Aix-les-Bains
Coordenadas: 45°41′18″N 5°54′55″L / 45.68833, -5.91528
Aix-les-Bains ( Ës en francoprovenzal) é un concello do departamento de Savoia, na rexión Ródano-Alpes, Francia, situado na costa sueste do lago de Bourget.
Aix-les-Bains | ||
---|---|---|
Èx-los-Bens | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Rexión | Ródano-Alpes | |
Departamento | Savoia | |
Distrito | Distrito de Chambéry | |
Xeografía | ||
Altitude | 224-524 msnm | |
Superficie | 12,62 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 29 580 hab. (2013) | |
Densidade | 2 344 hab/km² | |
Outros datos | ||
Código postal | 73100 | |
Alcalde | Dominique Dord (UMP) (2014-2020) | |
Sitio oficial |
HistoriaEditar
A cidade foi unha vila termal fundada polos romanos no ano 23 a.C., despois do ano 383 recibiu o nome de Aquae Gratianae para lembrar ao emperador Graciano, asasinado preto da vila. Aínda sobreviven numerosas edificacións da época romana, como as termas antigas e o arco romano de Campanus.
En 1816 estivo na vila (que por entón recibía o nome de Aix-en-Savoie) o escritor Alphonse de Lamartine, que escribiu aquí o seu célebre poema Le lac.
A economía da cidade depende case enteiramente do turismo.
AdministraciónEditar
O seu alcalde (2014) é Dominique Dord, da Unión por un Movemento Popular[1].
NotasEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Aix-les-Bains |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |