Benvido(a) 91.117.4.220 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Toliño Fala aquí comigo 18:30, 24 de outubro de 2012 (UTC)

Asine as súas mensaxesEditar

Por favor, outra vez cho pido, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 21:08, 31 de agosto de 2012 (UTC)

VídeoEditar

Retirei o vídeo que introduciches como ligazón na páxina de Castelao. Está ben, pero non é boa idea ligar a unha organización política, sexa a que for, un artigo coma este. Mellor evitarmos polémicas, máis aínda cando se trata dun artigo de calidade e que polo tanto require de especial atención. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16:19, 14 de setembro de 2012 (UTC)

OrtografíaEditar

É importante que non descoidemos a ortografía. Olla para aquí. Un saúdo e duro con esa creación de artigos. --Atobar (conversa comigo) 12:32, 25 de setembro de 2012 (UTC)

*container / *contenedor -> contedorEditar

Tanto *container como *contenedor son formas incorrectas de dicir contedor en galego. Revísao no artigo que estás a editar, por favor. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18:28, 24 de outubro de 2012 (UTC)

Caixas de navegación de parroquias de GaliciaEditar

Ola.

Repuxen dúas Caixas de navegación de parroquias de Galicia que retiraches de Narón e A Coruña.

Son modelos que empregamos en tódolos artigos de concellos, parroquias e lugares. Teñen un formato unificado e estándar. Seguen un "libro de estilo".

Se queres engadir un mapa de parroquias o podes facer a maiores. Mais non substitúas o deseño dos modelos mencionados sen antes non buscar un consenso na comunidade, xa que rompería a unidade de estilo neses artigos e/ou provocaría ter que facer modificacións en infinidade de páxinas.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 20:43, 24 de outubro de 2012 (UTC)

Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversaEditar

Ola 91.117.4.220. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

Un saúdo e a seguir! --. HombreDHojalata.conversa 16:05, 26 de outubro de 2012 (UTC)

Recoñecemento cando se traduce doutra WikipediaEditar

Ola 91.117.4.220.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento.

Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría. E ti non o reflectiches no artigo "Xerox Corporation".

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 13:07, 31 de outubro de 2012 (UTC)

pon wiki en. Ese "en" é de ENGLISH. Polo tanto: si o pon

Asina as mensaxes nas páxinas de conversaEditar

Ola 91.117.4.220. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

Un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 22:56, 11 de novembro de 2012 (UTC)

Referencias en castros de NarónEditar

Boas, quería saber por que estás a quitar as referencias ós castros de Narón? Son incorrectas? Eu penso que están ben, non vexo o motivo de quitalas... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:32, 21 de novembro de 2012 (UTC)

Pois si, algunha ligazón estaba mal. Algúns castros teñen máis de un nome ao facer unha páxina de cada castro estase a poñer ben. Non se está a quitar ningunha "referencia". Estanse a ordenar e agrupar ligazóns nas novas páxinas sobre cada castro (onde xa están esas referencias). Se non existe páxina do castro (aínda) deixase o enlace. Cando se fai a páxina pasa a unha páxina adicada a cada castro. Na páxina da wikipedia sobre o concello de Narón están as ligazóns a esas novas páxinas (ligazóns internas). Non ten sentido repetir ligazóns. Os castros amosados na wiki sobre Narón están referenciados na páxina web do concello de Narón alí hai unha listaxe de esos mesmos castros e no PXOM. Tamén pódese consultar esa listaxe do PXOM en http://gl.wikipedia.org/wiki/Castros_da_provincia_da_Coruña (Narón)—o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.117.4.220 (conversacontribucións) 21 de novembro de 2012 ás 10:23‎
Non se poden quitar referencias se son correctas, aínda que estén repetidas noutros artigos, cada artigo é independente respecto a iso. Se eu estou mirando o artigo de Narón teño que atopar nese artigo as referencias ó contido que hai nel, aínda que estén repetidas noutros artigos ligados internamente. E as referencias nunca sobran, se son correctas claro está.
A ligazón do PXOM non fai referencia a tódolos castros da lista, non atopo o Castro de Castro (na web http://castros.artabro.es/node32.html ten de nome "Castro de Sta. María de Castro" e se non hai referencias para o outro nome haberá que trasladar o artigo) nin o de Bazón (na web dos castros tampouco a atopo). Logo na web dos castros teñen o castro de Pedreira que non atopo a súa correspondencia no PXOM. Unha solución para simplificar as referencias desa lista sería poñer a ligazón ó PXOM (poñendo os nomes que aparecen aí), unha ligazón do castro de Sta. María de Castro á web dos castros cambiándolle o nome ó artigo, se é que non se atopan outras referncias e, se non está no PXOM, engadir tamén á lista o castro de Pedreira con ligazón á web dos castros. Logo o que hai que facer é engadir as ligazóns correspondentes en tódolos artigos dos castros. En resumo, non eliminar referencias nun artigo, si melloralas. Que che parece?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de novembro de 2012 ás 14:10 (UTC)
As referencias duplicadas deben ser quitadas. Xa hai páxinas específicas sobre cada castro. O PXOM non cita tódolos castros. En canto aos nomes dos castros xa aparecen na páxina web do concello de Narón. De tódolos xeitos podes engadir datos, non están feitas as páxinas de tódolos castros. saúdos
As referencias duplicadas en distintos artigos non deben ser quitadas. Incluso unha referencia pode dar información a varias partes dun mesmo artigo e ten que repetirse en cada unha delas. Xa che digo que no tema das referencias os artigos son independentes porque ós lectores non se lles pode "obrigar" a ir a outros artigos para atopar as referencias do que están lendo. Coa última modificación xa están referenciados correctamente os castros e os lectores poden comprobar directamente esa información, penso que así está mellor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2012 ás 00:36 (UTC)
Non che pedía que puxeras referencias, tan só preguntaba por qué se eliminaban as que había e non se substituían por outras. Unha referencia nunca se debe eliminar, se é correcta, só se pode cambiar por outra mellor ou por outra que poda agrupar varias referencias que estén no mesmo artigo (no caso dos castros de Narón fixéchelo coas ligazóns que puxeches ó final). Que outros artigos non teñan referencias non quere dicir que sexan correctos, o que hai que facer é poñerllas, se consultas eses artigos nas wikis en castelán ou en inglés teñen as súas referencias. As referencias son a base da verificabilidade dos artigos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2012 ás 10:10 (UTC)
Non sei se son eu o que non entende ou se es ti, eu o único que pretendía era que non se eliminaran referencias correctas, coma por exemplo [1]. Volvo pedirche que non o fagas noutro caso ou que revises con coidado asegurándote que a referencia realmente é incorrecta, e nese caso sempre hai que substituíla por outra que na que se poda verificar a información asociada porque en caso contrario habería que eliminar esa información do artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2012 ás 18:06 (UTC)
Imos ver, hai unha referencia a un castro pero o artigo non pon o mesmo nome que indica a referencia, entón que hai que facer? quitar a referencia?, non, hai que cambiar o nome do castro no artigo. Ti mesmo puxeches no artigo específico do castro que ten os dous nomes (e usas a mesma páxina como ligazón externa), pois se os dous nomes valen entón cámbiase o artigo e a referencia non hai que quitala. As referencias non se poden eliminar así como así, se te fixas no historial, a caron desa edición aparece automáticamente a etiqueta "referencias eliminadas", cousa que pode chegar a considerarse vandalismo. Entendo que non me entenderas no comentario anterior porque se me pasou o detalle dos nomes, pídoche desculpas por ese problema, espero que agora quedara clara a idea que che quería transmitir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2012 ás 22:05 (UTC)

gráfico de poboaciónEditar

Boas 91.117.4.220. Hai xa algún tempo engadiches un gráfico da poboación na páxina de Pontedeume. Penso que foi unha boa achega pero, non poderías facela cun tamaño un pouco máis pequeno? Ao meu parecer quedaría máis estético. Saúdos e a seguir, --Xosé Antonio (fálame sempre) 16 de febreiro de 2013 ás 20:39 (UTC)

Alma materEditar

Ola. Na caixa de información de en:Hugo_Chávez e en en:Alma mater tes unha aclaración sobre o campo alma mater. Un cordial saúdo. --Prevertgl 6 de marzo de 2013 ás 00:23 (UTC)

Asina as mensaxes nas páxinas de conversaEditar

Ola 91.117.4.220. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir!--AMPERIO (conversa) 23 de xaneiro de 2015 ás 11:26 (UTC)

¿por qué?Editar

¿por qué no exijes en esta wikipedia que los nombres de las ciudades españolas se escriban en español? igual que lo haces aquí

Si te escribo en esta wiki lo que corresponde es que me en esta wiki y no en es-wikipedia. He revertido tu edición en mi discusión por falta de civismo. Legalmente es London y no londres, es Calalunya y no Cataluña, etc. A ver si te entra en la cabe que en Galicia coexisten ambos nombre en español y en gallego. Por cierto, la aptitid infantil la tienes tú machacando en todas las discusiones de los artículo relacionados con poblaciones gallegas, da la sensación de que eres un radical. Adios niñato

(respuesta al elemento)

De qué hablas? Vienes a una página en wiki GL para opinar sobre un post en la wiki ES? Eso tiene sentido? Quién eres tú para revertir nada? Y desde cuándo decides tú cuál es la discusión correcta? Claro que te gusta mantener la discusión en tu (bajo) nivel. Está claro que para una persona incapaz de argumentar nada y viniendo a pedir a los demás que defiendan lo que tú no eres capaz, ni en la wikipedia ES ni en la wikipedia GL. Niñato, lo serás tú (quizá). O no tienes edad o simplemente te falta base para aportar nada. Los demás, yo o cualquiera opinaremos lo que nos dé la gana te guste o no, eso es tu problema. Decir tonterías como que legalmente es Londres deja bien a las claras el nivel. Legalmente para quien? Para nadie evidentemente no hay nadie que diga cual es el nombre de London fuera de allí. Tampoco tiene sentido discutir como se dice Catalunya. Y ya decir que en galicia existen los dos nombres en castellano y gallego prueba que no tienes puta idea de lo que hablas. Los topónimos en Galiza y de Galiza tienen una ÚNICA forma LEGAL (ahora sí es correcto decir legal, no con London), la gallega.
y ¿quien eres tú para faltarme al respeto en mi página de discusión? Te revierto por tu falta de civismo