Payares, Ḷḷena

parroquia do concello de Ḷḷena, Asturias

Payares[1] é unha parroquia do concello asturiano de Ḷḷena.

Modelo:Xeografía políticaPayares, Ḷḷena
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°01′05″N 5°46′37″O / 43.01818, -5.77694Coordenadas: 43°01′05″N 5°46′37″O / 43.01818, -5.77694
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias
ConcelloḶḷena Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación111 (2018) Editar o valor em Wikidata (3,82 hab./km²)
Xeografía
Superficie29,073 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porPajares River (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude929 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal33693 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE33033130000 Editar o valor em Wikidata

Situación editar

Atópase na aba das montañas da cordilleira Cantábrica, a unha altitude duns 970 metros. Dá nome ao val onde se atopa, ao río que discorre pola vila e ao porto de montaña de Payares (1378 m), que durante séculos foi a principal vía de comunicación enre Asturias e o resto da península.

Ocupa o extremo suroriental do concello e linda ao sur e ao leste coa provincia de León, ao oeste coas parroquias de Samiguel del Río e Chanos de Somerón e ao norte e nordés coa parroquia de Cabezón. Ten unha extensión de 43,62 km² e unha poboación de 111 habitantes (segundo datos de 2018). A meirande parte deles vive na vila homónima, e os outros repártense entre os lugares de El Brañiḷḷin, La Campa, Floracebos, La Malvea, El Nocíu, La Estación, La Pedrosa, Santa Marina e Viḷḷar. Os seus habitantes reciben o alcume de bainas.

Estación de esquí editar

 
Valgrande-Pajares.
Artigo principal: Valgrande-Pajares.

Destaca nesta parroquia a estación invernal e de montaña Valgrande-Pajares, principal motor económico da zona.

A estación de esquí comezou a súa actividade no porto de Payares, xunto ao Parador de turismo do porto, onde Jesús Suárez Valgrande construíu o primeiro telesquí (La Cerra) en 1954, sendo unha das primeiras estacións de esquí españolas. Actualmente, as instalacións deportivas atópanse nas abas de Cueto Negro (1890 m), a un par de quilómetros do porto de Payares, xunto á urbanización de El Brañiḷḷin, onde comezan os dominios da estación de esquí.

Payares na cultura popular editar

A vila de Payares, pola súa condición de lugar de paso obrigado no camiño que leva a Castela dende o centro de Asturias, é nomeado en multitude de ditos e cantares. Dous que recolle Luciano Castañón son os seguintes:

(Orixinal en lingua asturiana):

  • Cuando las tres Marías (que son tres estrelas) van al paliru, salen las de Payares al filandiru.
  • En Payares non te pares, en la Romía nin de noche nin de día.

Notas editar

  1. "Topónimos oficiais do concello de Ḷḷena" (PDF). sede.asturias.es. Consultado o 6 de agosto de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • VV.AA., Diccionario geográfico de Asturias. Oviedo, Editorial Prensa Asturiana, 2000.
  • Castañón, Luciano, Diccionario geográfico popular de Asturias. Oviedo, Servicio de Publicaciones del Principado de Asturias, 1990.