San Claro de Vienne, tamén coñecido como Claro do Delfinado (en francés: Clair de Vienne, Clair du Dauphiné), nado en data descoñecida en Saint-Clair-du-Rhône (Reino de Borgoña) e finado arredor de 660 en Vienne, foi un relixioso e abade cristián, venerado como santo na Igrexa católica.

Infotaula de personaClaro de Vienne

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Saint-Clair-du-Rhône Editar o valor em Wikidata
Mortep. 1 de xaneiro de 660 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Vienne Editar o valor em Wikidata
Abade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrelixioso Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa1 de xaneiro
2 de xaneiro
3 de xaneiro Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Nado no actual Saint-Clair-du-Rhône en data descoñecida, e finado arredor de 660. Claro foi abade do mosteiro de San Marcelo de Vienne, no Reino de Borgoña. No Martiroloxio Romano é lembrado deste xeito:

En Vienne, de Borgoña (hoxe Francia), san Claro, abade do mosteiro de San Marcelo, que deixou aos seus monxes un exemplo de perfección relixiosa (660/670).[1]

A Vita sancti Clari recolle a súa traxectoria.[2]

Culto editar

O culto ao santo ten moita vitalidade na rexión de Vienne, onde está presente dende o século VIII, poucas décadas logo da morte do santo. A confirmación do culto veu por parte do papa Pío X en 1903.[3] Levan a súa advocación dez parroquias da rexión do Delfinado, e varios lugares levan o seu nome. As súas reliquias están en Aix-les-Bains.

A súa memoria é o 1 de xaneiro; porén, na diocese de Viviers se traslada ao día seguinte. Nas dioceses de Annecy, Chambéry, Grenoble e Lión ten rango de festividade, e celébrase tamén o 2 de xaneiro.

Notas editar

  1. Martirologio Romano (en castelán). En Vienne, de Borgoña (hoy Francia), san Claro, abad del monasterio de San Marcelo, que dejó a sus monjes un ejemplo de perfección religiosa (660/670) 
  2. Hen, Yitzhak; Meens, Rob, eds. (2004). The Bobbio Missal: Liturgy and Religious Culture in Merovingian Gaul. Cambridge University Press. p. 40. ISBN 9780521823937. 
  3. Barbé, Jean-Maurice (1994). Tous les prénoms (en francés). Editions Jean-Paul Gisserot. p. 94. ISBN 9782877471589. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar