¡Ola compañeira! --Ana 18:38, 16 decembro 2008 (UTC)

Benvido(a) á Galipedia, Ankhara!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Calrosfking (FÁLAME) 19:21, 16 decembro 2008 (UTC)

Ola AnKhara,antes de gardar o artigo, deberías ver como están feitos outros semellantes para tratar de eliminar os erros que aparecen no teu. Poderías ver primeirio en axuda. Se vas a glicosa poderás fixarte como se fixo este artigo (vendo en edición como é o artigo "por dentro") e logo poderás aplicar algó do aprendido ao artigo maltosa que estas a facer. Se tes algúnha dúbida chama a esta porta. Un saúdo --Calrosfking (FÁLAME) 19:21, 16 decembro 2008 (UTC)

Novos artigos editar

Ola Ankhara:

Se consultas a páxina Usuario:IES Mendiño, alí atoparas en vermello as palabras que precisas diante do teu nome de usuario. Premendo no termo en cuestión xa podes comezar o artigo. Nesta mesma páxina tamén tes un creador de artigos que te pode ser útil para comezar. Se tes dúbidas aquí estou Conversa usuario:Calrosfking Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 12:57, 21 decembro 2008 (UTC)

Cuestións da lingua editar

Boas, Ankhara. Graciñas por colaborares. É moi útil o labor que fas. Con todo, aproveito para dicirche que sería bo que lle deses un repaso á cuestión da lingua, porque corrixin o que fixeches no artigo de Horta solar e, francamente, tiñas algúns erros notábeis na sintaxe e mais no vocabulario. Malia todo, é cuestión de revisar unha gramática que teñas por casa e de se cerciorar cun dicionario. Así de simple. Bótalle, por exemplo, unha ollada á miña páxina de usuario, onde pon Para coñecer mellor este proxecto. Verás que hai varias ligazóns que che poden resultar moi útiles. Un saúdo e aquí me tes para o que queiras.--Atobar (conversa comigo) 16:55, 21 abril 2009 (UTC)

E se editas desde o Firefox, sempre podes instalar o corrector de galego, que che pode resultar de utilidade. Saúdos! --GallaecioE logo? 17:05, 21 abril 2009 (UTC)

{{enuso}} editar

Utiliza o modelo {{enuso}} cando teñas pensado editar un artigo e vaias facelo en varios pasos (por exemplo), para indicar que estás traballando nel e que non te interrompan. Logo recorda quitalo cando remates. --GallaecioE logo? 17:09, 21 abril 2009 (UTC)