Benvido(a) á Galipedia, Artebruta!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 09:53, 4 de febreiro de 2011 (UTC)

Relevancia enciclopédica + contido editar

Sen contidos non se pode manter nada. Por favor, non crees por crear nin en base unicamente aos teus gustos persoais. Ademais, ten en conta que o artigo de Luís require como mínimo o apelido ou a distinción por deporte, porque evidentemente o artigo do nome cómpre reservalo para a etimoloxía ou homónimos. --Atobar (conversa comigo) 20:58, 5 de febreiro de 2011 (UTC)


Estou a traballar no referente á Liga Nacional de Billarda. Vou aos poucos coa información que hai. É algo que vai levar o seu tempo. E é 'no Portonovo', non 'en Portonovo'—o anterior comentario sen asinar foi feito por Artebruta (conversacontribucións)

Vai un por un, e deixándoos rematados, por favor. Outramente, son problemas para todos. E non, non é no Portonovo, é en Portonovo. Telo nas gramáticas. Graciñas --Atobar (conversa comigo) 21:05, 5 de febreiro de 2011 (UTC)

'en Portonovo' é un castelanismo, e dise NO, que son da zona. Igual que se di 'na Coruña' e non 'en a Coruña', e 'na Lourenzá' e non 'en Lourenzá'—o anterior comentario sen asinar foi feito por Artebruta (conversacontribucións)

Como queiras, pero na Galipedia escríbeo ben. O día que sexa O Portonovo no nomenclator, sen problema; mentre siga a ser Portonovo, diremos en Portonovo. E insisto, céntrate nun artigo e faino ben. E apunto unha terceira cousa: asina as túas mensaxes, e déixass na páxina de conversa do usuario ao que te dirixes, non na de teu. Se tes dúbidas, pregunta. --Atobar (conversa comigo) 21:11, 5 de febreiro de 2011 (UTC)

Por o artigo diante do lugar é un castelanismo. Tanto en galego como en portugués os lugares non levan artigo, só oralmente. Exemplo: "Eu teño un amigo que vive no Porto (Portugal)", "A miña tia vive na Coruña". Aquí tes un exemplo da banda galega A Roda que interpretan a Foliada do Portonovo.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Artebruta (conversacontribucións)

Artebruta, escoita o que che din: as túas mensaxes asinadas e na páxina de conversa da persoa á que te dirixes. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:18, 5 de febreiro de 2011 (UTC)

  • Se volves eliminar contidos e saltar as políticas, serás bloqueado. Aprende dos que levamos máis tempo. Ninguén está aquí para amolarte, ao contrario. --Atobar (conversa comigo) 21:33, 5 de febreiro de 2011 (UTC)
Tes un bloqueo por un día. Reflexiona. --Atobar (conversa comigo) 21:37, 5 de febreiro de 2011 (UTC)
E agora unha semana máis de bloqueo. Se volves para destruír contidos, perdes o tempo e fas que o demais tamén o perdamos. Reflexiona. --Atobar (conversa comigo) 00:36, 7 de febreiro de 2011 (UTC)