Campumanes[1] é unha parroquia do concelloasturiano de Ḷḷena. Atópase na zona central do concello e linda ao norte coa parroquia de Castieḷḷo, ao sur coa de Sotieḷḷo, ao sueste coa de Erías, ao leste coa de Casorvía e ao oeste coa de Zurea. Ten unha extensión de 8,79 km² e unha poboación de 644 (segundo datos de 2018). Nela inclúense os habitantes da vila homónima (526 en 2017), centro económico e de servizos da contorna.
A parroquia, consagrada á Nosa Señora das Neves, abrangue os seguintes núcleos de poboación: Campumanes, La Caseta'l Rublín, La Caseta los Sierros, El Coḷḷeu, Corneyana, Cuturresu, La Envarniega, L'Escobal, Ferreras, El Moclín, Montalegre, La Nozala, Las Pegas, La Rasa Baxo, El Reúndu, Río, La Rúa, Salas, Tiós e La Torre.