Tuíza, Ḷḷena

parroquia do concello de Ḷḷena, Asturias

Tuíza[1] é unha parroquia do concello asturiano de Ḷḷena. De 23,32 km² de extensión, ocupa o extremo suroccidental do concello. Linda ao sur e ao oeste coa provincia de León, ao norte co concello de Quirós, ao nordés coa parroquia de Xomezana e ao leste e sueste coa de Teyeo. Ten unha poboación (INE, 2010) de 53 habitantes, que están repartidos entre os lugares de El Quempu, Tuíza Baxo e Tuíza Riba.

Modelo:Xeografía políticaTuíza, Ḷḷena
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°01′26″N 5°54′29″O / 43.02386, -5.9081Coordenadas: 43°01′26″N 5°54′29″O / 43.02386, -5.9081
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias
ConcelloḶḷena Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación40 (2018) Editar o valor em Wikidata (1,68 hab./km²)
Número de fogares42 (2001) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie23,81 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porHuerna River (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude1.085 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal33628 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE33033210000 Editar o valor em Wikidata

Actividades de montaña

editar

En Tuíza atópase a vertente asturiana do macizo de Ubiña. Sendo Pena Ubiña, de 2417 metros, a maior altitude dentro do concello. Neste macizo practícanse toda clase de actividades de alta montaña, dende sendeirismo até a escalada invernal. Na veiga do Meicín, a 1560 metros,[2] hai un refuxio de montaña.

  1. "Topónimos oficiais do concello de Ḷḷena" (PDF). sede.asturias.es. Consultado o 6 de agosto de 2021. 
  2. "El refugio del Meicín será un centro de primeros auxilios para los accidentes de montaña". El Comercio. 20 de xullo de 2019. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • VV.AA., Diccionario geográfico de Asturias. Oviedo, Editorial Prensa Asturiana, 2000.