Comarcas de Asturias
Segundo o Estatuto de Autonomía de Asturias o Principado de Asturias divídese territorialmente en concellos e comarcas, estas últimas englobarían a varios concellos, con todo este precepto estatutario non se desenvolveu oficialmente aínda. Tan só o decreto 11/91 do 24 de xaneiro establece unha división en oito comarcas funcionais ou áreas de planificación territorial,[1] que non son estritamente comarcas oficiais, constitúen tan só un sistema para homoxenizar espacialmente os datos procedentes dos concellos nas estatísticas rexionais que realiza o principado.[2]
Comarca | Concellos | |
---|---|---|
Avilés | Avilés, Candamu, Castrillón, Corvera, Cudillero, Gozón, Illas, Muros, Pravia e Sotu'l Barcu. | |
Caudal | Ayer, Ḷḷena e Mieres. | |
Eo-Navia | Boal, Castropol, Coaña, Eilao, El Franco, Grandas de Salime, Navia, Pezós, San Martín de Ozcos, Santalla de Ozcos, Santiso de Abres, Tapia de Casarego, Taramundi, Valdés, A Veiga, Vilanova de Ozcos e Villaión. | |
Nalón | Casu, Langreu, Llaviana, Samartín del Rei Aurelio e Sobrescobiu. | |
Narcea | Allande, Cangas del Narcea, Degaña, Ibias e Tinéu. | |
Oriente | Amieva, Cabrales, Cangas de Onís, Caravia, Colunga, Llanes, Onís, Parres, El Valle Altu de Peñamellera, El Valle Baju de Peñamellera, Piloña, Ponga, Ribeseya e Ribadeva. | |
Oviedo | Bimenes, Cabranes, Grau, Llanera, Miranda, Morcín, Nava, Noreña, Oviedo, Proaza, Quirós, Les Regueres, La Ribera, Riosa, Sariegu, Santo Adriano, Salas, Siero, Somiedo, Teberga e Yernes y Tameza. | |
Xixón | Carreño, Villaviciosa e Xixón. |