Val do Saja
O valle del Saja é unha unidade xeográfica da Comunidade autónoma de Cantabria (España). Abrangue o territorio da cunca media e alta do río Saja. No val distínguense dúas comarcas naturais:
- O curso medio alto denomínase xenericamente val de Cabuérniga, ocupado polos municipios de Los Tojos, Cabuérniga e Ruente, así como a Mancomunidade Campoo-Cabuérniga, seguindo a dirección Sur-Norte, con algún Val lateral de orientación Leste-Oeste nos afluentes, como o Argoza, que pasa polo pobo de Bárcena Mayor (Conxunto Histórico-Artístico), o Río Viaña, o Río Lamiña e tamén incluiriamos aquí a cunca do Río Bayones que provén dos montes de Ucieda.
- Desde A Hoz de Santa Lucía até San Pedro de Rudagüera denomínase val de Cabezón, cos municipios de Cabezón de la Sal, Mazcuerras e Reocín, pouco máis abaixo de Rudagüera e xa en Torrelavega, únese ao río Besaya (á altura da localidade de Ganzo), que, pola Ría de San Martín, preto de Suances, desemboca no Mar Cantábrico.
Tipo | val ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Comarca de Saja-Nansa, España ![]() | ||||
| |||||
Este val forma parte da variada orografía da Cordilleira Cantábrica. No curso alto encontramos as serras do Cordel, serras de Bárcena Mayor, montes de Cabuérniga e Ucieda e a Serra do Escudo de Cabuérniga, onde se forma a cluse de La Hoz de Santa Lucía, despois a orografía suavízase, as veigas son máis extensas e fican delimitadas polas Serras de Ibio e por pequenas lombas prelitorais.