Ḷḷena
Coordenadas: 43°04′59″N 5°47′32″O / 43.08306, -5.79222
Ḷḷena[1] (en castelán: Lena) é un concello do Principado de Asturias. En 2020 tiña unha poboación de 10 701 habitantes.
Ḷḷena | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ḷḷena | ||||||||
| ||||||||
Casa do concello de Ḷḷena. Apeadoiro de La Cobertoria. Vista panorámica de peña Ubiña. Vista de Santa Cristina de Ḷḷena. Vista de Santa Cristina de Ḷḷena. Payares nevado. | ||||||||
Localización | ||||||||
![]() | ||||||||
País | ![]() | |||||||
Comunidade autónoma | ![]() | |||||||
Provincia | Asturias | |||||||
Comarca | Comarca do Caudal | |||||||
Xeografía | ||||||||
Altitude | 306 msnm | |||||||
Superficie | 315,51 km² | |||||||
Demografía | ||||||||
Poboación | 10 701 hab. (2020) | |||||||
Densidade | 35,75 hab/km² | |||||||
Outros datos | ||||||||
Código postal | 33620 - 33639 | |||||||
Alcalde | Gema Álvarez Delgado (EU) | |||||||
Páxina do concello de Ḷḷena |
Atópase no sur da comunidade en plena Cordilleira Cantábrica. Limita ao norte con Mieres, ao oeste con Riosa e Quirós, ao leste con Ayer e ao sur coa provincia de León. No límite con esta provincia atópase o Peña Ubiña, de 2.417 metros de altitude.
ToponimiaEditar
En virtude do Decreto 74/2005 de 7 de xullo de 2005,[2] publicado no BOPA do 26 do mesmo mes, foron aprobadas as formas oficiais dos topónimos das parroquias e lugares do concello de Ḷḷena, pasando a ser oficiais en todos os casos as denominacións en lingua asturiana.
DemografíaEditar
Gráfica de evolución demográfica de Ḷḷena entre 1842 e 2018 |
![]() |
ParroquiasEditar
Está formado polas parroquias de Cabezón, Campumanes, Carabanzo, Casorvía, Castieḷḷo, Chanos de Somerón, Columbieḷḷo, Congostinas, Erías, Felgueras, La Pola, Las Puentes, Muñón Cimiru, Muñón Fondiru, Parana, Payares, Piñera, Samiguel del Río, Sotieḷḷo, Teyeo, Tuíza, Viḷḷayana, Xomezana e Zurea. A capital do concello é La Pola.
TurismoEditar
CulturaEditar
Destaca como monumento histórico a igrexa de Santa Cristina de Ḷḷena (do século IX) de estilo prerrománico, declarada Patrimonio da Humanidade. A igrexa conta, na antiga estción de tren de La Cobertoria, cun centro de interpretación do prerrománico asturiano.
DeporteEditar
O concello de Ḷḷena destaca pola práctica de deportes de montaña. Sendo considerado o macizo de Ubiña como unha das mellores zonas de montaña da cordilleira Cantábrica. O macizo é unha paisaxe protexida e forma parte do parque natural de Les Ubiñes-La Mesa.
No porto de Payares atópase a estación de esquí Valgrande-Pajares. Con máis de 50 anos de historia, é unha das estacións pioneiras en España. Ofrece todo tipo de servizos para a práctica de deportes de inverno.
FestasEditar
O primeiro domingo de xullo celébrase conxuntamente co concello de Quirós a Festa do año ao espeto no «Prau Ḷḷagüezos», declarada de interese turístico en 1984.[3] Nela outórganse os galardóns «Güelos del Aramo» (Avós do Aramo) á parella máis idosa da zona.
Na capital do concello, La Pola, hai dúas festas de interese. En abril as festas da flor no val de Naredo, cun mercado artesán con anos de tradición e en outubro a festa da Nosa Señora do Rosario, tamén coñecida como "Les Feries".
NotasEditar
- ↑ "Topónimos oficiais do concello de Ḷḷena" (PDF). sede.asturias.es. Consultado o 6 de agosto de 2021.
- ↑ "DECRETO 74/2005, de 7 de julio, por el que se determinan los topónimos oficiales del concejo de Lena" (PDF). Consultado o 19 de setembro de 2021.
- ↑ BOE. "Concesión del título de Fiesta de Interés Turístico a la Fiesta del Cordero de Lena." (PDF). Consultado o 13 de outubro de 2016.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ḷḷena |