Benvida á Galipedia, Raquelgomez!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Xoacas(sólo la puntita) 08:32, 1 de xuño de 2010 (UTC)

  • Boas, o artigo Análise numérica foi borrado por violación de copyright ([1]). Por favor revisa as normas da wiki antes de facer edicións deste tipo. Calquer dúbida avisa. Un saúdo --Banjo tell me 09:15, 14 de xuño de 2010 (UTC)
  • Boas. A web [www.enciga.org enciga.org] como a maioría das webs ten dereitos de copia restrinxidos. O pdf indicado non ten un "disclaimer" propio polo que se inclúe nesta restricción de copyright. O artigo que fixeches esta copiado deste pdf, e como todo o contido da wikipedia debe ser libre de copia non pode incluírse na wikipedia. Podería tomarse o pdf coma referencia no caso de que se tomasen só algúns datos del e o texto se cambiase o suficiente coma para non chegar a infrinxir estes dereitos, pero tal e como estaba o artigo non é válido. Podes consultar ao resto de administradores se desexas unha segunda opinión, e se tes algunha outra dúbida podo axudarche sen problemas. Un saúdo --Banjo tell me 08:16, 15 de xuño de 2010 (UTC)

Bloqueo editar

Tes dúas semanas para reflexionares e cambiares de actitude. Unha, aquí a xente cede o seu tempo voluntariamente para colaborar nun proxecto común. Enténdeo e respéctao. Dúas, a Galipedia é en galego. Fala galego se queres estar aquí. Tres, non insultes, e máis, nin sequera fagas ademán de insultar. Iso non ten pase. Ao ser a primeira vez, quedas bloqueada dúas semanas, se recuncas xa será a cousa máis seria. O devandito: medita. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 09:32, 18 de xuño de 2010 (UTC)