Dámosche a benvida á Galipedia, Ainhoapaños!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 2 de decembro de 2021 ás 16:18 (UTC)Responder

Grazas!!! Ainhoapaños (conversa) 5 de decembro de 2021 ás 23:00 (UTC)Responder

Reversión dunha tradución e traballo na subpáxina editar

Ola, grazas por traballar na tradución de Alberto Abalde Díaz. Lamentablemente, a páxina xa existía e coa túa edición destruíches contido, xa que as túas ediciones pisaron as anteriores. Movín o contido no que traballaras a esta subpáxina de usuario para que poidas ir tomando dela o que creas que falta na entrada e ilo engadindo puntualmente. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 6 de decembro de 2021 ás 15:11 (UTC)Responder

Axudas ortográficas editar

Ola Ainhoapaños. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía. Por exemplo no artigo "Ander Barrenetxea Muguruza".

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 6 de decembro de 2021 ás 15:31 (UTC)Responder

 

Estilo no artigo Ander Barrenetxea Muguruza editar

Ola Ainhoapaños. Por favor, bótalle unha ollada ao libro de estilo da Galipedia para aprender os patróns a seguir de cara á edición e creación no noso wiki e mais a estrutura que debe cumprir un artigo, con respecto ás túas edicións no artigo Ander Barrenetxea Muguruza.

Grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 6 de decembro de 2021 ás 15:31 (UTC)Responder

Grazas a ti. E por suposto que vou a seguir, para crecer. Un saúdo para ti, tamén. Ainhoapaños (conversa) 6 de decembro de 2021 ás 17:27 (UTC)Responder

Facer tamén as redireccións editar

Ola Ainhoapaños.

Cando inicies un artigo, cun título determinado, por exemplo "César Gelabert", quizais haxa que preguntarse se ese artigo podería ter outros títulos distintos. Póñoche un exemplo: o artigo "Inez Haynes Irwin". No propio texto dicimos "Moitas das súas obras publicáronse co seu antigo nome Inez Haynes Gillmore", por tanto debe facerse, tamén, a redirección desde "Inez Haynes Gillmore". En caso contrario podería chegar a darse a indesexable situación de que outros artigos, existentes ou futuros, liguen con Inez Haynes Gillmore e as ligazóns aparezan en vermello, cando realmente dispoñemos do artigo. Tamén podería suceder que alguén picara nesa ligazón vermella e iniciara un artigo novo, co resultado de que teriamos un artigo duplicado.

Con Haynes talvez abonde cunha redirección, noutros casos poden precisarse moitas: p. ex. encollendo ou estendendo máis ou menos o nome, segundo sexan nomes máis ou menos compostos (incluso incluíndo nomes con abreviaturas), redireccións dende as formas galeguizadas ou as de nacemento, con preposicións, sen proposicións... p. ex. Rosalía Castro de Murguía, Rosalía Castro, Rosalía C. de Murguía, Rousalía Castro, Rousalía Castro de Murguía, María Rosalía Rita de Castro, Rosalía de Castro Abadía, Rosalía de Castro Abadía de Murguía, María Rosalía Rita Expósito… Unha boa forma de atopar diferentes formas dun nome, para un persoeiro determinado, é consultar as páxinas das autoridades ligadas no cadro de control que aparece ao final da páxina (VIAF. GND, ISNI…)

Tes máis información sobre este tema na política oficial "Wikipedia:Redireccións" e na páxina Axuda:Como redireccionar unha páxina.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 7 de decembro de 2021 ás 15:12 (UTC)Responder

Traducións automáticas editar

  Por favor deteña as súas traducións automáticas sen revisión posterior, coma a feita en Romeo Beckham. Dito artigo foi marcado como unha tradución automática, e será borrado nun curto período de tempo a non ser que se arranxe o problema indicado.

As traducións automáticas considéranse prexudiciais, xa que o software de tradución automática é propenso a cometer moitos erros. Isto provoca que os artigos requiran unha revisión completa, sendo na maioría dos casos máis axeitado o borrado do artigo e o comezo dende cero. Teña en conta que unha reiteración na inclusión deste tipo de traducións automáticas podería chegar a causarlle ser obxecto dun bloqueo temporal ou permanente. --RubenWGA (conversa) 20 de xaneiro de 2022 ás 17:57 (UTC)Responder