Civilización cartaxinesa


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.

A civilización cartaxinesa ou púnica[1] é unha civilización púnica é unha civilización antiga apousentada na conca do Mediterráneo e á orixe dunha das máis grandes potencias comerciais, culturais e militares desta rexión na Idade Antiga.

A cidade de Cartago, que lle deu o nome, foi fundada polos fenicios na marxe da actual Tunisia, con máis precisión no golfo de Tunisia, no ano 814 a.C., segundo a tradición máis usual. Cartago foi pouco a pouco gañando influencia sobre as outras cidades fenicias do Mediterráneo occidental, acadando a súa independencia ao redor do 650 a.C., antes de desenvolver a súa propia civilización e perdurando até o final do século III a.C..

Pola meirande parte da súa historia, Cartago estivo en relacións hostís cos gregos en Sicilia e coa República Romana. Estas tensións provocaron os conflitos armados das Guerras Sicilianas e Guerras púnicas, que acabaron coa destrución de Cartago polo exército romano no final da Terceira guerra púnica en 146 a.C.. Case todas as cidades-Estado fenicias e antigos territorios cartaxineses terminaron en mans romanas.

A civilización cartaxinesa xurdiu da mestura da cultura indíxena dos bérberes do Norte de África coa dos colonos fenicios. Por iso non é fácil distinguir aquilo que se debe aos cartaxineses e aquilo que se debe aos fenicios nos achados arqueolóxicos descubertos nas escavacións, cuxo dinamismo desde os anos 1970 abriu vastos campos de estudo onde é evidenciada unha unidade na civilización malia as particularidades locais. Porén dos progresos, moitos aspectos da civilización non material permanecen descoñecidos, debido á natureza das fontes dispoñíbeis, sempre secundarias, pois toda a literatura púnica desapareceu, con lagoas e a miúdo subxectiva.

Notas editar

  1. "Púnica" quere dicir "fenicio" en latín, sabendo que a verba "fenicio" vé do grego Φοινικήϊος ou Phoinikếïos. A mesma tamén está influída pola verba grega para púrpura (φοῖνιξ ou phoĩnix), un dos produtos nos que os fenicios eran famosos.

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.