Christian Goethals
Christian Roger Xavier Marie Joseph Ghislain Goethals, nado en Heule o 4 de agosto de 1928 e finado en Kortrijk o 26 de febreiro de 2003, foi un piloto de carreiras belga.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de agosto de 1928 ![]() Courtrai, Bélxica ![]() |
Morte | 26 de febreiro de 2003 ![]() Courtrai, Bélxica ![]() |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, enxeñeiro, piloto de carreiras ![]() |
Deporte | automobilismo ![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Traxectoria
editarGoethals competiu como afeccionado nas carreiras de automóbiles deportivos, pilotando un Porsche Spyder durante a década de 1950.[1] Os seus mellores resultados foron un segundo lugar co seu irmán no evento da clase de 1500cc de 1956 en Reims e a vitoria na mesma clase ao ano seguinte en Forez.[2] Goethals adquiriu un Cooper - Climax e participou na clase de Fórmula 2 do Gran Premio de Alemaña de 1958, pero retirouse da carreira.[1] Non participou noutro Gran Premio de Fórmula Un, e regresou aos coches deportivos, con notables resultados en 1960, quinto nos 1000 km de Bos Aires e segundo no GP de Spa.[2] Retirouse das carreiras máis tarde durante a tempada.
Fundou un equipo de carreiras chamado Écurie Éperon d'Or para participar no Gran Premio de Alemaña de 1958[3] onde correu cun Cooper T43.[4]
Goethals era o fillo máis novo de René Goethals (1876-1928), un nobre e maior de Heule, preto de Courtrai, e de Jeanne Mols (1884-1968). Estaba casado con Julie Opsomer.
Resultados completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1958 | Ecurie Eperon d'Or | Cooper T43 | Coventry Climax | ARX | MON | NED | 500 | BEL | FRA | GBR | ALE Ret |
POR | ITA | MAR | NC | 0 |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Christian Goethals profile". GrandPrix.com. Inside F1. Consultado o 28 de abril de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 "Statistics: Christian Goethals". Grand Prix Archive. Crash Media Group. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 28 de abril de 2012.
- ↑ "Écurie Éperon d'Or". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 07 de marzo de 2018.
- ↑ "Formula 1 history showing every racer who ever used the Cooper T43". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 07 de marzo de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Christian Goethals |
Bibliografía
editar- SMALL, Steve (1999): Grand Prix Who is Who, Travel Publishing, Londres 1999, ISBN 1-902007-46-8.
- Small, Steve. The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. p. 160. ISBN 0851127029.
- DE MARNIX DE SAINTE ALDEGONDE, Humbert (2007): État présent de la noblesse belge. Annuaire Bruxelas (en francés)