Comarca de Saja-Nansa

A Comarca de Saja-Nansa é unha comarca de Cantabria (España). Por esta comarca transcorren os ríos Saja e Nansa. Esténdese desde a comarca do Besaya ata o límite con Asturias e desde A Mariña ata as montañas de Peña Sagra e a Cordilleira Cantábrica. Ten un carácter eminentemente rural.

Modelo:Xeografía políticaComarca de Saja-Nansa

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°12′N 4°18′O / 43.2, -4.3
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabria Editar o valor en Wikidata
CapitalCabezón de la Sal Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie829,65 km² Editar o valor en Wikidata

A comarca está formada principalmente polo val do Saja e o val do Nansa. O primeiro divídese entre o val de Cabuérniga e o val de Cabezón.

A pesar de que xa existe unha lei de comarcalización de Cantabria, esta aínda non foi desenvolvida polo tanto a comarca non ten entidade real.[1] Con todo, a Asociación de Desarrollo Rural Saja-Nansa actúa como organismo reitor e vertebrador da a maior parte da comarca, incluíndo a tres municipios máis da Costa Occidental (San Vicente de la Barquera, Val de San Vicente e Valdáliga) e, por outra banda, deixando á marxe a Reocín.

Concellos

editar

Xeografía

editar

Val do Saja

editar
Artigo principal: Val do Saja.
 
Situación do val do Saja en Cantabria.

O val do río Saja, está formado por dous comarcas naturais.

Val do Nansa

editar
Artigo principal: Val do Nansa.
 
Situación do val do Nansa en Cantabria.

O val está situado entre os vales de Liébana e Saja. Está limitada pola Serra do Escudo no norte e a Serra de Peña Labra polo sur.

No val do Nansa circula o Nansa que polo seu carácter torrencial e erosivo, especialmente na súa cabeceira, forma ladeiras de pendentes acusadas. A comarca presenta unha gran calidade paisaxística, vindo polas súas características topográficas de altos cumes, amplos bosques autóctonos, sobre todo de carballo (Quercus robur) e haxas, e escasa densidade de poboación dedicada na súa maioría á gandería (sector primario).

Os municipios localizados no val do Nansa son os seguintes: Lamasón, Herrerías, Rionansa, Tudanca, Polaciones e unha parte do municipio de Cabuérniga correspondente á localidade de Carmona.

Actualidade

editar

A pesar de que a lei de comarcalización de Cantabria aínda non foi desenvolvida, existen unha serie de mecanismos de cooperación entre os distintos concellos da zona como poden ser as variadas mancomunidades: "Municipios del Nansa", "Ayuntamientos Reserva del Saja", "Valles de San Vicente" e "Valles del Saja y Corona".[2] Aínda que, a mancomunidade que mellor representa esta posible comarca é a Mancomunidade "Saja-Nansa" dentro da cal atopamos os seguintes municipios: Cabezón de la Sal, Cabuérniga, Herrerías, Lamasón, Mazcuerras, Peñarrubia, Polaciones, Rionansa, Ruente, San Vicente de la Barquera, Los Tojos, Tudanca, Udías, Val de San Vicente e Valdáliga.

Concellos máis poboados da comarca
Posición Concello Poboación
Cabezón de la Sal 8.032
Reocín 7.702
Mazcuerras 2.018

De entre eses municipios, San Vicente de la Barquera, Udías, Val de San Vicente e Valdáliga, non pertencen propiamente dito á comarca de Saja-Nansa, posto que están situados na comarca da Costa occidental.

A poboación total da comarca alcanza a cifra de 23.334 habitantes, segundo datos do INE do ano 2006. Segundo os datos do mesmo ano, os seus tres núcleos máis poboados, de maio a menor, son: Cabezón de la Sal (8.032), Reocín (7.702) e Mazcuerras (2.018). E os seus tres núcleos menos poboados, de menor a maior, son: Tudanca (201), Polaciones (251) e Lamasón (326).

Galería

editar
  1. Lei 8/1999, de 28 de abril, de comarcas da Comunidade Autónoma de Cantabria. [1] Arquivado 12 de decembro de 2009 en Wayback Machine.
  2. "Lista de Mancomunidades da provincia de Cantabria". Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2008. Consultado o 11 de novembro de 2011. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar