Monaco-Ville
Monaco-Ville (do francés: Cidade de Mónaco) é un barrio de Mónaco que abrangue a zona máis vella do Principado, onde se atopa o recinto amurallado do Principado, o Palacio do Príncipe de Mónaco, a Catedral de San Nicolao e o Museo Oceanográfico. A súa poboación está estimada en 1.151 habitantes.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Mónaco | ||||
Commune of Monaco (en) | comuna de Mónaco | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 975 (2008) (4.875 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 0,2 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Georges Marsan (pt) (2003–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 98000 | ||||
ISO 3166-2 | MC-MO | ||||
Descrición
editarMonaco-Ville, tamén coñecida "Le Rocher" (A Rocha), é un dos tres tradicionais barrios de Mónaco, sendo os outros La Condamine e Monte Carlo. Con todo, en termos administrativos actuais, é unha do dez circunscricións.
É unha vella cidade fortificada, situada sobre un promontorio rochoso que se estende cara ao mar Mediterráneo. O antigo nome de Monaco-Ville era Monoecus. Neste barrio atópase o Palacio do Príncipe, e preto do mesmo a Cathédrale de Monaco, unha edificación románica-bizantina que contén os restos dalgúns príncipes. Ademais atópase o Museo Oceanográfico de Mónaco, o cal foi fundado en 1910 por Alberte I, chegando a estar baixo a dirección de Jacques-Yves Cousteau. Unha das construcións máis antigas do Principado, a Capela da Misericoria, obra de 1639, é famosa por ser o punto de partida das procesións relixiosas por parte dos habitantes na véspera do Venres Santo.
A pesar de estar localizado nun dos países máis densamente poboados, Monaco-Ville permanece como unha vila medieval, sendo a maioría das súas rúas peonís.