Clara Janés Nadal, nada en Barcelona o 6 de novembro de 1940, é unha polifacética poeta e tradutora catalá. En 1997 recibiu o Premio Nacional á obra dun tradutor polas súas numerosas traducións de autores centroeuropeos e orientais.

Clara Janés
Nome completoClara Janés Nadal
Nacemento6 de novembro de 1940
Lugar de nacementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de París
Ocupaciónlingüista, escritora, tradutora, ensaísta, biógrafa e poeta
Na rede
Dialnet: 75348
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Clara Janés estudou en Barcelona e en Pamplona a carreira de Filosofía e Letras, na que é licenciada. Tamén é Maître ès lettres pola universidade de París IV Sorbona, en literatura comparada.

Cultiva a poesía, a novela, a biografía e o ensaio e distínguese como tradutora, particularmente da lingua checa e da obra poética de Vladimír Holan e Jaroslav Seifert. Verteu tamén ao español a Marguerite Duras, Nathalie Sarraute, Katherine Mansfield e William Golding e, en colaboración con coñecedores das súas linguas, a poetas turcos e persas, tanto modernos como místicos antigos. En 1992 concédeselle o Premio da Fundación Tutav, de Turquía, polo seu labor de difusión da poesía turca en España. En 1997, o Premio Nacional de Tradución polo conxunto da súa obra. No ano 2000 recibe a Medalla do Mérito de Primeira categoría da República checa polo seu labor como tradutora e difusora da literatura de dito país, no ano 2007 recibe o X Premio Nacional das Letras "Teresa de Ávila".

Desde 1983 participa en encontros literarios nacionais e internacionais. A súa poesía foi traducida a vinte idiomas. Dirixe a colección Poesía del Oriente y del Mediterráneo, na que publicou a poetas como Yunus Emre, Sohrab Sepehrí, Adonis, Halas, Holan, Nezval, Orten, Seifert, Ilhan Berk, Yalal ud-Din Rumi, Odiseas Elitis, António Ramos Rosa, Wang Wei, Nâzim Hikmet, Nichita Stanescu, Du Fu, Johannes Bobrowski, Hafez, Mansur Hallay, Mahmud Darwish, Sujata Bhatt, Forugh Farrojzad, Abbas Kiarostami, Al-Mutanabbi, Safo, Rilke...

O xurado do XIV Certame Internacional de Poesía “Ciudad de Torrevieja” decidiu por unanimidade outorgar o galardón a Clara Janés polo seu poemario Río hacia la nada (2010).

En outubro de 2011, un xurado formado por Francisco Pino Jiménez, Jenaro Talens, Cristóbal Gabarrón, Carlos Aganzo e Antonio Piedra outorgoulle a Clara Janés o máximo galardón na primeira edición do Premio de Poesía Experimental Francisco Pino pola súa obra Movimientos Insomnes, da que o xurado do certame valorou a súa "orixinalidade" e "forza poética indubidable", mentres que La textura del aire, de Eduardo Fraile, e Incluso sin palabras, de Javier Dámaso, levaron o primeiro e o segundo accésit, respectivamente.

Obra editar

  • Isla del suicidio. Poesía.
  • Las estrellas vencidas, 1964. Poesía.
  • La noche de Abel Micheli, 1965. Novela.
  • Desintegración, 1969. Novela.
  • La vida callada de Federico Monpou, 1972. Biografía.
  • Tentativa de encuentro y tentativa de olvido, 1972.
  • Límite humano, 1973. Poesía.
  • Aprender a envejecer, 1973. Ensaio.
  • Poemas Rumanos, 1973. Poesía.
  • En busca de Cordelia y Poemas rumanos, 1975. Poesía.
  • Cartas a Adriana, 1976. Novela.
  • Antología personal (1959-1979)., 1979. Poesía.
  • Libro de alienaciones, 1980. Poesía.
  • Sendas de Rumanía, 1981. Novela.
  • Eros, 1981. Poesía.
  • Pureza canelo, 1981. Biografía.
  • Tentativa de olvido, 1982. Contos.
  • Roig, Montserrat. Before the civil war, 1982. Contos.
  • Pessarrodona, Marta. La búsqueda de Elizabeth, 1982. Contos.
  • Vivir, 1983. Poesía.
  • Fósiles, 1985. Poesía.
  • Kampa: poesía, música y voz, 1986. Poesía.
  • Las primeras poetisas en lengua castellana, 1986. Poesía.
  • Federico Mompou: vida, textos y documentos, 1987. Ensaio.
  • Lapidario, 1988. Poesía.
  • Creciente fértil, 1989. Poesía.
  • Los caballos del sueño, 1989. Novela.
  • Jardín y laberinto, 1990. Biografía.
  • Esbozos, 1990. Poesía.
  • El hombre de Adén, 1991. Novela.
  • Emblemas, 1991. Poesía.
  • Espejismos, 1991. Novela.
  • Las palabras de la tribu: escritura y habla, 1993. Ensaio.
  • Rosas de fuego, 1996. Poesía.
  • Cirlot, el no mundo y la poesía imaginal, 1996. Ensaio.
  • Diván del ópalo de fuego, 1996. Poesía.
  • Espejos de agua, 1997. Contos.
  • El persa. Cuento. Contos.
  • Arcángel de sombra, 2000. Poesía.
  • Los secretos del bosque, 2002, Visor. Poesía.
  • La voz de Ofelia, 2005, Siruela. Autobiografía.
  • Poesía amorosa y erótica, Editorial Vaso Roto, 2010.
  • Vilanos, 2004. AdamaRamada. Poesía.
  • Huellas sobre una corteza 2004, Cuadernos del Mediterráneo, Ediciones El Toro de Barro. Poesía.
  • El espejo de la noche, centenario de Vladimir Holan, 2005. Ensaio.
  • Brancusi, 2005. Poesía.
  • Espacios traslúcidos, 2007. Editorial Casariego. Poesía.
  • La indetenible quietud. En torno a Eduardo Chillida, 2008. Editorial Siruela. Poesía.
  • Las voces acalladas de las mujeres. www.adamaramada.org Colección: Pliegos adamar , 2008.
  • Río hacia la nada, 2010, Plaza & Janés. Poesía.
  • Variables ocultas, Editorial Vaso Roto, 2010, poesía.
  • Peregrinaje, Editorial Salto de página, 2011, poesía.
  • De la realidad y la poesía. Tres conversaciones y un poema. Con Antonio Gamoneda e Mohsen Emadí, editorial Vaso Roto, 2010.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar