Chamaecyparis thyoides

especie de planta

Chamaecyparis thyoides é unha especie de conífera da familia das cupresáceas (Cupressaceae), subfamilia das cupresoideas (Cupressoideae), unha das seis incluídas no xénero Chamaecyparis.

Chamaecyparis thyoides
Falso ciprés branco americano, camecíparis branco americano

Chamaecyparis thyoides
cerca do bordo dun pantano en Nova Jersey.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Cupressaceae
Subfamilia: Cupressoideae
Xénero: Chamaecyparis
Especie: C. thyoides
Nome binomial
Chamaecyparis thyoides
(L.) Britton, Sterns & Poggenb., 1888
Área de dispersión natural de Ch. thyoides.
Área de dispersión natural de Ch. thyoides.

Área de dispersión natural de Ch. thyoides.
Sinonimia
Véxase o texto
Follaxe e conos brancos.

Propia da costa do océano Atlántico de Norteamérica, distribúese desde o estado de Maine até o sur do de Xeorxia, cunha poboación illada no golfo de México, e pola costa da Florida, até o río Mississippi.[1]

Crece en lugares húmidos, nas chairas costeiras a altitudes desde o nivel do mar até os 50 m e, máis raramente, no sopé dos montes Apalaches até os 460 m de altitude.[1] [2] [3]

Características editar

É unha árbore perennifolia que alcanza entre os 20 e os 28 m de altura (raramente chega aos 35 m), con follaxe plumosa moderadamente aplanada, de cor que pode ir da verde á verdeazulada. As folla son escamentas, de 2 a 4 mm de longo, as máis delas cunha glándula resinífera dorsal, e se presentann en pares opostos en brotes algo aplanados. As piñas ou conos son subglobosas, pequenas, de 4 a 9 mm de diámetro, con de 6 a 10 escamas, verdes ou moradas, que tornan a cor parda cando maduran, de 5 a 7 meses despois da polinización. As piñas con pole son de cor purpúrea ou parda, de entre 1,5 e 3 mm de longo e de 1 a 2 mm de ancho, liberando o seu polen amarelo en primavera.[2] [4] [5] [6]

A copa é flamíxera (en forma de chama), estreitándose cara á cima, arredondada. A casca dos troncos é de cor parda escura ou parda agriusada apagada, fendéndose en capas de longas láminas verticais.[6]

O seu crecemento é moi lento, e a súa vida bastante curta.[6]

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi orixinalmente descrita en 1753 por Carl von Linné na páxina 1003 do volume 2 da súa obra Species Plantarum, baixo o nome de Cupressus thyoides. En 1888, no catálogo preliminar de Anthophyta and Pteridophyta, foi rexistrada como crecendo espontaneamente ao redor dunhas cen millas na contorna de Nova York por Nathaniel Lord Britton, Emerson Ellick Sterns e Justus Ferdinand Poggenburg, que a reclasificaron dentro do xénro Chamaecyparis.[7]

Sinónimos editar

Ademais de polo seu nome actual, e polo basónimo (nome que lle adxudicou Linnaeus cando a describiu por primeira vez, a especie tamén se comeceu polos seguintes sinónimos:[8]

  • Chamaecyparis atrovirens Beissn.
  • Chamaecyparis ericoides Carrière
  • Chamaecyparis kewensis Carrière
  • Chamaecyparis nana Parl.
  • Chamaecyparis pseudosquarrosa Parl.
  • Chamaecyparis pumila Carrière
  • Chamaecyparis sphaeroidea (Spreng.) Spach
  • Chamaecyparis squarrosa Carrière
  • Chamaecyparis variegata Carrière
  • Cupressus ericoides Beissn.
  • Cupressus palustris Salisb.
  • Cupressus pseudosquarrosa (Carrière) Lavallée
  • Cupressus thyoides L. (basónimo)
  • Retinispora andelyensis Carrière
  • Retinispora pseudosquarrosa Carrière
  • Thuja sphaeroidalis Rich. & A.Rich.
  • Thuja sphaeroidea Spreng.
  • Widdringtonia ericoides Knight

Subespecies editar

Recoñécense dúas subespecies, xeograficamente illadas, tratadas por algúns botánicos como especies distintas, mentres que outros considéranas como unha soa variedade:[1] [2] [4] [9]

  • Chamaecyparis thyoides thyoides. Costa do Atlántico, de Maine a Xeorxia. As follas e os conos xeralmente de cor verdazuladae, follas planas faciais, non ríxidas, e con piñas de 4 a 7 mm de longo. (Status: preocupación menor).
  • Chamaecyparis thyoides henryae. Costa do golfo de México, da Florida ao Mississippi. As follas e os conos son sempre verdes, non glaucas; as follas presentan unha crista lonxitudinal, e os conos son de 6 a 9 mm de longo. (Status: case ameazada).

Cultivo e usos editar

Chamaecyparis thyoides é unha especie de relativa importancia para a horticultura como árbore de xardín, con varios cultivares segundo o método de cultivo que se seleccionara para a plantación, lográndose espécimes de diferentes tamaños e formas da copa, taxas de crecemento e cor das follas. Entre estes cultivares están 'Aurea' (con follaxe amarela), 'Heatherbun' (anana, de cor púrpura en inverno),[10] 'Andelyensis' (anana, con follaxe densa), 'Ericoides' (con follaxe xuvenil), e 'Glauca' (con follaxe glauca intensa).[4]

Nalgúns lugares, particularmente no condado de Mobile, Alabama, esta árbore cultívase como árbore de Nadal.[11]

En Galicia editar

En xardíns e parques de Galicia esta especie e pouco abundante, pero pódense ver exemplares dela no Parque de Castrelos de Vigo e no Campus Sur da Universidade de Santiago.[12]

Nome en galego editar

Posíebeis nomes en galego poderían ser falso ciprés branco americano ou camecíparis branco americano.[6]

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Chamaecyparis thyoides na Lista vermella da UICN Versión 2017-3. Consultada o 19 de decembro de 2017.
  2. 2,0 2,1 2,2 Farjon 2005.
  3. Germplasm Resources Information Network: Chamaecyparis thyoides Arquivado 16 de outubro de 2008 en Wayback Machine..
  4. 4,0 4,1 4,2 Rushforth 1987.
  5. Castro, Freire & Preunell 1989, p. 71.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mitchel 1979, p. 87.
  7. Chamaecyparis thyoides (L.) Britton, Sterns & Poggenb. en Tropicos.
  8. "Chamaecyparis thyoides". The Plant List. Consultado o 21 de outubro de 2017. 
  9. Mylecraine, K. A. et al. (2004): "Geographic allozyme variation in Atlantic white-cedar, Chamaecyparis thyoides (Cupresseceae)". Canadian Journal of Forest Research 34: 2443–2454.
  10. Cope, E. A. (1986): Native and Cultivated Conifers of Northeastern North America: a guide. Ithaca, N.Y., USA: Cornell University Press. ISBN 0-8014-1721-X, p. 68.
  11. Ward, Daniel (1989): "Commercial Utilization of Atlantic white cedar (Chamaecyparis thyoides, Cuppressaceae)". Economic Botany 43 (3): 386–415.
  12. Castro, Freire & Prunell 1989, p. 73.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar