Carolina de Mónaco

política monegasca

Caroline Louise Marguerite Grimaldi, nada en Mónaco o 23 de xaneiro de 1957, é a filla máis vella dos príncipes Rainiero III e Grace de Mónaco. Está casada co Príncipe Ernsto Augusto de Hanover, herdeiro do desaparecido reino de Hanover.[1]

Modelo:BiografíaA Súa Alteza Serenísima Editar o valor en Wikidata
Carolina de Mónaco

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Caroline Louise Marguerite Grimaldi Editar o valor en Wikidata
23 de xaneiro de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Palácio do príncipe do Mónaco (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Herdeira presuntiva Príncipe de Mónaco
6 de abril de 2005 – 10 de decembro de 2014
← Alberte II de MónacoJacques do Mónaco (pt) Traducir →
Embaixadora de boa vontade de UNICEF
2 de decembro de 2003 –
Herdeira presuntiva Príncipe de Mónaco
23 de xaneiro de 1957 – 14 de marzo de 1958
← Rainerio III de MónacoAlberte II de Mónaco → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMonaco-Ville Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto de Estudos Políticos de París
St Mary's School (en) Traducir
Sorbona - filosofía
Lycée Fénelon, Paris (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata, Embaixador da Boa Vontade (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUNICEF Editar o valor en Wikidata
Deportehípica
natación
Esquí
esqui aquático (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPrincesa (1957–) Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Grimaldi e Casa de Hannover Editar o valor en Wikidata
CónxuxeErnst August V, Príncipe de Hanôver (1999–)
Stefano Casiraghi (1983–1990), morte do cónxuxe
Philippe Junot (1978–1980), divorcio Editar o valor en Wikidata
ParellaVincent Lindon Editar o valor en Wikidata
FillosAndrea Casiraghi
 () Stefano Casiraghi
Charlotte Casiraghi
 () Stefano Casiraghi
Pierre Casiraghi
 () Stefano Casiraghi
Alexandra de Hanôver
 () Ernst August V, Príncipe de Hanôver Editar o valor en Wikidata
PaisRainerio III de Mónaco Editar o valor en Wikidata  e Grace Kelly Editar o valor en Wikidata
IrmánsAlberte II de Mónaco
Estefanía de Mónaco Editar o valor en Wikidata
ParentesPríncipe Ernst August de Hanôver, fillastro
Príncipe Christian de Hanôver, fillastro Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Sitio webpalais.mc… Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Grimaldi-21

Traxectoria

editar

Familia e primeiros anos

editar

Carolina naceu o 23 de xaneiro de 1957 no Palacio do Príncipe, Mónaco. É a fillo máis vella de Rainiero III, príncipe de Mónaco, pertencente á casa de Grimaldi, e da súa esposa, a actriz estadounidense Grace Kelly. Foi a herdeira presunta do principado dende o seu nacemento ata o 14 de marzo de 1958, cando naceu o seu irmán o príncipe Alberte. O 1 de febreiro de 1965 naceu a súa irmá máis nova, a princesa Estefanía. A través da súa nai, é de orixe irlandesa e alemá.[2][3]

Cando era nena, Carolina pasou tempo na casa dos seus avós maternos, John B. Kelly, Sr. e Margaret Kelly (nada Major), en Filadelfia, Pensilvania. Ademais de visitar a familia da súa nai nos Estados Unidos, pasou o verán de 1971 no campamento Oneka, no Poconos, aos 14 anos. Mentres estaba alí, sen sabelo os seus pais, Carolina foi protexida polo servizo secreto dos Estados Unidos.[4] A súa nai morreu o 14 de setembro de 1982.

Educación

editar

A princesa recibiu o seu bacharelato francés en 1974 con honores. Tamén foi educada na St Mary's School Ascot. Carolina continuou os seus estudos na Universidade da Sorbona, onde se diplomou en filosofía e estudou psicoloxía e bioloxía.[5] Fala francés, inglés, castelán, alemán e italiano.[6]

Actividades

editar
 
A princesa Carolina e o príncipe herdeiro Alberte con Ronald e Nancy Reagan en Washington, D.C. o 28 de marzo de 1983

En 1979, a princesa Carolina foi designada polo seu pai como presidenta do Comité Monegasco para o Ano Internacional do Neno. Dous anos despois, en 1981, estableceu a súa propia fundación Jeune J'écoute.[5] Outras organizacións filantrópicas coas que Caroline estivo involucrada inclúen a Asociación Mundial de Amigos dos Nenos (AMADE),[7] a Fundación Princess Grace,[8] a Fundación Prince Pierre,[9] o Peter Le Marchant Trust e a UNICEF.

Despois da morte da súa nai en 1982, Carolina exerceu de facto como primeira dama de Mónaco ata que o seu irmán casou con Charlene Wittstock en 2011.[10][11] Asiste regularmente a eventos sociais importantes en Mónaco relacionados coa familia principesca monegasca, como as celebracións do Día Nacional,[12] o Rose Ball anual, o Cross Red Ball e o Gran Premio de Mónaco de Fórmula Un.

Debido ao seu compromiso coa filantropía e as artes, Caroline foi nomeada embaixadora de boa vontade da UNESCO o 2 de decembro de 2003.[13] A UNICEF honrouna co Children's Champion Award o 20 de maio de 2006.

Vida persoal

editar
 
Monograma real

Carolina estivo relacionada romanticamente con varios homes coñecidos, como Mark Shand (irmán de Camila de Cornualla), Guillermo Vilas, Henri Giscard d'Estaing (fillo de Valéry Giscard d'Estaing) ou o cantante francés Philippe Lavil.[6] Tralo seu primeiro divorcio estivo comprometida por un tempo breve con Robertino Rossellini, fillo de Roberto Rossellini e Ingrid Bergman e entre o seu segundo e terceiro matrimonio mantivo unha relación co actor francés Vincent Lindon.[14]

O primeiro marido de Carolina foi o banqueiro parisiense Philippe Junot (nado o 19 de abril de 1940). Casaron polo civil en Mónaco o 28 de xuño de 1978 e polo relixioso o día seguinte.[15] Á cerimonia acudiron 65 convidados, incluídas estrelas de Hollywood como Ava Gardner, Cary Grant e Frank Sinatra.[16] A parella non tivo fillos e divorciouse o 9 de outubro de 1980. En 1992, a igrexa católica concedeu á princesa a nulidade matrimonial.

O seu segundo marido foi o deportista e herdeiro dunha fortuna industrial Stefano Casiraghi (8 de setembro de 1960 – 3 de outubro de 1990). Casaron polo civil en Mónaco o 29 de decembro de 1983. Stefano Casiraghi faleceu nun accidente nun bote de velocidade en 1990. O matrimonio tivo tres fillos:

Aínda que os seus pais non casaron pola igrexa, os nenos foron lexitimados polo papa Xoán Paulo II en febreiro de 1993, oito meses despois da anulación do matrimonio entre Carolina e Junot.

O terceiro matrimonio da princesa foi co príncipe Ernesto Augusto de Hanover, duque de Brunswick. A parella casou o 23 de xaneiro de 1999 e tiveron unha filla:

  1. "Monaco royal taken seriously ill". BBC News (Londres). 8 de abril de 2005. Consultado o 27 de xaneiro de 2013. 
  2. Jacobs, Laura (maio de 2010). "Grace Kelly's Forever Look". Vanity Fair. Consultado o 28 de marzo de 2012. 
  3. Herzog, Buck (14 de xaneiro de 1956). "'Irish' Grace Kelly Is Half German". The Milwaukee Journal Sentinel. Consultado o 28 de marzo de 2012. [Ligazón morta]
  4. Baker, Sue Ann (2015). Behind the Shades: A Female Secret Service Agent's True Story (en inglés). WWP Publishing. ISBN 978-0-9961595-2-4. 
  5. 5,0 5,1 "H.R.H. The Princess of Hanover". Palacio do Príncipe de Mónaco. Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2011. Consultado o 28 de marzo de 2012. 
  6. 6,0 6,1 Dowling, Kenny; Ward, Penny (30 de agosto de 1976). "Sweet Caroline". People. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 28 de marzo de 2012. 
  7. "H.R.H. the Princess of Hanover chairs the plenary assembly of AMADE". Palacio do Príncipe de Mónaco. 26 de abril de 2007. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2011. Consultado o 28 de marzo de 2012. 
  8. "28th annual Princess Grace Awards gala". Palacio do Príncipe de Mónaco. 10 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2011. Consultado o 28 de marzo de 2012. 
  9. "The Prince Pierre Foundation". Palacio do Príncipe de Mónaco. 4 de outubro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 28 de marzo de 2012. 
  10. "Princess Caroline of Monaco". Biography.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2012. Consultado o 28 de marzo de 2012. 
  11. "Princess Caroline of Monaco". Hello. Consultado o 28 de marzo de 2012. 
  12. "United and official: Charlene celebrates first National Day as princess". Hello. 21 de novembro de 2003. Consultado o 9 de febreiro de 2012. 
  13. "Princess Caroline becomes U.N. Goodwill Ambassador". Hello. 27 de novembro de 2003. Consultado o 28 de marzo de 2012. 
  14. "Monaco Special: Princess Caroline". Hello. abril de 2005. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2021. Consultado o 28 de marzo de 2012. 
  15. "'Iconic royal wedding gowns". Harpers Bazaar. 
  16. "The turbulent love life and marriages of Albert's sisters". Hello. 14 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto 2013. Consultado o 28 de marzo de 2012. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar