Conversa:Alejandro Tobar

¿Pero non tería que ser Alexandre? —o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.116.152.198 (conversacontribucións)

Untitled editar

En internet non hai referencia ningunha coa forma Alexandre--Cheluco 13:39, 11 de xaneiro de 2011 (UTC)
  • Como personaxe do artigo, aí vai un motivo para manter a páxina como Alejandro e redireccionar a ela dende Alexandre: o meu nome propio é Alejandro, tanto no pasaporte como no día a día cos meus ou nas referencias que poida haber pola rede. O nome vénme de familia, e iso, sumado ao feito de que miña nai é latinoamericana, fan que non opte polo nome en galego. Non obstante, supoño que o día que eu tiver un fillo, á hora de o nomear (bautizar non!) antes lle caería un Alexandre ca un Alejandro. Por iso, e acorde coas normas da Galipedia, o nome entendo que debería quedar como Alejandro cunha posíbel redirección dende Alexandre. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:23, 11 de xaneiro de 2011 (UTC)
  • Con permiso, propoño facer esa redirección en coherencia coa nidia traxectoria de Atobar, pois para os non avisados sería chocante que un avezado wikipedista da galipedia, superador de múltiples barreiras psicolóxicas, administrador teimudo e rigoroso, comprometido defensor do idioma e combativo inflexible naquilo no que cre apareza unicamente co nome en español, seríamos o faimerir dos que venceron noutras wikipedias varrendo de xeito culturicida a toponimia galega e os nomes galegos, co gallo, curiosamente, nalgúns casos, dunha sectaria e xa que logo falsa neutralidade. Espero que non teñamos que agardar ao nomeamento, que non batizo!, do primoxénito varón de tan prolífico articulista, non sei se tan fecundo no reproductivo. Nin que dicir ten que ao respecto lle desexo sorte, habelencia e afouteza. Disimulade.--91.116.157.86 19:13, 11 de xaneiro de 2011 (UTC)xalundes--91.116.157.86 19:13, 11 de xaneiro de 2011 (UTC)
O comentario anterior non ten nada que ver co artigo, cada quen ten o seu nome, se eu teño un nome neerlandés non o vou mudar para un galego, ten a súa historia e forma parte de min, e así é con todo o mundo, agradécese un pouco de respeto.--Cheluco 19:26, 11 de xaneiro de 2011 (UTC)

Quen introduciu a referencia persoal foi o propio Atobar, e o fixo coloquialmente, e mesmo diría cun ton desenfadado, falando por exemplo do seu futurible fillo. Non había ánimo ningún de faltar ao respecto. Para ser esta a galipedia parece que non sabemos o que é unha sá retranca. Se se considera unha falta de respecto xustamente propoñer o que o interesado suxería, unha redirección dende Alexandre, pois vaia, eu fíxeno coa intención contraria, xustamente para dar coherencia e aproveitar que temos a clave interpretativa auténtica do propio protagonista. Se cadra, á vista da reacción de Cheluco, efectivamente convén desenvolver unhas normas sobre conflictos de intereses. Nas páxinas de conversa non fai falla tanta circunspección, exemplos hai a esgalla, sobre todo se o propio interesado ten a ben utilizar un ton relaxado. Tomo nota de que bromas as xustas con algunha xente que parece requirir un ton máis solemne, cada un saberá porqué se da ou da a outros tanta severa importancia e pido desculpas.--91.116.157.86 19:41, 11 de xaneiro de 2011 (UTC) xalundes--91.116.157.86 19:41, 11 de xaneiro de 2011 (UTC)


¿Se pode ter unha conta de usuario e un artigo da mesma persoa? --Marrovi 06:55, 23 de febreiro de 2012 (UTC)

Gostaría que deixaran o seu artigo de Alejandro Tobar, ele ten boas publicacións.--Marrovi 07:00, 23 de febreiro de 2012 (UTC)

Borrar editar

Supoño que este comentario é dos que non fan amigos pero non me quedaba outra que facelo. Para min logo de botarlle unha ollada ao historial está claro que este artigo hai que borralo, fariamolo noutras circunstancias. O dito antes, por suposto, non entra a valorar a relevancia da entrada nin desmerece o traballo que leva feito Atobar polo proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:12, 23 de febreiro de 2012 (UTC)

  • Estaba a patrullar os cambios recentes e ao topar esta conversa dubidei se entrar a dicir algo ou non, e ao cabo decidín que si, porque é de relevancia: eu non fun o creador do artigo, iso vaia de primeiras, senón unha IP que segundo podo saber polo localizador de ips procede de Madrid. Tampouco sei, nin teño a menor sospeita, de quen puido ser o que creou. Unha vez dito isto, entendo que se se borra será por outros motivos, mais non por un conflito de intereses. Canto á pregunta de se un editor pode tamén tamén ter unha entrada na wikipedia que formula Marrovi, a resposta é si. E así sucede nesta wiki e nas outras. O que non pode é crear o artigo esa persoa, nin editalo para engadir información sobre a súa persoa. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 14:11, 23 de febreiro de 2012 (UTC)
  • Eu non vexo necesidade ningunha de borralo. --Paradanta (Cóntame) 15:21, 23 de febreiro de 2012 (UTC)


  • En primeiro lugar quero deixar claro que non afirmei que fora Atobar quen fixera o artigo. Tiña a esperanza de evitar ter que detallar as comprobacións que fixen e quero evitar tamén no posible calquera valoración. Aquí vai o proceso de verificación que seguín para apoiar a miña mensaxe anterior:
  • o artigo foi creado polo IP 80.58.205.104 ás 12:31 do 10 de xaneiro de 2011‎ co seguinte resumo de edición: tradución da es:wiki
  • comprobei o historial do IP primeiramente na Galipedia, logo na Wikipedia en castelán, tamén en inglés e en catalán. É un IP compartido que na Wikipedia en castelán está bloqueado permanentemente e calificado como proxy aberto, tamén tivo bloqueos, polo menos, en inglés e en catalán. Nas páxinas de conversa en inglés e castelán hai unha longa lista de avisos: en:User_talk:80.58.205.104, es:Usuario_discusión:80.58.205.104.
  • o resumo de edición do artigo indica que procede do artigo en castelán, comprobei o artigo Alejandro Tobar en castelán. En castelán foi creado polo IP 82.143.240.175, este é o historial do artigo. O IP é de Dinamarca, por iso verifiquei o artigo en danés, foi borrado e na páxina de conversa pola tradución automática paréceme que a persoa que creou o artigo solicita o borrado.
  • na páxina Wikipedia:conflito de intereses di: "Cómpre tamén salientar que se o artigo chega á Wikipedia en galego a través dunha tradución da entrada na Wikipedia noutra lingua tamén se considera un conflito de intereses se foi creado nas mesmas condicións.". Para que todo estea claro a primeira versión dese texto redacteina eu en setembro de 2009 e permanece aí hoxe en día.
  • o seguinte paso foi comprobar o historial do IP 82.143.240.175 na Galipedia. Na miña opinión esta edición en concreto pode aclarar a autoría do artigo, posiblemente se trate da mesma persoa que creou o artigo en danés.
Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:32, 23 de febreiro de 2012 (UTC)
  • Con estes bimbios non só non podo concordar coa proposta de borrado, senón que nin sequera entendo por que se presenta. Por certo, a miña IP tamén está bloqueada permanentemente na castelá polo rollo ese do proxy aberto. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:40, 23 de febreiro de 2012 (UTC)
  • Síntoo Lameiro creo que está ben explicado e creo que é mellor non entrar en máis fonduras se se pode evitar para non complicar o asunto. Penso que hai que dar exemplo e non se pode esixir a outros o que non nós esiximos a nós mesmos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:47, 23 de febreiro de 2012 (UTC)
  • Aclaración para que non haxa ningún malentendido sobre as miñas mensaxes: non teño especial interese en que se borre o artigo de Atobar. De feito nunha conversa coloquial diría que me cae ben e que valoro moitísimo o seu traballo na Galipedia. En canto a Lameiro cáeme aínda mellor, desde que comezou a editar neste wiki teñoo en gran estima. Con isto quero aclarar que non é unha cuestión de simpatía nin nada diso. Por outra banda Atobar colabora co seu nome real e non quixera dicir nada que o prexudique nin que menoscabe a súa reputación. No momento preciso no que se editou esta páxina de conversa estaba mirando os cambios recentes, descubrín o artigo e reviseino do mesmo xeito que faría con calquera outro. Logo tiven que decidir entre deixalo estar ou expresar o que vira, por iso ecribín arriba "non me quedaba outra que facelo". Se dixen o que dixen foi porque considero que a recua de persoas que todos os días chegan á Galipedia buscando promoción pódense aproveitar de situacións coma esta ou semellantes para tentar colar os seus artigos e porque creo que está xustificado borralo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:51, 23 de febreiro de 2012 (UTC)
  • Prevert, o asunto non se pode complicar porque eu non teño nada que esconder sobre autorías nin similares, co cal todo canto se poida aclarar moito mellor. Con esa premisa, comento: a miña primeirísima contribución como usuario rexstrado dunha wiki foi, erradamente, sobre a miña persoa. Sen eu saber daquela -febreiro de 2009- como funcionaba a wiki nin que regras tiña, pensei que era boa cousa crealo eu mesmo en galego e castelán. O castelán quedou, e o galego foi borrado ao cabo dunhas horas ou duns días non sei xa se por Lameiro ou por Banjo (durante os meses posteriores deume algo de vergoña quedar de posible trampulleiro, pero máis tarde comprendín que é algo que lle pasa a moitos usuarios e que é do máis normal, ademais de que pode deberse a múltiples motivos, que non necesariamente implican trampas nin malas intencións). Canto da entrada na wiki dinamarquesa, non estaba ao tanto, pero a raíz desta conversa que atopaches vexo que, tamén por aquelas datas, a achega veu da man da usuaria Guldhammer, e o que pon alí é o que apuntas, concretamente di así: Fun eu quen redactou o artigo e podo ver que en efecto non ten apenas relevancia. Penso que é unha boa idea o borrala. (Det er mig der har oprettet artiklen og jeg kan godt se at relevansen ikke er så stor. Jeg synes det lyder som en fin idé at slette den). Até aquí, polo tanto, misterio cero: hai 3 anos, en febreiro de 2009, fixéronse tres artigos en da, gl, e es.wiki respectivamente, dos cales só quedou o de es.wiki, sendo os outros dous borrados. E de aí pasamos xa a xaneiro de 2011, case dous anos despois, cando unha ip que nada ten que ver comigo nin coa usuaria Guldhammer (seino porque lle acabo de preguntar), é dicir, absolutamente allea 80.58.205.104 a min, creou en gl.wiki o artigo Alejandro Tobar. Unha vez aí, entendo que o problema que ti lle ves, Prevert, é que na caixa de resumo indicou (tradución da es:wiki), e entendes que iso é conflito de intereses en tanto que a páxina Wikipedia:conflito de intereses di: "Cómpre tamén salientar que se o artigo chega á Wikipedia en galego a través dunha tradución da entrada na Wikipedia noutra lingua tamén se considera un conflito de intereses se foi creado nas mesmas condicións.". Ben, a min persoalmente paréceme que fundamentalo neste punto é un pouco querer facerlle dar ao avión unha volta de campá, pero podo entendelo (non o comparto, ollo, porque as condicións nin son iguais nin semellantes). A maiores, este artigo, co que nada de nada teño que ver na miña calidade de wikipedista, foi reformado, ampliado e dista moito do primixenio baseado nos datos do non-borrado que aínda hoxe existe en es.wiki (e que, ese si, debería ser borrado). Xa logo, unha vez aclaradas cales edicións me corresponden e cales non, tratarei -a fin de non interferir- de non me participar desta conversa pero, por favor, non entendades o meu silencio como outorgamento, porque non o é. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:23, 23 de febreiro de 2012 (UTC)
  • Creo que coa miña mensaxe anterior xa está claro, polo menos en parte, o que significa "complicar o asunto". Non ía na liña de que ti tiveras nada que agochar. En canto ao IP como comentei noutra mensaxe é un IP compartido que puido úsalo calquera. Non obstante a argumentación vai no sentido de que se atopamos unha situación coma esa cun usuario descoñecido, e se dan esas circunstancias, borramos os artigos. Temolo feito moitas veces cando o artigo en orixe estaba comprometido, polo tanto o que dixen non pretendía ser ningunha reviravolta, está baseado no que temos feito. Hai un argumento na parte final da túa mensaxe co que non estou de acordo (o da mellora do artigo) basicamente porque xa o teño escoitado repetidamente noutros debates de borrado. O máis importante para min é que o que pase con este artigo non sirva para abrir a man, nin se convirta nunha xustificación, noutros casos que aparecen reiteradamente no wiki. A non ser que surxa algo novo eu tamén rematei. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:30, 23 de febreiro de 2012 (UTC)
Realmente, e con toda cordialidade, se non había intención de complicar o asunto, non sei porque se empezou con este debate, porque resultaba obvio que a complicación era inevitable. Xa o dixen algunha vez, e sei que a gran maioría dos usuarios non estarán de acordo comigo, pero creo que en moitas das propostas de borrados de artigos existe un exceso de rigor. E este caso lévase a palma. E quero dicilo dende o respecto máis absoluto a un usuario coma Prevert, que empezou na Galipedia cando eu non sabía nin tan sequera que existía este proxecto. Un saúdo a todos. --Paradanta (Cóntame) 21:49, 23 de febreiro de 2012 (UTC)
Paradanta, grazas polas túas palabras. Engadir que para min desde o principio o tema estaba claro e segue estando claro porque ese é o procedemento que seguín cando tiña que facelo. E para que quede aínda máis claro se o artigo fose sobre min nas mesmas circunstancias (quero dicir editando co nome real) pediría que se borrase, digo pediria porque probablemente (dependería da situación en concreto) non o faría eu mesmo por aquilo das condicións da licenza ou por ser parte implicada (tamén é certo que non estou nesas circunstancias) . O que non quería era prexudicar a Atobar nin a ningún outro compañeiro, pensei que unha vez sinalado o problema íase resolver de inmediato, está claro que me trabuquei nesa apreciación. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:14, 23 de febreiro de 2012 (UTC)

Non quero retorcer mais o asunto, pero chegados a este punto, se cadra tamén sería axeitado falar sobre artigos como Editorial Tris Tram, Urco editora ou O castelo de Otranto, creados por Usuario:Atobar, e relacionados co seu traballo fora da Galipedia. Interpretar que a creación destes artigos pola súa parte supón un conflito de intereses ou non, é dereito de cada quen. Os artigos son tan neutros e básicos como o é o propio artigo Alejandro Tobar. En principio eu non vexo a necesidade de borrar ningún deses artigos, non obstante, tentando deixar ó marxe a simpatía que me produce a persoa en sí, está moi recente o asunto co Usuario:Néboa, a quen se lle acusou de (entre outra cousas) tentar promocionar un tema concreto por razóns de interese persoal alleas á súa relevancia, a pesar de ser artigos ben referenciados e escritos nun ton neutral. Querendo ser xusto habería que amosar tanta obxectividade e distancia á hora de falar deste tema como a que se tivo á hora de falar do outro, cousa que coido que neste caso está a suceder con Usuario:Prevert, polo cal lle felicito. Para rematar, na miña opinión este artigo é neutro e está ben. Non dubido da inocencia de Usuario:Atobar despois da sinceridade amosada no anterior comentario. Creo que Alejandro Tobar non se debe borrar. No caso dos outros artigos, digo o mesmo, por ser neutros e por non amosar ningunha sinal evidente de promoción profesional persoal por parte do creador dos mesmos. Un saúdo. — JonnyJonny 22:18, 23 de febreiro de 2012 (UTC)

  • Vendo onde chegou isto quero facer certa autocrítica. Un dos principios que seguín sempre foi non poñer nunca nunha situación que supoña un cuestionamiento innecesario a un colaborador que está facendo un bo traballo a prol do proxecto aínda no caso de que non estivera de acordo con alguna acción en concreto. Iso non significa que fose pasar de solucionar un problema senón que tentaría utilizar unha vía que non xerara dano. Nin teño o tempo para facer iso, nin valorei correctamente onde ía chegar este debate. Ademais calquera día deixo de editar outra temporada e quen queda aquí para solucionar os problemas é quen está presente todos os días, polo tanto non ten ningún sentido poñelo nunha situación comprometida. Todos cometemos erros e imos aprendendo como enfrontar cada caso a medida que nos facemos máis vellos no wiki. En consecuencia, trabuqueime no xeito de expoñer a situación. Por outra banda, semella que hai visións diferentes sobre o que pode ser un conflito de intereses ou o que non ou no xeito de aplicar a norma. Na miña opinión é preferible desde o punto de vista da xestión destes casos, sempre que se poida, non ter que entrar a valorar e se se dan determinadas circunstancias aplicar directamente as directrices (algo que temos feito moitas veces) sexa a un ou a varios artigos (independentemente da redacción máis ou menos neutra). En conclusión, quizais a solución disto pase por profundizar no coñecemento e no traballo na páxina que fala do conflito de intereses tentado aclarar (como anda a facer Toliño) o máis posible e de xeito xeral que casos son admisibles e cales non. E continuar explicándolle aos que chegan de novo e aos que están de vello cales son as directrices sobre esta cuestión neste proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:16, 24 de febreiro de 2012 (UTC)

Descoñecía este asunto e teño que dicir que, aínda que Atobar me cae ben, e me ten axudado moito dende que cheguei ao proxecto (cousa que lle agradezo enormemente), penso que por saúde da Galipedia habería que borrar o artigo, xa que hai dúbidas ao respecto. Un saúdo, Piquito (conversa) 16:32, 24 de agosto de 2012 (UTC)

Volver á páxina "Alejandro Tobar".