Compendio de gramática gallego-castellana

Compendio de gramática gallego-castellana é un conxunto de apuntamentos e textos de carácter diverso concibido como unha gramática descritiva da lingua galega escrito por Francisco Mirás[1] e publicado en 1864. En 1978 Akal publicou unha edición facsímile[2].

Compendio de gramática gallego-castellana
Imaxe da portada
Autor/aFrancisco Mirás
OrixeGalicia
LinguaGalego
Tema(s)Lingua galega
Xénero(s)Ensaio, poesía
Data de pub.1864
editar datos en Wikidata ]

Contido editar

O libro ábrese cun prólogo do autor no que explica que a lingua galega é un dialecto do latín. A obra está destinada a persoas castelanfalantes, co obxectivo de que comprendan o galego.

El dialecto gallego es un resto de la lengua Latina que dió origen á las cuatro lenguas de la Europa meridional, esto es á la Castellana, Portuguesa, Francesa y Italiana, de modo que quitando á estas los vocablos que poseen de la Latina, perecerían y se borrarían de la lenguistica...
Como en Galicia cuyas ferias son tan concurridas, sucede que muchos al oir hablar á un labriego no le pueden entender, segun lo haremos ver palpablemente en los diferentes diálogos que sobre varios asuntos se pondrán en en presente Compendio, nos hemos determinado a darlo á luz á fin de que pueda comprenderse este idioma...

Compendio de gramática editar

A primeira das obras é un Compendio de gramática gallega-castellana, con un vocabulario de nombres y verbos gallegos y su correspondencia castellana, precedido de unos diálogos sobre diferentes materias. Esta obra ocupa os seis primeiros capítulos:

  1. "Declinacion del artículo determinado ó definido"
  2. "Del pronombre"
  3. "Conjugación del verbo auxiliar ser" e "Amar, temer, partir, ir, ver, abrir, decir, salir, andar, coger, hacer, poner, querer, tener"
  4. "Del adverbio"
  5. "Vocabulario de nombres y verbos gallegos con seu equivalencia castellana", "Verbos gallegos de la 1ª conjugacion, con su correspondencia castellana", "Verbos gallegos de la 2ª conjugacion, con su correspondencia castellana" e "Verbos gallegos de la 3ª conjugacion, con su correspondencia castellana".
  6. "Diálogos entre un Confesor castellano y un penitente gallego", "Diálogo entre un Caballero y un Gallego", "Diálogo entre un Hacendado castellano y un Gallego", "Diálogo entre un Médico madrileño y un Labrador Gallego", "Diálogo entre un Amo y un Criado".
Confesor- Cuánto tiempo hace que non se confesó V?
Gallego-Xa fon á ló na sima do nadal.
Confesor-¿Qué es eso de aló y de nadal? Expliquese V. de otra manera, porque sino estamos perdiendo el tiempo.
Gallego-Dijo Señor que vin á confeson no mes de navidá.
Confesor-Acabáramos? Y cumplió V. con la penitencia que se le impuso?
Gallego-Aljo majoado teño o corazon porque se me esqueseu.
Confesor-Otra tenemos; non entiendo de majoado nin de esqueseu.
Gallego-Quero disir, Señor, que ajora non podo disir se a comprin ou non, porque teño a calleira fomeando
...
Diálogos entre un Confesor castellano y un penitente gallego, páxina 57
Gallego-Señor, aló no dia de San Giljorio atisvei un coello é ceibeime a él decontado, pero como paresia un lostrojo á fuxir, non puden apañar, é estonses espinisquei una canela que non paro co dor; chantei un cerello nun a cunca de auja, e dempois funa poñendo dose, pero hoxe está mais majoada, e mais quinta feira pregeille catro samasujas
Diálogo entre un Médico madrileño y un Labrador Gallego, páxinas 60-61

Outras pezas editar

O volume inclúe tamén varias obras literarias, como un poema de 100 oitavas chamado "A creasión e a redensión" (páxina 63):

Dinavos jovernar, ó Lus Divina,
a miña pruma pois eu quixera
canto mellor houbere podido
cantar a relixion coxe hay na terra,
e a que nos chamamos cristianismo
por que foches Vos o Autor de la
pois as outras sectas tan xudias
non se an de nomear nos nosos dias.

A obra remata cun extracto de fábulas, algunhas delas de autoría allea e outras de autoría propia. Delas di no Prólogo correspondente (páxina 93):

Si aljun cubizoso rexoubar quere
porque estas fabulas eu escribo,
como o poeta Fedro el leere
ali encontrará á rason do mismo.
 
Compendio de gramática gallega-castellana, en PDF.

As fábulas son "Os Dous coellos" (de Tomás de Iriarte), "Un Rapas ben criado" (de Pedro Calderón)", "Os Días do Santo dun" (de Leonardo Fernandez de Moratín), "Un Rato señorito e un do campo" (de Félix María Samaniego), e "Un Lobo e un Año", "Un Jraxo e un Pavo", "Un Can nadando", "Un Lobo e un a Jrulla", "Un a Raposa e un a Sijüeña", "A Denosiña e os Ratos", "Un a Raposa e as Uvas", "Un a Vivora é un a Lima", "Un a Raposa a un Castron", "Un monte parindo", "Dous calvos", "Un Piollo e un a Pulja", "Un a Araña, un a Mosca e un Abellon", "Un Raposo e un Jalo", "Un Sejo e un Criado", "Un Jrillo e un a Cascuda", "Un a Formija e un a Paloma", "Un Jaljo e un Coello", "Un Cocho e un Faco", "Us Jalos e un a Perdis", "Un Home enamorado", "Un Labador e us Cas", "Un Boy e un Beserro", "Un Boy e un Rato", "Un Pastor e un as Ovellas", "Un Burro e un Lobo", "Un Joloso ajudo", "Dous Frades", "Un Maqués e un Secretario" e "Un Duque e us Jaleotes" (de autoría propia).

A obra remata cunha miscelánea, e as pezas "Epitafio de Arentino", "Ditos selebres" e "Alborada"

Dios todo o ve e jarrido
de nadia ver se consente
en todas partes patente
en todo sitio escondido.

Que triste é o deleite arteiro
si se vay, hay jran coidado
si se espera, é moy pesado,
si se josa, fuxe lixeiro...
Estrouxade meus amijos
e un a cantija votade
que de nosoutros se acordan
aló dentro da siudade
Alborada

Acollida editar

O libro acusa eivas filolóxicas salientables, en particular na primeira parte, de síntese gramatical. Nel ofrécense, por exemplo, tempos verbais compostos inexistentes no galego, como o pretérito pluscuamperfecto coas formas 'eu había sido' e o o futuro perfecto como 'eu habrei sido'. Ricardo Carballo Calero describiu a obra con ironía e humor deste xeito:[3]:

Un curioso adefesio. Non achamos mellor xeito de definir o libro que nos legou Francisco Mirás. Libro misceláneo, pero non carente de certa unidade. Quer ser unha gramática teórico práctica do idioma galego.
...
A parte gramatical non ten outro valor que o de ser o primeiro intento diste xénero que se fixo. O “Vocabulario” xa non se pode pretender tal honor.
...
Nos “Diálogos” non carez Mirás de certo donaire, pero hai demaisado de paifoco nas súas figuras de labregos que son tratados con sobexo desdén polos seus interlocutores casteláns. Os “Ditos” están nunha prosa de sintaxe clasicizante. Por Mirás non pasou o romantismo.
...
En canto aos versos, non só o estilo é tan humilde que anda a rastas, senón que as sílabas mídense a ollo de mal cubeiro, e as rimas avincállanse ou céibanse mesmamente á toa.
...
O “grandioso poema de 100 octavas” –non me parei a contalas- “A Creasión e a Redensión” non é pequena teima para 1864.

Notas editar

  1. Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-227-7. 
  2. Mirás, Francisco (1978). Gramática. Madrid: Akal. ISBN 84-7339-358-9. 
  3. Carballo Calero 1975, p. 96-98.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar