Civilización árabe-musulmá
páxina de homónimos de Wikimedia
A civilización árabe-musulmá, tamén coñecida como civilización islámica ou civilización musulmá referírese á civilización das sociedades e espazos xeográficos onde esta se desenvolveu en distintos períodos históricos, fundamentalmente:
- O islam clásico, período que:
- comeza co final da Arabia preislámica (século VII),
- inclúe o Imperio islámico ou Imperio árabe, os primeiros califatos (séculos VII e VIII),
- a Idade de Ouro do Islam ou Renacemento islámico, desde o século VIII até o século XIII ou o XV, e
- culmina co apoxeo do Imperio otomán, entre a Caída de Constantinopla (1453) e o segundo sitio de Viena (1683).
- O Mundo islámico da actualidade.
Nos seus aspectos relixiosos comprende:
- O islam ou relixión islámica, cuxos crentes reciben o nome de musulmán.
- A Umma ou comunidade de crentes, que ás veces se utiliza con valor político.
- Dar al-Islam (Dar el Islam, ou Dar al Islam, traducíbel por "Terra do Islam" ou, literalmente, "a casa —ou o fogar— do Islam", ou "da submisión") para designar as terras controladas por gobernos musulmáns, fronte a Dar al-Harb, as terras habitadas polos non musulmáns (literalmente, "a casa da guerra").
E nos sus aspectos culturais por:
- A cultura musulmá ou cultura islámica que, a pesar da impropiedade, adoita identificarse coa civilización árabe ou cultura árabe, identificábel con estes termos por ser a cultura ou civilización (conceptos de equívoco significado) que utiliza o lingua árabe, a literatura árabe e a relixión islámica como os seus principais sinais de identidade. Porén, hai musulmáns de lingua e cultura non árabes, como os de Irán (lingua persa), Paquistán (lingua urdú) ou Indonesia (lingua indonesia).
- A arabización que, máis alá da conversión ao islam (que pode producirse ou non), leva ao arabizado a asimilarse á lingua e cultura árabes e, co paso das xeracións, a identificarse como árabe.
Non debe confundirse con outros conceptos non idénticos:
- O Mundo árabe ou civilización árabe; hai árabes de lingua e cultura, pero non islámicos de relixión, como os cristiáns do Líbano, Siria ou Palestina.
- Arabia ou península Arábiga, concepto de xeografía física.
- Arabia Saudita, un estado, concepto de xeografía política.
- O pobo árabe, entendido como un pobo, concepto da ciencia política; ou como unha raza ou etnia, concepto de antropoloxía cultural (máis que de antropoloxía física).