Benvida á Galipedia, Amazonia 2017!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Ola, Amazonia; desfixen a túa edición no artigo de María Xosé Queizán porque non é costume poñer ligazóns a artigos de Wikipedias noutras linguas. Ao aparecer a ligazón en vermello, a idea é que algunha persoa se anime a crealo en galego.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de decembro de 2017 ás 22:56 (UTC)Responder

recoñecemento editar

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola Amazonia 2017.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de decembro de 2017 ás 14:54 (UTC)Responder

Charlotte Perkins Gilman editar

Ola, Amazonia. Alégrome moito de que te animases a traducir o artigo sobre Charlotte Perkins Gilman. O Usuario:Banjo incluíu varios marcadores de aviso para indicar as cuestións pendentes. Deduzo que o traduciches do catalán, porque quedou algunha cousa pendente. Cando sexa así, procura indicalo no resumo da edición (por exemplo, "traducido de ca:Charlotte Perkins Gilman", ou algo así).

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de decembro de 2017 ás 16:01 (UTC)Responder

Ola Estevoaei, grazas polas indicacións, de feito fixen a biografía da wikipedia en castellá e a viquipedia catalana XD, agora xa está na galipedia q:D Espero que esta pequena aportación poda ser de utilidade para todas as persoas que teñan curiosidade por esta gran pensadora e activista dos dereitos das mulleres, e poda ir completándose encara con máis bibliografía e estudos de investigación sobre ela. Unha aperta!--Amazonia_gz (conversa) 4 de decembro de 2017 ás 16:14 (UTC)Responder

Axudas ortográficas editar

Ola Amazonia 2017. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Non dubides en contactar con calquera de nos se precisas máis axuda! --AMPERIO (conversa) 4 de decembro de 2017 ás 16:33 (UTC)Responder


Ola Amperio, curioso porque xusto é o corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo o que utilicei para revisar o doc orixinal. Agora o reviso :D Grazas pola benvida, sempre axudades e animades tanto a xente nova? LOL--Amazonia_gz (conversa) 4 de decembro de 2017 ás 16:45 (UTC)Responder

  Benvido á Wikipedia. Aínda que convidamos a todo o mundo a que contribúa na Wikipedia, por favor non retires os marcadores de atención colocados nos artigos sen que o que se indica neles quede solucionado antes. Segue as ligazóns indicadas nos mesmos para obter máis información sobre as cuestións anotadas en cada marcador e cómo solucionalas e bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Grazas. Banjo tell me 15 de decembro de 2017 ás 18:09 (UTC)Responder