Thomas Cavalier-Smith

(Redirección desde «Cavalier-Smith»)

Thomas Cavalier-Smith, nado o 21 de outubro de 1942 e finado o 19 de marzo de 2021, foi un biólogo anglo-canadense, profesor titular de Bioloxía Evolutiva do departamento de Zooloxía da Universidade de Oxford e presidente da British Society for Protist Biology.

Modelo:BiografíaThomas Cavalier-Smith

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de outubro de 1942 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte19 de marzo de 2021 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
EducaciónKing's College de Londres
Gonville and Caius College (pt) Traducir
Norwich School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica e Bioloxía evolutiva Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo, biólogo evolutivo, protistologist (en) Traducir, botánico, catedrático, microbiólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oxford
King's College de Londres Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaCaval.-Sm. Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaCavalier-Smith Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeEma E-Yung Chao Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webzoo.ox.ac.uk… Editar o valor en Wikidata

Está considerado como o principal protozoólogo do mundo e foi o responsábel dunha mellor comprensión do tronco da árbore da vida, que é a filoxenia profunda. Estableceu máis novas clases e filos que calquera biólogo na historia.

No 2004 outorgáronlle o Premio Internacional de Bioloxía e, en 2007, a Medalla Lineana de Zooloxía e mais o Premio Frink.

Traxectoria

editar

Crítico coas clasificacións clásicas dos seres vivos, gustaba de atacar as ideas que consideraba equivocadas. Para isto, realizou numerosas publicacións sobre a clasificación filoxenética e a orixe evolutiva dos seres vivos, especialmente de todos aqueles que non podemos ver a simple vista, como protistas e bacterias. Para isto baseouse no entendemento das principais transicións evolutivas, como a orixe dos eucariotas, a evolución molecular, a bioloxía celular, a ultraestrutura, a ecoloxía, a taxonomía, o rexistro fósil etc.

O seu laboratorio enfocouse na evolución e a bioxeografía de protozoos, en especial ameboides e flaxelados de vida libre, usando o cultivo celular, a secuenciación do ADN (xenes e xenomas), a bioinformática e a microscopia de luz e electrónica.

Os seus intereses teóricos eran moito máis amplos, chegando á diversificación dos principais grupos bacteriais e eucariotas.

Un dos seus traballos máis importantes é a teoría dos seis reinos, dividindo en 1981 a Protista en dous novos reinos: Chromista e Protozoa, cambiando a clasificación de Margulis grosso modo. Propón a Protozoa como un reino basal do que se orixinaron os demais reinos eucariotas superiores, dous heterótrofos: Animalia e Fungi, e dous autótrofos: Plantae e Chromista, este último aínda en debate e que corresponde a algas con c e organismos emparentados non fotosintetizadores. Divide a Protozoa nos supergrupos: Alveolata, Rhizaria, Excavata, Amoebozoa e Choanozoa, considerando a Chromista e Alveolata cun antepasado común: Chromalveolata, teoría que apoiaron despois estudos moleculares e morfolóxicos.

Tratou nas súas publicacións temas como a endosimbiose, a orixe dos orgánulos celulares ou o tamaño do xenoma.

Outro estudo importante refírese ao desenvolvemento evolutivo dos procariontes, aos que agrupa nun único reino, Bacteria, o cal ten un subreino basal ou ancestral: Negibacteria, das bacterias gramnegativas, as cales diverxeron por perda da membrana externa en Unibacteria (bacterias grampositivas) e estas á súa vez no clado Neomura, que finalmente daría orixe a dous clados irmáns: Archaebacteria e Eukaryota, os cales son moito menos antigos que as primeiras bacterias.

Os seus estudos foron sumamente controvertidos, porén na súa maior parte veñen sendo aceptados gradualmente pola comunidade científica.

Principais publicacións

editar

Abreviaturas

editar

A abreviatura Caval.-Sm. emprégase para indicar a Thomas Cavalier-Smith como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.

A abreviatura Cavalier-Smith emprégase para indicar a Thomas Cavalier-Smith como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar