Benvido(a) á Galipedia, Arquimedes!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Toliño Fala aquí comigo 16:43, 11 xuño 2009 (UTC)

RE: Toxicoloxía editar

Comprendo todo o que me dis. Polo de agora, Atobar encargouse de corrixir o formato wiki do artigo sobre a toxicidade do paracetamol, que é o principal problema (o formato) de todos os artigos en xeral (salvando as posibles violacións dos dereitos de autor). Tedes varias páxinas de axuda en Wikipedia:Axuda que vos poden servir para mellorar a calidade do formato, en concreto existe Wikipedia:Como editar unha páxina, Wikipedia:Libro de estilo ou tamén tedes unha referencia rápida: Wikipedia:Guía de edición. Falarei con Lameiro para restaurar as páxinas que borrou e darvos un prazo de tempo para solventar estes problemas dos que che falo. Paréceche? Entendo que vos leve algo de tempo e máis se tes que corrixir a parte toxicolóxica, un traballo vital porque non podemos ter informacións erróneas neste tipo de artigos. En canto ao galego non pasa nada, que outros usuarios (eu mesmo) poden axudar nas correccións de erros lingüísticos. Intentarei colaborar convosco na medida do posible (descoñezo completamente o tema da toxicoloxía) en, como digo, dar formato e corrixir a lingua. Pois a seguir traballando, que non é pouco o que queda por facer! Grazas por colaborardes na Galipedia e saúdos. --Toliño Fala aquí comigo 18:58, 11 xuño 2009 (UTC)

  • Ola, Arquimedes. Subscribo o que che dixo Toliño e coméntoche uns poucos miudallos para ampliar a información: 1)É unha excelente nova que un grupo de Farmacia estea a traballar na Galipedia, como xa o fan outros escolares e universitarios diversos do país. Daquela, parabéns e graciñas. E non desesperedes, ninguén nace aprendido e do mesmo xeito que ti dis que aínda non tes o nivel de galego moi asentadiño, tampouco os alumnos saben do formato e das políticas da Galipedia, pero para iso hai solución: tempo ao tempo. Descoida, darasevos (xa se está dando, de feito) un tempiño para que arranxedes os numerosos erros de lingua e formato dos artigos. 2) Dicías que hai compañeiros de teu en Cataluña que xa o fan coa Viquipèdia, e levas razón, pero me custa crer que aló acepten artigos sen formato ou con grallas básicas de lingua, polo que de novo vos afouto a que miredes de adaptar os artigos ao formato wikipédico. E dicías tamén que se non podedes traballar na Galipedia, para o ano tirades pola Wikipedia en castelán (ao meu ver, un erro). Bueno, pois máis do mesmo: sen formato, malia que teñades a lingua, pouco van durar, e se duran e porque alí son menos estritos (opinión miña) e ao seren tantos sempre se colan moitas cousas que non deberían ficar. Quero dicir con isto que cómpre un esforzo por ambas as partes, a vosa e a dos editores que administran a Galipedia, uns para mellorardes o formato, outros para mantermos a paciencia e estar prestos a axudar, por se tratar, dalgún xeito, de circunstancias excepcionais. Calquera dúbida, non dubides en contactar con calquera dos que editamos aquí, administradores ou non. Abofé que imos cooperar, para iso estamos, faltaría máis. E para recursos, ademais do que vos dixo Toliño, eu hai pouco que elaborei unha Guía galipédica práctica pensando en casos coma este. Preme aquí para lle botar unha ollada. Saúdos, graciñas e a choiar con xeito.--Atobar (conversa comigo) 12:13, 13 xuño 2009 (UTC)
A mandar. Eu axúdovos con gusto. Unha cousiña: para asinares, faino premendo sobre a cuarta icona comezando pola dereita, xusto enriba do recadro da escrita. É pulsar o garabato ao final do escrito e decontado sae automático o teu alcume e mais a data e a hora. Avances da informática. Saúdos e até máis ver.--Atobar (conversa comigo) 21:59, 13 xuño 2009 (UTC)

Toxicidades editar

Co traballo que estás a facer nos artigos da Toxicidade do Cannabis e mais da Cocaína, abofé que van poder ficar e moito máis ca iso. Moi ben. Parabéns sinceros. O outro día, por certo, corrixinvos o que puiden do artigo Antídoto. Un saúdo e de novo felicitacións polo bo facer co que estás ensarillada.--Atobar (conversa comigo) 22:41, 15 xuño 2009 (UTC)

  • Aquí che vai a ligazón co antes e o despois da corrección lingüítica. Por suposto, mantiven as primeiras opcións de editor (ata/até, ao/ó, ambas as dúas/ámbalas dúas, imposible/imposíbel), pero ao resto fíxenlle unha boa poda e arramplei con moita broza. Bótalle unha ollada aquí para aprenderes e facer aínda mellor o seguinte. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 23:05, 15 xuño 2009 (UTC)

Borrado editar

Canto ao do borrado, xa o puxen en mans do usuario:Lameiro, que é administrador, o que o habilita para facelo. Eu non podo facer borrados, que non o son. Un saúdo e deica máis ver. --Atobar (conversa comigo) 23:02, 30 xuño 2009 (UTC)

Benzodiacepinas editar

Por favor, bota un vistazo ó artigo benzodiacepina, por se contén algunha información errónea ou incompleta. Se podes explicar algunha terminoloxía moi técnica, para face-lo artigo accesiblo ó lector medio, mellor. E por último, repasa esta frase: "O seu volume de distribución dependerá da liposolubilidade e pode variar desde o clordiacepóxido (0,26-0,58 L/kg) ó diacepam (0,95-2 L/kg)". Evidentemente, non poden ser litros por quilogramo, pero non sei a que unidades se pode refirir. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 14:26, 3 xullo 2009 (UTC)

  • Grazas e non esquezas esa revisión. Se o das unidades está ben, calo, pero é que suena tan desproporcionado... Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:33, 4 xullo 2009 (UTC)

Wikiproxecto editar

Vin a túa mensaxe no taboleiro dos administradores e antes de que me deixaras nada na miña páx. de conversa, xa llo remitín a Toliño, que é un fenómeno para estas cousas. Aquí tes o que lle puxen. Un saúdo e alédome de vos termos de novo por aquí. Oxalá vos acompañe a constancia. --Atobar (conversa comigo) 21:49, 28 de maio de 2010 (UTC)

Xa che respondeu o usuario Toliño. [1]. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 15:19, 29 de maio de 2010 (UTC)