O castelo de Otranto
O castelo de Otranto,[1] no orixinal en lingua inglesa The Castle of Otranto[2] é unha novela escrita por Horace Walpole en 1764. Está considerado o texto inaugural da chamada literatura gótica, un xénero literario que chegou a ser extremadamente popular contra finais do século XVIII e comezos do XIX.
O castelo de Otranto | |
---|---|
Título orixinal | The Castle of Otranto |
Autor/a | Horace Walpole |
Orixe | Inglaterra |
Lingua | lingua inglesa |
Xénero(s) | novela gótica |
Data de pub. | 1764 e 1765 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O castelo de Otranto destaca non só polo sombrío interese da historia, senón tamén por supor o primeiro intento moderno de fundar unha literatura de ficción fantástica sobre a base das novelas de cabalaría»Walter Scott, no limiar da edición de 1821.
Historia e características
editarDa primeira edición de The Castle of Otranto ocupouse Strawberry Hills Press, casa editorial que tamén fixo unha segunda tiraxe na que lle foi engadido o subtítulo A Gothic Story, en 1765. A novena edición foi en 1976, en Londres, por Cooper & Graham.
Foi traducido a outras linguas, primeiramente a francés, alemán e italiano. En 1797, ano da morte do autor, apareceu en Francia unha tradución anónima e non autorizada baixo o título Isabelle et Theodore.
A súa obra completa publicouse en 1798 como The Works of Horatio Walpole, Earl of Orford, e correu a cargo de Mary Berry. Considérase aquela a versión definitiva de The Castle of Otranto.
Esta novela, publicada en 1764, representa para a literatura gótica o seu punto de partida, a súa obra inaugural, ademais de que inclúe moitos dos lugares comúns que nos séculos posteriores diversos autores desenvolverán con tanta mestría. Ve a luz nun momento no que se percibía un certo desencanto cando a sociedade europea comezaba a decatarse de que o racionalismo proposto pola Ilustración non daba resposta a todas as dúbidas do home, polo que o misterio e o sobrenatural, ambientados na Idade Media, volven ter cabida na cosmovisión do Século das Luces.Presentación editorial.
Argumento
editarA trama sucede no castelo, que é o principal protagonista. O lector é infomado inicialmente de que o lexítimo propietario fora asasinado nas cruzadas, o que motivou que usurpase o seu lugar Manfred, mais o castelo ten unha maldición. O fillo de Manfred casa cunha moza, pero logo morre e a partir de aí, os acontecementos vanse encerellando.
En contraposición coa novela histórica que logo se popularizaría a través de autores como Walter Scott, os sucesos non serven como escusa para expor un período histórico senón que é este o que se subxuga aos acontecementos creando unha atmosfera adecuada.
A historia está sustentada nun personaxes arquetípicos e o estilo narrativo non achega nada novo con respecto a outras obras da época, como por exemplo The Castle spectre (1797) ou The Mysterious Marriage (1798), de Matthew Gregory Lewis e de Harriet Lee, respectivamente.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- The Castle of Otranto, texto orixinal no Proxecto Gutenberg. (en inglés)
Notas
editar- ↑ Publicado en galego por Urco editora.
- ↑ O título completo da primera edición de 1764 The Castle of Otranto, A Story. Translated by William Marshal, Gent. From the Original Italian of Onuphrio Muralto, Canon of the Church of St. Nicholas at Otranto.