O Delfinado[1] é unha antiga provincia francesa, que se corresponde aproximadamente cos departamentos de Isère, Drôme e Alpes Altos.

Modelo:Xeografía políticaDelfinado
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 45°23′00″N 5°44′00″L / 45.383333333333, 5.7333333333333Coordenadas: 45°23′00″N 5°44′00″L / 45.383333333333, 5.7333333333333
CapitalGrenoble Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie19.931 km² Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1349 Editar o valor em Wikidata
Disolución1790 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata

As súas capitais sucesivas foron Vienne, Valence e Grenoble.

O Delfinado foi primeiramente un estado independente, formando parte do Sacro Imperio Romano-Xermánico. O seu soberano levaba o título de delfín de Viennois. O derradeiro delfín independente, Humberto II, sen herdeiro, vendeu a súa provincia ó rei Filipe VI de Francia, o 30 de marzo de 1349, polo tratado de Romans. A partir daquela, o Delfinado converteuse en posesión do herdeiro ao trono de Francia, que levará o título de delfín.

Lois XI de Francia foi o primeiro delfín en residir na súa provincia e en gobernala.

O Dauphiné libéré é un xornal con sede en Grenoble e que se difunde por toda a rexión de Ródano-Alpes e no norte da de Provenza-Alpes-Costa Azul.

Notas editar

  1. Ver entrada de «Occitania». Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1498. ISBN 9788482893600.