Chamadoira (apelido)

Chamadoira é un apelido galego de natureza toponímica, que ten a súa orixe no concello de Cerdedo-Cotobade, no barrio de Chamadoira. Podería provir dun termo latino que designaba os lugares fronteirizos ou simplemente zonas entre dous territorios determinados, sinónimo de fito ou marco.

Rexístrase o topónimo, segundo datos do Arquivo do Reino de Galicia no ano 1745:

Los vecinos de San Martín de Figueroa con los del lugar de Chamadoira. Auto ordinario sobre reparar y mantener la mitad del puente

Distribución xeográfica editar

En Galicia, segundo a Cartografía dos apelidos de Galicia[1], con datos do censo de 2001 había un total de 254 persoas con ese apelido, principalmente nos concellos de Pontevedra, Vigo e Gondomar.

En España[2] con datos procedentes da Estatística do Padrón Continuo, data de 01/01/2016 hai 407 persoas con este apelido (243 lévano como primeiro apelido e 164 como segundo), por mor da emigración, en lugares como A Rioxa, Asturias ou Guadalaxara. Tamén se atopan en abundancia na Arxentina e o Brasil.

Liñaxe e pedras armeiras editar

Segundo a GEG, é de orixe galega. Levaron como brasón en ouro, dúas bandas de azur, acompañadas de 5 roeis da mesma cor, 3 no oco central e un nos outros ocos.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar