Conversa usuario:Alma~glwiki/arquivo3

Desculpas públicas editar

Como administrador da Galipedia non me queda máis remedio que che pedir discultas polo despropósito que constitúe esta páxina, desgrazadamente sei que non vas querer volver colaborar na Galipedia pero non me gustaría que quedases con mal sabor de boca, mirei no teu historial e non atopei nada que denotase mala fe, pode haber descoñecemento, distintas visións, erros como todos temos pero tamén verdadeiras ganas de colaborar. Se isto servise para que no futuro reconsiderases a túa decisión de colaborar faríasme sentir mellor pero non escribo isto por iso, preciso en conciencia dar a miña opinión, o contrario sería dar o meu consentimento o que aquí se puxo, imaxino que te sentirías indefensa. Hai unha páxina que é Wikipedia:O que a Wikipedia non é e desde logo non é un foro de discusións como polo que vexo se utilizou a túa páxina, ademais as mensaxes que poida haber aquí só se poden dirixir a ti, non o resto da comunidade; tamén hai outra páxina Wikipedia:Normas de conduta onde se di textualmente asuma unha postura de boa fe, non faga suposisicións, e máis cousas nas que non vou entrar pero si vou citar esta:Desista de seguir unha discusión cando non teña máis que dicir; ou recoñeza cando os seus argumentos están baseados na intuición ou preferencias persoais. Non entro en si a actuación dos administradores ao bloquera un usuario foi ou non correcta pero si entro en que se utilizou a súa páxina de discusión de xetio que danou gravemente a credibilidade do proxecto e que eu non podo compartir de xeito ningún. Espero que aceptes as miñas desculpas, síntoo. Como é unha páxina feita incorrectamente se me pides que a borre borrareina se consideras que debe permanecer como símbolo do que non se debe facer, quedará.--Miñato 16:46, 31 agosto 2007 (UTC)

  • Grazas pola túa resposta, entendo que agora mesmo perdeches esas ganas de participar que trouxeches cando princiapches aquí, gustaríame saber que podo facer para que prenda de novo a ilusión en ti e te sintas cómoda outra volta connosco. Pola viña banda como penso que nesta situación a administración non actuamos como correspondía para encauzar a situación (ou se queres que sexa máis sincero algún administrador -querendo ou sen querer éme igual- provocou esta situación) considero que debe ser a comunidade a que elixa os administradores que considere pertinentes para que poidan actuar co pleno respaldo da comunidade para que todos nos volvamos sentir cómodos e a gusto neste labor colectivo que é a Galipedia.--Miñato 16:44, 1 setembro 2007 (UTC)
Se contribuín a que volvas outra vez a estar entre nós entón doume por satisfeito.--Miñato 18:10, 2 setembro 2007 (UTC)

Re:¿¿¿Golpe de Estado???? ou vergoña colectiva editar

Non acabei de ler aínda a túa mensaxe, cheguei ata o golpe de estado do que acuso a Miñato. Considero máis grave que digas que fixen o que non fixen, -por favor le o que escribín atentamente- ca calquera cousa que puiden facer. Así que se che parece unha falta absoluta de respecto e de seriedade que diga -cito literalmente- O do golpe de estado non ía dirixido a ti; é unha sensación, a sensación que che queda cando persoas que estiveron miles de horas dedicadas ó proxecto abandonan todo por mor de disputas con usuarios que non teñen perspectiva histórica.

Por outra banda, é evidente -obsérvase neste erro- que entras cunha actitude defensiva: o ataque, inda que inxustificado é a mellor defensa. O meu non vai contigo; con Lambriscae só quería falar del e de min, non de asuntos previos como o conflito ó que aludes (o cal procurei entender, pero non entendín). Fai uns días mandei unha mensaxe por email para que mo expicase e non se dignou a responderme. Despois todo o demais. Que máis queredes de min? Para min está pechada a discusión. Non falarei máis por este motivo. A cuestión é que non fun tratado co respecto debido--Lmbuga Commons - Galipedia 20:49, 4 setembro 2007 (UTC)

o soño dunha noite de veran editar

Dame medo escribirche

  1. xa emborronei dabondo a tua paxina mais enriba, nalguns casos con mensaxes dirixidas a un terceiro (sintoo, deixeinas somente por claridade)
  2. sei que á minima me voltarás a dar un capón (aquela vez que mo deche, fíxenche caso, pero axiña me engaramallaron/engaramalleime/engaramalleivos de novo)
  3. sei que as miñas gabanzas che poden facer mais mal que ben

Indo ao miolo do asunto: insistir na necesidade en que te manteñas no proxecto, non coido que ninguen non seus cabais te poida acusar de nada mais que de te rebelar fronte a inxustiza (independentemente de que estén dacordo en se foi inxustiza ou non, ninguen pode negar a tua boas intencions, 3 cousas que non abondan).

Grazas por te rebelares contra da inxustiza, pola valentia, idealismo, e independenza da que fixeches gala e sei que manterás.

Finalmente tamen pdirche a tua opinion (e es quen mais medo me da, dada a consideracion que teño pola tua opinion, independenza e sinceridade. Ben, vou ao tema e deixo un aparente peloteo que de seguro é perigoso para a tua imaxe fronte a terceiros que outra cousa): Se coidas que pode valer de algo a miña retirada absoluta (sin utilizar tampouco ningun usuario anonimo, IP), dimo.(ollo, non o interpretes como unha peticion/necesidade de apoio, digoo como o sinto, non teño moito que perder)--Maañón 22:01, 4 setembro 2007 (UTC)

dereitos humanos editar

Ola, fágoo encantado, mais en que categoría meto a category:Dereitos humanos? Un saúdo. AlberteSi, digame? 21:20, 7 setembro 2007 (UTC)

  • Ben, estou de acordo en crear a categoría Discriminación. Boteille un ollo a esta categoría en distintas wikipedias. Así na wiki francesa existe a categoría discriminación dentro da categoría Fenómenos sociolóxicos. Na wiki inglesa tamén existe a categoría Discriminación dentro das categorías Prexuízos e descriminación, dereitos civís, Desigualdade social, Comportamento humano, Abusos dos dereitos humanos, e algunhas máis. A wiki portuguesa ten a categoría Preconceptos e discriminacións dentro de Dereitos humanos, Sociedade, Comportamento e Ética. Por último na wiki española ten Discriminación dentro de Comportamento humano e Socioloxía.

Tendo en conta as nosas categorías eu poporía crear a categoría Discriminación dentro de Dereitos humanos e Socioloxía. Se quixeras facer trocos máis profundos e crear unha rama de categorías poderías popoñelas no debate de categorías. Como o ves? Saúdos. AlberteSi, digame? 13:37, 8 setembro 2007 (UTC)

  • Atopei por casualidade este debate con User:Albert galiza. Sería máis conveniente que o trasladásedes a Wikipedia:A Taberna (propostas) ou a Wikipedia:Wikiproxecto Categorías porque asi fai-se máis visíbel para o resto dos colaboradores. Se non, corre o risco de que pase desapercibido, coa correspondente perda de aportacións, ademais de que o o tema das categorias é un no que convén lograr un consenso amplo e non precipitar-se a creá-las. Para trasladá-lo, copia as tuas mensaxes e as de Albert galiza a unha sección nova ou, se ainda non houbese moito falado, simplemente propon-no como sección nova. --Xosé (✉) 13:39, 8 setembro 2007 (UTC)
  • Pásao ti, xa que a proposta foi túa. Boeno, e ademai pola miña vagancia... Grazas. AlberteSi, digame? 13:51, 8 setembro 2007 (UTC)

Resolver disputas editar

Penso que me adiantei: http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Como_resolver_disputas

Conta comigo para o que quixeres, e se podes vai-lle botando un ollo ás traducións que estou a facer a ver se imos xerando un consenso.

Un saúdo e até a próxima --Emilio juanatey 17:35, 8 setembro 2007 (UTC)

Xa traducin Wikipedia:Opinión dun terceiro, por hoxe deixo-o que levo toda a tarde a istoe xa comezo a meter a zoca. Até logo --Emilio juanatey 18:11, 8 setembro 2007 (UTC)

novidades editar

ola Alma!

non sei como redactar isto sen parecer "borde"...

ó comezar un artigo novo (como o gl:Declaración de Dereitos da Muller e da Cidadana), está ben ir ós demais idiomas e pór a ligazón ó galego; ás veces é duro, se xa está en moitos idiomas, pero non soe levar moito tempo, e penso que está ben.

sinto o ton "duro" do "reproche" por parte dun novato... Perdoa, e tómao como unha suxerencia.

Saúde, e pola sombra! --Estevoaei 01:41, 9 setembro 2007 (UTC)

Brillante editar

De nada, é un pracer corrixir. En galego é brillante, consultes o dicionario que consultes, agás que sexa anterior ás Normas do galego de 1982. Ademais, para casos de dúbida de hipergaleguismo, tamén podes usar como contraste é o portugués, lingua irmá que non sufriu a presión do español que tivo o galego. En portugués é brilhante. A orixe da palabra é de brillar, e esta vén do italiano brillare (século XVI), segundo nos di o dicionario Porto Editora. Brilar é un hipergaleguismo empregado a partir da habitual coincidencia -ll- en castelán, -l- en galego; mais non funciona sempre. Recibe un cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 11:27, 9 setembro 2007 (UTC)

Propostas caso agosto editar

Ola Alma, vin que votaches discordo a dúas propostas miñas. Creo que ditas propostas non favorecen en nada a situación actual é a mellora dela polo que senón tiveses ningún inconvinte eu sería partidario de retiralas. Espero a túa resposta. Grazas e un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 13:29, 9 setembro 2007 (UTC)

Desculpa editar

Sinto o acontecido. Espero que poidamois colaborar. Pola miña parte non hai rancor ningún. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 19:47, 9 setembro 2007 (UTC)

Categorías de Wikisource editar

Categoricei o documento con [[Category:GL-D]] pois considerei o vocábulo central da páxina desaparecidos. Dese xeito, se accedes a http://gl.wikisource.org/wiki/Category:GL-D, encontrarás que ó premer na letra "D" da táboa superior aparece o documento que creaches.

Fixen ademais un engadido no título. Se ves presido cambiar algo do que fixen, non o dubides. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 20:18, 9 setembro 2007 (UTC)

RE: Efemérides editar

En primeiro lugar pídoche desculpas pola tardanza na resposta. Agora vou ao que me preguntas: o que fixen foi crear as efemérides na páxina de discusión e logo pedirlle a un administrador que crease a páxina a partir do que escribira no talk. Iso foi o que fixen, se tes algunha outra dúbida podes volver contactar comigo cando queiras e intentarei axudarche no que poida. UN SAÚDO --Toliño 09:48, 10 setembro 2007 (UTC)

Categorias editar

  • Pois por unha razón moi simple: Non me fixei! Vin a outra mensaxe e respostei-lle, non mirei para o resto da páxina. Por suposto que o critério é o mesmo. Si que a vira hai uns dias pero quedou-me na cabeza como "estan-na discutindo ainda" e como eu non tiña nada que aportar pois esquecin-na. --Xosé (✉) 13:54, 11 setembro 2007 (UTC)
  • Eu diria que si. Na wikipedia o importante é o consenso, non as votacións. Neste caso, quen estivese interesado tivo máis ou menos tempo para opinar (é importante ser prudente porque nen todo o mundo se conecta todos os dias ou ten tempo para le-lo todo); ninguén opinou en contra, asi que podemos asumir que se acepta. --Xosé (✉) 14:09, 11 setembro 2007 (UTC)

hola

Home, eu vexo unha cousa que poderías modificar. Puxeches que se lle retira o permiso por mal comportamento, cousa que non é certa en ningún momento. Poderías por que é removido pola súa existenza (pero en inglés, hehe). AlberteSi, digame? 19:40, 26 setembro 2007 (UTC)

  • Alégrome de ter connosco alguén que nos poida axudar en meta, e alégrome moito. Creo boa cousa o que fixeches. Pode ser que estea de acordo con Albert Galiza en que o motivo non foi o mal comportamento, realmente non sei cales foron as actuacións do Moderador nos últimos meses, polo que non son quen de xulgar (comprobalo sería, ó meu parecer, unha perda de tempo pois ese usuario, tamén ó meu parecer, non debe ser administrador).--Lmbuga Commons - Galipedia 20:10, 26 setembro 2007 (UTC)
  • Home, creo que dicir algo que non se axusta á verdade podería entenderse como unha terxiversación. Non digas en meta que se lle quitou o permiso por mal comportamento, cando na votación non di eso en ningures: Ante a situación actual, propoño que se abra unha votación para quitar a User:Moderador os privilexios dados por alguén de novo (o 7 de setembro en Mediawiki), ata que alomenos se aclare que é (persoalmente non considero que iso sirva para nada construtivo) ou definitivamente. Lansbricae. Polo tanto das unha valoración subxectiva falando en nome da Galipedia. Ademais non fai falla entrar en detalles en meta, porque xa están ditos (véxase aquí). En meta non fai falla indicar motivos, basta con enlazar a votación. polo tanto deberías retirar bad behavior e limitar a pedir que se retiren os permisos de administrador. AlberteSi, digame? 20:38, 26 setembro 2007 (UTC)
  • Si, actuaches ben ainda que, como ves noutros exemplos e como che comenta Lmbuga, non é necesário explicar o por que, nen sequer o número de votos ou a política usada, abonda coa ligazón (que, por certo, está mal pois apunta para o arquivo de votacións e non para a votación en si) corrixe-lo ti? Por outra banda, como temos o costume de que quen inicia unha votación se encarge de fechala e por iso eu non fixen nada, ainda que sabes que teño proposto en varios lugares que calquer usuario poida fechar as votacións porque se non pode pasar que se esquezan, que quen as abriu teña que estar ausente, etc. Un saúdo. --Xosé (✉) 20:51, 26 setembro 2007 (UTC)

Sobre O pazo da arca editar

Ola non estou a falar sobre o Pazo das Casas, senón sobre unha casona que está na parroquia do lado. Este verán estiven de vacacións en Chantada e chamoume a atención esta casa porque parecia moi antiga e investiguei un pouco sobre ela xa que me estranou que non houbera ningunha referencia de ela pois eu sempre escoitei que casa grande con capela e escudo e ciprés pazo é. Preguntei na parroquia e dixeronme que era a casa máis antiga da parroquia.

Deixei unha mensaxe. --Xosé (✉) 12:48, 28 setembro 2007 (UTC)

Atópome mal e voume meter na cama. Teño pendentes algunhas das mensaxes que me deixache, a ver se o virus este me ilumina. Deixámolo para mañá? --Xosé (✉) 20:53, 2 outubro 2007 (UTC)

Ben, penso que xa está. Para as etiquetas EXIF que faltaban atopei esta páxina que as explica. Cando queiras pedimos solicitar a actualización. --Xosé (✉) 15:06, 3 outubro 2007 (UTC)

Para o de Live Preview propuxen simplemente Vista Previa na páxina de discusión, e é o único que falta. --Xosé (✉) 16:37, 3 outubro 2007 (UTC)

Xa a vira. Moi boa idea. Procedemos? --Xosé (✉) 16:58, 3 outubro 2007 (UTC)

Parece que o Nike está de vacacións. Finalmente instalei wikimedia no meu ordenador e dinlle unha boa volta. Corrixín 2 cousas pequenas. Esperamos. --Xosé (✉) 16:16, 4 outubro 2007 (UTC)

- Finalmente Siebrand enviou os cambios. Xa está. Moitísimas grazas pola axuda. --Xosé (✉) 20:24, 4 outubro 2007 (UTC)

Xa vin que poñías sempre tódolos e tódalas. Pensei que as dúas formas eran válidas (refírome a todos os/todas as), e non pensaba mencionalo, pero acabo de mirar a normativa, abrín o texto completo en pdf (está como ligazón externa en Normativa oficial do galego) e fixen unha procura. Tódolos só aparece, como exemplo, en tódolos días e tódalas noites. O tema trátase no capítulo sobre o o artigo, onde a "segunda forma do artigo" é simplemente aceptada na escrita. Porén, en todo o resto do texto emprégase "todos os" e "todas as", exclusivamente. Polo tanto, a forma recomendada pola RAG é a plena, todos os e todas as. --Xosé (✉) 22:25, 29 setembro 2007 (UTC)

  • Xosé, Alma: A RAG non recomenda esa forma (nin a outra). Tampouco fai ningunha recomendación respecto á segunda forma do artigo. Só di que "se pode" representa-la forma lo/la/los/las tras infinitivos e formas verbais en -r/-s, certos pronomes tónicos, ambos, todos, tras e mais (conx). Efectivamente, logo non utiliza no texto ningunha destas formas alomorfas, e entendo que podes entender que "recomenda" a forma plena, pero o certo é que non o fai. Dálles tempo que xa o farán. [Perdoa, Alma, que utilice este espazo para dirixirme a Xosé, pero creo que é o seu sitio, baixo o que di el]. Pedro --Lameiro 22:39, 29 setembro 2007 (UTC)
  • Si, xa vin a resposta e pasei por onde me di. A ver se non é moi complicado. Ainda non me rexistrei. Estupendo ter máis ollos, ainda que os teus non teñen queixa. --Xosé (✉) 21:43, 30 setembro 2007 (UTC)

Animacións editar

Acabo de crear unha animación de mostra (Image:Imgp0840.gif). O programa de gráficos que utilizo é O Gimp, que é libre (descárgao aquí para a túa plataforma). Colles unha foto e pegas as demais que queiras como capas. Daslle un nome que remate en .gif e xa che pregunta se o queres gardar como animación e o tempo de transición entre imaxes en milisegundos. --Xosé (✉) 17:10, 4 outubro 2007 (UTC)

Vandalismo no Taboleiro de Admins editar

Vou trasladar o texto á páxina de discusión do taboleiro --Banjo tell me 18:55, 4 outubro 2007 (UTC)

  • Movino porque engadín unha resposta e non quero encher o taboleiro cunha discusión cando precisamente hai unha páxina para eso --Banjo tell me 19:08, 4 outubro 2007 (UTC)

Sobre o Pazo da arca editar

Ola alma pois pode que sexa unha casona non sei, a casa está en chantada na parroquia da Laxe no lugar de A Arca,en realidade A Arca é so unha casa.Eu teño familia por esa zona e estou emparentado con esa casa e creo que non está catalogada. A casa esta aillada con terreo por todolos sitios, non é unha casa espectacular de esas tipo palacio de versalles que vA!´é mais ben unha casa tipo labrega pero de feito os seus donos nunca se adicaron a labranza e que teña capela e escudo pois penso que algo de pazo é, ademáis seica os chamaban "don" o cal é moi calificativo da fidalguía xa que non lles chamaba "don" a calquera por aquel entón, de feito ti falas de o Pazo das Casas que está preto dali pois a esa familia por poñerte un exemplo non a chamaban de "don" e o escudo que teñen pois o puxeron cando pasou a ser casa de turismo. Eu sei polo meu avo que esa casa da arca tivo sete casas con sete capelas e sete muiños o que pasa e que se arruinou. Un saudo.

Graciñas--Grela 10:25, 6 outubro 2007 (UTC)

Ordenar interwikis editar

Vexo que estás ordenando os interwikis. Non é necesario: hai un bot que o pode facer (creo recordar, nunca o puxen en marcha). --Xosé (✉) 10:51, 6 outubro 2007 (UTC)

Ola, eu son Uxío editar

Ola, Alma. Grazas pola mensaxe de benvida que me enviaches. Como ves, xa me rexistrei, polo que xa se pode falar comigo a través da miña conta. Lémonos. Saúdos. --Uxío 17:55, 27 outubro 2007 (UTC) 16:38, 6 outubro 2007 (UTC)

Citas bibliográficas editar

Non fun eu, foi Agremon, hai case un ano, pero pasou totalmente desapercibido. Penso que o hai que promocionar e incluir tamén na proposta de Notas (ou Notas e referencias, como sexa). --Xosé (✉) 17:03, 6 outubro 2007 (UTC)

  • Si, moi necesario. Desde hai alguns dias estou buscando todos os que hai (a man, navegando polas páxinas) e poñendo-lle categorias a todos. Xa hai bastantes en Category:Marcadores, mais só uns poucos en Wikipedia:Lista de mensaxes predefinidas. Tamén estou redactando explicacións de como se usan (creando unha subpáxina ~/uso e ligándoa dentro da páxina do template). --Xosé (✉) 17:13, 6 outubro 2007 (UTC)

Parabéns.... editar

...por eses cadeliños. Son preciosos. :) -- FryantTralarí Tralará 21:20, 8 outubro 2007 (UTC)

Hehehehe.... Oxalá poidera quedar con un, pero a mín cos dous meus xa me chegan. Tamén é unha nai e mais unha das síúas cadeliñas.-- FryantTralarí Tralará 21:27, 8 outubro 2007 (UTC)

homónimos editar

ça va?? bo día, Alma;

Poderías ensinarme a facer páxinas de homónimos? Quería facer unha para R, pois está a letra e a empresa;

graciñas! saúde, e pola sombra! --Estevoaei 09:38, 14 outubro 2007 (UTC)


Sobre los artículos de Euskal Herria editar

Hola, soy Chabi. Supongo que habrás visto la cantidad de artículos sobre Euskal Herria que he hecho últimamente. No sé con quien hablar así que, te pido consejo a ti. A partir de este momento, no sé qué seguir traduciendo: ciudades, historia, geografía... Me he bloqueado. Hay tanto que ya no sé qué hacer. ¿Qué me aconsejas? --Chabi 12:38, 14 outubro 2007 (UTC) P.D.: Perdona por escribirte en castellano, no soy hablante nativo de gallgeo y, a veces, no me sale la forma de hablar.

Piornedo editar

Alma, propoño que fagas unha páxina de homónimos con Piornedo de Castrelo do Val e Piornedo de Cervantes. Aínda que este segundo sexa só un lugar, creo que é máis coñecido co outro, por aquilo das pallozas. Pedro --Lameiro (conversa) 18:53, 14 outubro 2007 (UTC)

Template:Atención editar

Non entendo moi ben. En Category:Wikipedia:Atención hai ben máis de 200 artigos. Cantos se perderon e onde estaban? É posíbel que houbese alguns colocados aqui "a man" e que, ao corrixir o template se sumasen aos que estaban mal? --Xosé (✉) 21:00, 14 outubro 2007 (UTC)

  • Si, é moi posíbel que sexa da caché. Cando se coloca unha páxina nunha categoria aparece automaticamente, mais cando é outra páxina a que a coloca (como neste caso, mediante o template), pode tardar. A min tamén me ten metido sustos. --Xosé (✉) 21:11, 14 outubro 2007 (UTC)
    • Feito o da Veiga, ainda que non me gusta moito: o template concello_info require que o ficheiro se chame "Escudo_[Concello].jpg". Tiven que volver a cargar a imaxe co nome novo porque non se lles pode mudar o nome ás imaxes. --Xosé (✉) 21:48, 14 outubro 2007 (UTC)

Template ISProposta editar

Si, xa pasara nalgun deles. Vou-nos revisar todos. --Xosé (✉) 18:25, 19 outubro 2007 (UTC)

Aquelo do vandalismo :) editar

Antes de nada perdoa por tardar en contestar, ando pouco por aquí por ter o ordenador "escacharrao". Con respecto o tema aquel da ip que puxera "asjfañlkjfa" (ou algo así) decir que tes razón no de que non era para tanto, simplemente con reverter sería suficiente. De todos modos para mín é vandalismo sen ningunha dúbida. Non é o mesmo que eso o faga un usuario rexistrado que unha ip que o fai na súa primeira contribución. En fin, non ten moito sentido seguir co tema, non?. Simplemente para resumir, para mín é un vandalismo claro, pero tes razón en que non facía falta pedir o bloqueo :) --Banjo tell me 20:43, 19 outubro 2007 (UTC)

necesito axuda editar

Hola Fai uns dias intentei engadir un artigo sobre Goma 2, e non consigo que aparezca, seica que a foto que puxen non ten licencia,!si a licencia doulla eu por que a foto e miña¡. A ver se me podes votar un cabo, Unha perta.

mmm... wow! non dou asumido tanta novidade!!!

xa me costou abondo aprender o de metelas en commons baixo a licencia pertinente, e o de metelas na galería de imaxes, pertinente...
¿como fago para engadirlle a categoría?? Vexo que primeiro creas o arquivo "Image:etc..." ¿como o fas? ¿e onde o editas?

acabo de engadir outra imaxe (a do atrio en Aguasantas); podes indicarme os pasos e o vou facendo?

...é mellor aprender a alguén a pescar que darlle un peixe... ;-)

saúde, e pola sombra! --Estevoaei 00:02, 21 outubro 2007 (UTC)

Notas en tamaño pequeno editar

Non descobrín que era o que ocasionaba ese problema. Si descobrin que certas referencias causaban que as referencias seguintes (non elas mesmas) tivesen tamaño de letra normal. Eliminei-nas (son 4) e as notas ven-se todas ben. Agora é cuestión de examinar a ver que teñen en común que poida ocasionar ese comportamento e reintroducir as eliminadas. Pode-las recuperar no historial. --Xosé (✉) 11:15, 21 outubro 2007 (UTC)

  • Penso que non é un problema do software, ou sexa, de {listaref}, ha de ser doutro tipo. Non creo que sexa boa idea o de poñer <small. --Xosé (✉) 11:25, 21 outubro 2007 (UTC)

Graciñas pola axuda editar

Moitas gracias pola axuda, a verdade e que ando un tanto perdido sen a vosa axuda. E gracias polos cambeos da categoría. Tereino en conta. O que no sei e se a nivel parroquial -coma San Xoan de vilar de Santos- cabe coma categoría, ou se o cancel erótico de estilo románico, entra na categoría de románico, ou se podería existir unha categoría sobre iso.

Sapito

no category editar

bo día!

acabo de crear un artigo, pero non sei como categorizalo; impórtache intentar arranxalo?
un millón.

Saúde, e pola sombra!! --Estevoaei 10:20, 22 outubro 2007 (UTC)

Asañamento editar

Ola, sinto non terche respondido antes, acabo de chegar a casa. Podes pór asañamento, ou saña mesmo. A palabra tamén ten o significado criminal de "asasinado con saña" o que non sei e se ten o significado xurídico de "alevosía y ensañamiento"(nos vocabularios que coñezo non está e o código penal penso que ainda non está traducido ao galego) pero eu penso que serve. Até logo! --emilio juanatey(talk) 21:12, 22 outubro 2007 (UTC)

  • Confirmo o "asañamento" de Emilio Juanatey: RAG & ILG [Ana Boullón & Ernesto Gz Seoane & Ramón Mariño Paz & Fernando Tato Plaza] (1991) Léxico da administración castelán-galego. Por certo, o código penal si está traducido ó galego, editado pola Xunta en 1989 (ISBN 84-453-0073-3). O civil é do mesmo ano e orixe (ISBN 84-453-0074-1), probablemente descatalogados os dous. Saúdos legais --  Sobreira (parlez) 13:47, 23 outubro 2007 (UTC)

Estupendo que andemos ben de saúde (especialmente visto como andan os hospitais en Lugo... ;-). Vale. Esta tarde podo pasar por Beta. --Xosé (✉) 13:02, 24 outubro 2007 (UTC)

...comecei o artigo porque o vin en vermello no artigo dos desaparecidos ;-)

Saúde, e pola sombra! --Estevoaei 13:27, 24 outubro 2007 (UTC)


Ola Alma, Ánimo Lansbricae (Ti dirás) 21:05, 24 outubro 2007 (UTC)

  • Sobre os códigos civís e penais, non podo picalos por que os libros están no traballo e lóxicamente alí non podo poñerme a pasalos. Ademais, en wikilibros teño aínda unha gramática pendente e sería bo rematala antes de poñerme con calquera outra cousa. Pero tempo ó tempo. --  Sobreira (parlez) 07:13, 25 outubro 2007 (UTC)

Reposta editar

Ola, Alma. Pois si, por aquí ando. Aportando o que poida. O artigo non que máis me estou centrando é este: http://gl.wikipedia.org/wiki/Lista_de_estreas_de_cine_en_lingua_galega Aínda que tamén teño colaborado noutros artigos, centrándome no campo do audiovisual. Tamén teño corrixido algún erro lingüístico. Pouco a pouco xa me vou aclarando co funcionamento da Wikipedia... He, he, he! Saúdos. --Uxío 02:43, 28 outubro 2007 (UTC)

Alegrome que che gosten. Irei poñendo algunha +. O de Galicitas ainda non entrei nel; co tempo, en canto coñeza un pouco isto, metome naquilo, todo á vez non por Deus!, xa me chega abondo isto, nonsi?, jeje. Voulle botar un vistazo en calquer caso. PD: Vexo que estás feita unha máquina de articular artículos (artellar artigos ou como se diga), vai amodo senón a wiki vai necesitar mais discos duros. :-) ---- Maañónoo (o que ho?) 12:10, 28 outubro 2007 (UTC)

Re: axuda editar

Ola, Alma. Estívenlle botando unha ollada ao apartado que me indicaches. Creo que non existe versión en galego de ningunha das películas que alí figuran. Ten en conta que as películas rodadas en castelán que se dobran ao galego son só algunhas (produción galega, telefilmes feitos para ser distribuídos a través das autonómicas...). Normalmente, películas españolas, polo que é moi raro que esas películas arxentinas teñan versión en galego, aínda que si hai algúns títulos. Recentemente emitiuse na TVG a película arxentina 'O soño de Valentín', con Carmen Maura entre o reparto arxentino. Pronto se poderá ver nas pantallas de cine a película 'A velocidade funda o esquecemento' dobrada ao galego, unha coprodución galego-arxentina (con Uxía Blanco, Marta Larralde...). Fáloche de versións dobradas, porque as películas rodadas en castelán non se subtitulan ao galego. Lamento non che poder dar unha resposta, se cadra, máis satisfactoria, pero é o que hai. Parabéns polos grandes aportes que lle fas a esta enciclopedia. Saúdos. --Uxío 14:57, 28 outubro 2007 (UTC)

  • Ese sentido, o da colaboración, debería primar máis decote. Alégrome que esa sexa a filosofía deste sitio.

Saúdos. --Uxío 11:24, 29 outubro 2007 (UTC)

RE:Efemérides editar

Grazas!!! Para min significa moito que se agradeza o traballo, pero como xa dixen, cando eu comecei xa estaba feita unha boa parte, eu só axudei a rematala. Sobre o que ti me dis, é certo, tamén me decatara (a verdade é que me custou algo, non atopaba o que fallaba ;).) Eu non sei como arranxar iso, o que engadiu as efemérides do seguinte día foi Xosé, ao mellor sabe el como se pode facer. --Toliño Fala aquí comigo 20:41, 31 outubro 2007 (UTC)

  • Xa lle deixei a mensaxe a Xosé, a ver que responde. A seguir traballando arreo como ata agora! --Toliño Fala aquí comigo 11:52, 1 novembro 2007 (UTC)

San Amaro editar

Pero como? non se dan conta de que poñéndolle tal nome tolean ao bot? jeje. Graciñas.--4bot 15:13, 4 novembro 2007 (UTC)

  • Entón quedou ben así, non? Pois grazas a ti por corrixir, máis que a min por aplicar as correccións. Saúdos. AlberteSi, digame? 15:37, 4 novembro 2007 (UTC)

grazie editar

Grazas sinceras. Poderíame estender .. pero mellor non. por razóns obvias :).  ---- Maañón00 (o que ho?) 15:40, 9 novembro 2007 (UTC)

Translatewiki editar

Levo uns dias desconectado e acabo de ver que xa non se chama Betawiki, senón Translatewiki e que, por fin! vai a unha velocidade decente. Estou a traducir as últimas cadeas que faltan. Se non entendo mal, non importa que non estexan todas traducidas, e case é o que prefiro facer para esas que non entendemos ou para as que incluen os termos que aínda non decidimos como ian ser. Durante as próximas semanas andarei moi apretado de tempo, pero se che parece podemos revisar o que hai e telo preparado para cando se aproben os nomes dos espazos de nomes e propoñelo todo xunto outra vez. --Xosé (✉) 17:30, 10 novembro 2007 (UTC)

muchas gracias por la traducción, soy maria fidalgo ..user Viriata estoy trabajando en la reivindicación de ese valioso y olvidado pintor y me apetecía que tuviera su página en la galipedia, pues era un pintor muy identitario. jEstoy aprendiendo gallego normativo..mi gallego hablado es muy acastrapado y vivo en Sevilla. No encuentro ningún curso hom,ologado por la xunta por libre u on line. Gracias.

  • O disco duro falloume por fin onte á tarde. Tardarei varios dias en volver por aqui. Corrixin o dos espazos de nomes en Translatewiki: son unha ou dúas palabras só por espazo de nomes, non unha tradución "lexíbel", por iso tiñas esas dificultades. Un saúdo. --Xosé (✉) 14:43, 16 novembro 2007 (UTC)

Image:IgrexaparroquialStaMaría.jpg editar

I liked your picture so I edited it, old   new  . The program I used in very good and also free, GIMP. --Calibas

  • To answer your questions, for Commons we usually upload the largest file size possible while still keeping the picture sharp. Not sure why you were told to upload small pictures.
  • You are able to edit an image and submit it for a Quality Image as many times as you want and you are able to upload it over the existing file. I wouldn't worry too much about mistakes, the other users will be quick to correct you. And yes, you can use my edit of your image if you want. Thanks for the compliment! : ) --Calibas

Grazas pola resposta á miña dúbida. Agora mesmo voullo comunicar a Alberte para que faga as modificación precisas. --Toliño Fala aquí comigo 20:02, 15 novembro 2007 (UTC)

Entón suponse que a wiki galega está condicionada ó que se decida na wiki española? Ben, ben. Definitivamente queres que sexamos a sucursal en galego da wikipedia española. Ben, eu non estou de acordo, a min impórtame ben pouco o que alí fagan, e por suposto non vou ir alí para que modifiquen o artigo da guerra sucia para poder modificalo na galipedia. Cando dis a "nosa filosofía", non sei á de cantos te refires, supoño que á túa tan só.
Evidentemente sinalo o erro porque o artigo é tan inmensamente longo que non teño tempo a revisalo, pero deixo o aviso por se alguén se quere tomar a molestia de comprobar se só é ese erro ou tódolos nomes tamén pasaron polo tradutor automático.
No meu portal non esquecín sinalar nada, simplemente vou engadindo cousas de cando en vez, non é nada oficial de momento, ata que non saia o portal da comunidade novo (de feito tampouco puxen que se propuña a revogación de André Engels e supoño que houbo outras cousas durante este mes que non puxen ou poño bastante despois de que sucedan).
Respecto ó de Elvire (e Jonathan Chapela) tes razón que non son válidos os votos, pero non sei porque dis que ti non lles podes avisar... ninguén che prohibe que lles avises que conforme a política teñen que ter 700 edicións e levar 4 meses na Gali. Eu íaos avisar mañá (se non os avisa ninguén antes), o voto queda onde está, simplemente non se conta.
Coido que deste roio que acabo de soltar o máis importante é o de convertir a Galipedia na sucursal da wikipedia española, ata o extremo de ter que modificar as cousas na española para podelo facer na galega. Así que nese caso hai que ser tallante: non se pode prohibir opinar sobre artigos da Galipedia na propia Galipedia, emprazando á xente a meterse nas leas da española, que só a eles lles concernen. Agardo terme explicado ben en tódolos aspeitos. Un saúdo. AlberteSi, digame? 17:18, 16 novembro 2007 (UTC)
PS: Perdón, Jonathan Chapela xa borrou o seu voto sen que lle dixeramos nada. AlberteSi, digame? 17:28, 16 novembro 2007 (UTC)

imaxe de calidade => parabés editar

Indo de paseo/pasoteo por commons, acabo de ver o de Imaxe de calidade, parabéns.!!!.---- Maañón00 (o que ho?) 21:26, 18 novembro 2007 (UTC)

Traducións Galipedia editar

Xa está o traballo feito: creado o espazo de nomes Portal e actualizados os espazos de nomes (Conversa, Usuario, etc.); supoño que o resto das mensaxes tamén se foron actualizando. Grazas pola axuda. --Xosé (✉) 20:43, 19 novembro 2007 (UTC)

Desculpa editar

Ola, esquecín agradecerte a axuda no tocante ao cambio de título, así que grazas :) Funcionou perfectamente. --Manudosde 13:05, 22 novembro 2007 (UTC)

a pesca editar

fabuloso o cadro!! pero, non por ser tiquismiquis, puntualizo dúas cousas:
O dos dereitos está asinado en Ferrol a día de mañá (non creo que importe).
Podería sacarse outra foto coa cámara paralela ó chan, ou co cadro xirado uns graos no sentido contrario ás agullas do reloxo? É unha mágoa que se vexan as esquiniñas.
En calquera caso, fermoso cadro, e gracias por subilo.

Saúde, e pola sombra!! --Estevoaeipa o que queiras... 19:20, 24 novembro 2007 (UTC)

==La Perla (centro de detención)== editar

Alma, creo que deberías mover o artigo de "A Perla" a "La Perla", por tratarse dun nome propio, e que supoño que non se debería traducir. Por certo, bo traballo :-D --GallaecioE logo? 20:21, 26 novembro 2007 (UTC)

  •   Concordo--Xabier Cid 10:48, 1 decembro 2007 (UTC)

Lectura comprensiva editar

Prezada Alma, non entendeches ben o meu motivo: non é atacar a ninguén nin defender ningunha verdade nin tampouco redactar un expediente pra que puidese ser levado aos tribunais. O obxectivo é presentar un modelo de traballo pra non cometermos os mesmos erros no futuro. Por iso retirei os nomes. Se insistes en transformar isto nun conflito persoal non creo que axudemos moito a Galipedia. Grazas. --Xabier Cid 10:48, 1 decembro 2007 (UTC)

Respeto editar

Isto [1], llamaselle vandalismo en calquer wiki, non hai ningunha falta de respeto da miña parte, os meus problemas da lingua non teñen nada que ver nisto. Si che deches conta que é un error pois esta mui ben, eres mui responsable. Non teñas dudas non presupoño mala fé a ninguen, e non te acusei de vandalismo : no historial da paxina vin un vandalismo e logo pregunteille a Albert Galiza unha explicion. Albert - Galiza respondeume moi ben. Non vexo eu donde esta o problema. ElviraConversa con mi 22:13, 1 decembro 2007 (UTC)

Ola Alma! Por favor, prégoche que baixes un pouco o ton das túas intervencións, xa que hoxe advirto nas túas intervencións un ton demasiado elevado e mesmo con faltas de respecto. Eu respecto que non compartas as opinións ou nos consideres ignorantes, pero quizais non é para para dicilo dese xeito. Así que por favor, tratar á xente con respecto e sen insultala de seguro que dará mellores resultados e mellorará a convivencia na wiki. Agardo que tomes a ben o meu consello, sen máis, un saúdo. --AlberteSi, digame? 22:15, 1 decembro 2007 (UTC)

  • Nada máis gardar este consello vin que diches un paso mías alá. Por favor, calma e un pouco de respecto, pídocho de corazón. AlberteSi, digame? 22:19, 1 decembro 2007 (UTC)

Fundación Casares editar

Teimas, Alma, teimas en ter razón, coma sempre. Teimas en ter toda a razón e nada máis que a razón (e ninguén máis coa razón, claro). Insisto en que a información que dá o artigo é correcta e completa (a falta deses posibles socios individuais). O socio non é o alcalde fulano do concello de XXX, senón o propio concello; non é o conselleoro mengano da Xunta, senón a Consellería. Se o artigo recollese nomes de alcaldes ou conselleiros -o cal sería un erro de deseño- habería que actualizalos, pero non o fai. Pero non é este o problema do artigo nin da discusión. Pedro --Lameiro (conversa) 23:36, 1 decembro 2007 (UTC)

Grazas editar

Grazas --Banjo tell me 00:04, 2 decembro 2007 (UTC)

Volver á páxina do usuario "Alma~glwiki/arquivo3".