Carlos Durán

escritor e xornalista galego
(Redirección desde «Carlos Durão Rodrigues»)

Carlos Durán Rodríguez, coñecido como Carlos Durão, nado en Madrid o 5 de xaneiro de 1943 e finado en Vigo o 8 de setembro de 2023,[1] foi un escritor e xornalista galego.

Carlos Durán
Nome completoCarlos Durán Rodríguez
Nacemento5 de xaneiro de 1943
Lugar de nacementoMadrid
Falecemento8 de setembro de 2023
Lugar de falecementoHospital do Meixoeiro
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade Complutense de Madrid
Ocupaciónescritor e xornalista
Coñecido porA teima
Na rede
AELG: 131
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado nunha familia galega con tradición emigrante, viviu nos seus primeiros anos en diversas localidades galegas. Estudou bacharelato en Vigo e estudos universitarios en Santiago de Compostela e na Universidade Central de Madrid, onde se licenciou en Filosofía e Letras, ramo de xermánicas en 1968. Residente en Londres, foi un dos fundadores (1970) do Grupo de Traballo Galego de Londres que elaborou un Plan Pedagóxico Galego publicado en Grial en 1971. Foi profesor de castelán e francés na St. Giles School of Languages da cidade londiniense e redactor radiofónico para o Servizo Exterior da BBC, e tradutor técnico en organismos da ONU.

Foi membro do Comité de Cultura do Centro Galego de Londres, e colaborador de publicacións como Grial, Teima, A Nosa Terra, Agália, O Ensino, Nós, Cadernos do Povo e Hífen. Membro das Irmandades da Fala de Galiza e Portugal, Associação de Amizade Galiza-Portugal, Associaçom Galega da Língua, Asociación de Escritores en Lingua Galega e académico da Academia Galega da Língua Portuguesa.

Coordinador da Comissão de Lexicologia e Lexicografia da Academia Galega da Língua Portuguesa, foi o propio coordinador da elaboración do Vocabulário Ortográfico da Galiza, publicado pola devandita institución en 2015.[1]

Obra editar

 
Portada do Vocabulário Ortográfico da Galiza, 2015.

Narrativa editar

  • A Teima, 1973, Galaxia, novela psicolóxica.
  • Galegos de Londres, 1978, Ediciós do Castro, novela baseada na experiencias dos emigrantes galegos.
  • Silêncio, nós, 1988, Fundação Europeia Viqueira, Cadernos do Povo, novela.

Poesía editar

  • Poemas do Não, 1987.
  • Focagens - fogagens : de correctione castraporum, 1991, Irmandades da Fala de Galiza e Portugal.
  • Paralaxes, 1994, Irmandades da Fala de Galiza e Portugal.

Obras colectivas editar

  • Catro narracións, 1977, Ediciós do Castro.
  • Prontuário Ortográfico das Irmandades da Fala, 1984, Irmandades da Fala de Galiza e Portugal.
  • Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, 1984), 1986, AGAL.
  • Galiza: língua e sociedade (XIV ensaios), 2009, Associação de Amizade Galiza-Portugal.

Premios editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Dolores Vilavedra (coord.) Diccionario da Literatura Galega, vol. 1, Galaxia, 1995

Ligazóns externas editar