a súa tese dixitalizada e penso que podería valer? (Non a lin aínda). Avísame de ser o caso e axusto o texto en función do texto da tese ou buscolle outra volta ao tema. Un saúdo.Maria zaos (conversa) 4 de outubro de 2019 ás 15:57 (UTC)Responder

Axudas ortográficas editar

Ola BraisSieira. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 7 de abril de 2022 ás 20:17 (UTC)Responder

Pronto! Un saúdo BraisSieira (conversa) 7 de abril de 2022 ás 20:35 (UTC)Responder