Cesalpinioideas
Caesalpinioideae

Caesalpinia pulcherrima
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Caesalpinioideae
DC., 1825
Tribos
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

A das cesalpinioideas (Caesalpinioideae) é unha subfamilia de plantas fanerógamas dicotiledóneas da orde das fabales e familia das fabáceas.

Delonix regia en Santo Domingo, Oaxaca
Follas e froitos de Caesalpinia pulcherrima en Barbados.

Nela encóntranse a alfarrobeira, a árbore de Xudea, a acacia de tres espiñas e a acacia negra. Habitan preferentemente nas rexións cálidas, e están moi ben representadas nas rexións tropicais de África e América, e son especies a miúdo xigantescas.[1]

A subfamilia comprende 178 xéneros,[2] e aproximadamente 1 900 especies.

Os xéneros máis representados son Senna (con 350 especies), Chamaechrista (265) e Caesalpinia (100).[3]

Taxonomía editar

Descrición editar

A subfamilia foi descrita en 1825 polo médico e botánico suízo Augustin Pyrame de Candolle.[2]

Etimoloxía editar

O nome científico Caesalpinioideae está formado dobre a raíz do nome do seu xénero tipo Caesalpinia, coa adición do sufixo do latín científico -oideae, propio dos nomes das tribos de vexetais.

Sinónimo editar

Ademais de polo nome actualmente válido, a tribo coñeceuse tamén polo sinónimo:[2]

  • Caesalpiniaceae Klotzsch & Garcke (nome de familia).

Clasificación editar

Na clasificación tradicional das leguminosas, os xéneros das cesalpinioideas agrupábanse en catro tribos:

Nota taxonómica editar

A tribo Cercideae estivo incluída nalgunhas clasificacións na subfamilia Papilionoideae. Actualmente, esta tribo, xunto con Detarieae, considéranse un clado independente desta subfamilia.[3]

As análises filoxenéticas baseadas no ADN destas especies levan a reconsiderar esta clasificación. Porén, até agosto de 2008, non hai publicada ningunha nova clasificación formal desta subfamilia.

Característcas editar

 
Espécimes de Colophospermum mopane en Namibia

Son árbores, subarbustos ou, ás veces, herbas ou plantas rubideiras. As follas son pinnadas o bipinnadas, nalgúns casos (por exemplo, en Gleditsia) ambos os tipos foliares poden acharse na mesma árbore; finalmente, hai especies áfilas. As flores son zigomorfas, rara vez actinomorfas. A prefloración é imbricada, rara vez valvar; dise "ascendente": o estandarte é interno, cuberto nos seus bordos polos pétalos veciños. A corola é variada, grande, mediana ou pequena, ten pétalos libres (é dialipétala) polo menos na base, e moi a miúdo os pétalos son unguiculados. O androceo está formado polo xeral por 10 estames, libres ou soldados en grupos, igualando a altura dos pétalos, ou cubertos por eles. O pole é libre, e o tegumento seminal non presenta "líña fisural". O óvulo é anátropo. As sementes teñen embrión recto, co fío apical ou subapical, pequeno. A estrutura floral é moito máis variada que na subfamilia das Mimosoideas. As flores dispóñense en acios ou panículas, en xeral de medianas a grandes, rara vez pequenas, e en espigas densas. O froito es dehiscente ou indehiscente, moi variábel.

Varias especies de cesalpinoideas cultívanse con fins decorativos, forestais, industriais ou medicinais.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Burkart, A. (1987): "Leguminosas". En: Dimitri, M. Enciclopedia Argentina de Agricultura y Jardinería. Tomo I. Descripción de plantas cultivadas. Buenos Aires: Editorial ACME S.A.C.I., pp.: 467-538.
  2. 2,0 2,1 2,2 Subfamily Caesalpinioideae DC. na BioLib. Consultada o 25 de xullo de 2022.
  3. 3,0 3,1 Steven, P. F. (2001). "Fabaceae". Angiosperm Phylogeny Website. Versión 7, maio de 2006. Consultado o 25 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bruneau, B., F. Forest, P. S. Herendeen, B. B. Klitgaard & G. P. Lewis (2001): "Phylogenetic relationships in the Caesalpinioideae (Leguminosae) as inferred from chloroplast trnL intron sequences". Systematic Botany 26: 487–514 (enlace ao resume do traballo aquí).
  • Haston, E. M., G. P. Lewis & J. A. Hawkins (2003): "A phylogenetic investigation of the Peltophorum group (Caesalpinieae: Leguminosae)". Páxinas 149-159, en Advances in Legume Systematics, part 10, higher level systematics (B. B. Klitgaard and A. Bruneau, eds.). Royal Botanic Gardens, Kew. UK.
  • Haston, E. M., G. P. Lewis & J. A. Hawkins (2005): "A phylogenetic reappraisal of the Peltophorum group (Caesalpinieae: Leguminosae) based on the chloroplast trnL-F, rbcL, and rps16 sequence data". American J. Botany 92: 1359-1371.
  • Herendeen, P. S., A. Bruneau & G. P. Lewis (2003): "Phylogenetic relationships in caesalpinioid legumes: a preliminary analysis based on morphological and molecular data". Páxinas 37-62 en Advances in Legume Systematics, part 10, higher level systematics (B. B. Klitgaard and A. Bruneau, eds.). Royal Botanic Gardens, Kew. UK.
  • Herendeen, P. S., A. Bruneau & G. P. Lewis (2003): "Floral morphology in caesalpinioid legumes: testing the monophyly of the "Umtiza clade"". International J. Plant Sciences 164 (5 Suppl.): S393-S407.
  • Irwin, H. S. & R. C. Barneby (1981): "Cassieae Bronn". Páxinas 97-106 en Advances in legume systematics, part 1 (R. M. Polhill and P. H. Raven, eds.). Royal Botanic Gardens, Kew. UK.
  • Kajita, T., H. Ohashi, Y. Tateishi, C. D. Bailey & J. J. Doyle (2001) "rbcL and legume phylogeny, with particular reference to Phaseoleae, Millettieae, and Allies". Systematic Botany 26: 515-536.
  • Lewis, G. P. (2005) a: "Cassieae". Pñaxinas 111-125 en Legumes of the World (Lewis, G., B. Schrire, B. MacKinder, and M. Lock, eds.). Royal Botanic Gardens, Kew. UK.
  • Lewis, G. P. (2005) b: "Caesalpinieae/. Páxinas 127-161 en Legumes of the World (Lewis, G., B. Schrire, B. MacKinder, and M. Lock, eds.). Royal Botanical Gardens, Kew. UK.
  • Lewis, G. P. & B. D. Schrire (1995): "A reappraisal of the Caesalpinia group (Caesalpinioideae: Caesalpinieae) using phylogenetic analysis". Páxinas 41-52 en Advances in Legume Systematics 7, phylogeny (M. D. Crisp and J. J. Doyle, eds.). Royal Botanic Gardens, Kew. UK.
  • Luckow, M., J. T. Miller, D. J. Murphy & T. Livshultz (2003): "A phylogenetic analysis of the Mimosoideae (Leguminosae) based on chloroplast DNA sequence data". Páxinas 197-220 en Advances in Legumes Systematics, part 10, higher level systematics (B. B. Klitgaard and A. Bruneau, eds.). Royal Botanic Gardens, Kew. UK.
  • Marazzi, B., P. K. Endress, L. P. de Queiroz & E. Conti (2006): "Phylogenetic relationships within Senna (Leguminosae, Cassinae) based on three chloroplast DNA regions: patterns in the evolution of floral symmetry and extrafloral nectaries". American J. Botany 93: 288-303.
  • Simpson, B. B., L. L. Larkin & A. Weeks (2003): "Progress towards resolving the relationships of the Caesalpinia group (Caesalpinieae: Caesalpinioideae: Leguminosae)". Páxinas 123-148 en Advances in Legume Systematics, part 10, higher level sytematics (B. B. Klitgaard and A. Bruneau, eds.). Royal Botanic Gardens, Kew. UK.
  • Simpson, B. B. & G. P. Lewis (2003): "New combinations in Pomaria (Caesalpinioideae: Leguminosae)". Kew Bulletin 58: 175-184.
  • Wojciechowski, M. F., M. Lavin & M. J. Sanderson (2004): "A phylogeny of legumes (Leguminosae) based on analysis of the plastid matK gene resolves many well-supported subclades within the family". American J. Botany 91: 1846-1862.