Neomuros

(Redirección desde «Neomura»)
Este artigo trata sobre un clado proposto que non é aceptado pola maioría da comunidade científica
Neomura
Rango fósil: do Neoproterozoico ao Recente[1]

Hirudo medicinalis, unha samesuga (Eukaryota: Animalia)
Clasificación científica
Subreino: Unibacteria[1]
(sen clasif.) Clado Posibacteria(filo)[1]
(sen clasif.): Clado Actinobacteria(Subfilo)[1]
Dominios e filos
Dominio Eukaryota

Os neomuros ou Neomura ("paredes novas") é un clado de seres vivos proposto por Thomas Cavalier-Smith composto por dous dominios de seres vivos, as Archaea e os Eukaryota.[2] Thomas Cavalier-Smith denominounos "paredes novas" (Neomura) porque se cre que evolucionaron a partir de Bacteria ao substituíren as súas paredes de peptidoglicano por outras feitas de glicoproteínas.

Thomas Cavalier-Smith afirmou: "Os eucariotas e as arquebacterias forman o clado neomura e son irmáns, como mostran decisivamente xenes fragmentados só en arquebacterias e moitas árbores de secuencias. Esta irmandade refuta todas as teorías de que os eucariotas se orixinaron ao fusionárense unha arquebacteria e unha α-proteobacteria, as cales tamén fallan ao explicar as numerosas características compartidas especificamente por eucariotas e actinobacterias."[2]

Por tanto, Archaea e Eukarya serían grupos irmáns, pero as arqueas adaptáronse a ambientes quentes e ácidos, substituíndo os lípidos acilo-éster das bacterias por lípidos prenil-éter, e usando as glicoproteínas como unha nova parede ríxida, e mantiveron a organización celular bacteriana. Os eucariotas, ao contrario, usaron a nova superficie de proteínas como unha capa flexible que deu lugar á fagocitose e que levou, en última instancia, a mudar a estrutura da célula.

LUA  

Chlorobacteria

Hadobacteria

Cyanobacteria

Gracilicutes

Eurybacteria

Endobacteria

Actinobacteria

 Neomura 

Archaea

Eukarya

Morfoloxía

editar

Os Neomura son un grupo moi diverso, que contén todas as formas de vida multicelulares, e tamén toas as especies máis extremófilas unicelulares, que comparten certas características moleculares. Todos os neomuros teñen histonas que axudan ao empaquetamento dos cromosomas, e a maioría teñen intróns nos seus xenes. Todos utilizan a metionina como aminoácido iniciador da síntese de proteínas (as Bacteria utilizan no seu lugar a formilmetionina). Finalmente, todos os neomuros usan varias formas de ARN polimerase, mentres que as Bacteria teñen só unha.

Historia

editar
 
Árbore filoxenética que mostra como os Eukaryota e as Archaea están máis relacionados entre si que coas Bacteria, baseado na teoría de Cavalier-Smith da evolución bacteriana. (LUCA, unha variante de LUA, significa último antepasado común universal.)

Cando Carl Woese publicou o seu sistema de tres dominios, críase que os dominios Bacteria, Archaea, e Eukarya eran igual de antigos e estaban relacionados dun modo igual na árbore da vida. Porén, certas evidencias empezaron a suxerir que Eukarya e Archaea estaban máis estreitamente relacionados entre si que coas Bacteria. Estas evidencias incluían o uso polo antepasado común de colesterol e proteasomas, que son moléculas e complexos moleculares que non se encontran na maioría das bacterias. Así, empezou a pensarse que debía de haber dúas ramas de seres vivos: Bacteria e Neomura.

Pero máis recentemente, Cavalier-Smith presentou evidencias de que os Neomura evolucionaron a partir de Bacteria. A proba máis forte é que case todos os eucariotas coñecidos teñen mitocondrias, que case con seguridade se orixinaron por endosimbiose cunha alfaproteobacteria (un grupo moi evolucionado de bacterias). Se Eukarya é tan antigo coma Bacteria, case seguro que se tería ramificado durante os moitos millóns de anos durante os que evolucionu nas Bacteria a respiración aeróbica realizada hoxe nas mitocondrias, e algúns eucariotas terían evolucionado sen mitocondrias.

Unha pequena pero importante proba é que o colesterol e os proteasomas que se encontran en Neomura tamén se encontran nas Actinobacteria, que son quizais as bacterias máis evolucionadas. É improbable que moléculas desta complexidade evolucionen máis dunha vez en ramas separadas, polo que hai que pensar que ou ben houbo unha transferencia horizontal de xenes desas dúas vías, ou ben os Neomura evolucionaron a partir desta rama particular da árbore bacteriana. Esta teoría da evolución dos Neomura é a que se mostra no esquema da imaxe da dereita.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Cavalier-Smith T (2006). "Rooting the tree of life by transition analyses". Biol. Direct 1: 19. PMC 1586193. PMID 16834776. doi:10.1186/1745-6150-1-19. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2019. Consultado o 01 de xullo de 2014. 
  2. 2,0 2,1 Cavalier-Smith T (March 2002). "The phagotrophic origin of eukaryotes and phylogenetic classification of Protozoa". Int. J. Syst. Evol. Microbiol. 52 (Pt 2): 297–354. PMID 11931142. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2017. Consultado o 01 de xullo de 2014. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar