Benvida á Galipedia, MHT!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 14:48, 8 abril 2010 (UTC)

Cabo de Cruz editar

Póñome agora co choio e dentro dun pedazo xa che volvo contactar para explicar as mudanzas e que así saibas como editar para a próxima. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:04, 8 abril 2010 (UTC)

Arranxado queda. Olla para aquí e repara nas diferenzas. Aínda queda algún cómprereferencia que sería bo que aclararas igual que eu xa lle chantei unha cantas notas. Cando se fala de neutralizar, non quere dicir que a información sexa falsa, senón que é necesario adaptalo e poñelo sen frases como "aquí temos...", "con moito premios...", "unha praias excelentes...". Iso non é enciclopédico. Canto ao resto, o truco está en meterlle referencias que calquera outro editor poida confirmar. Diso se trata. Un saúdo e ánimo cos próximos artigos, que espero sexan moitos e moi bos. --Atobar (conversa comigo) 21:38, 8 abril 2010 (UTC)
Para os topónimos, seguimos o criterio de Noménclator da Xunta. --Atobar (conversa comigo) 14:59, 10 de abril de 2010 (UTC)

Ola Mary.

 

Saúdos--. HombreDHojalata.conversa 09:44, 11 de abril de 2010 (UTC)