Carlos Baliñas Fernández

profesor e filósofo galego
(Redirección desde «Carlos Amable Baliñas»)

Carlos-Amable Baliñas Fernández, nado en Vilarchán (Quireza, Cerdedo-Cotobade) o 16 de decembro de 1930, é un profesor e filósofo galego. É pai do historiador Carlos Baliñas Pérez.

Carlos Baliñas Fernández
Nacemento16 de decembro de 1930
Lugar de nacementoQuireza
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela, Universidade Complutense de Madrid, Universidade de Múnic e Universidade Pontificia Comillas
Ocupaciónfilósofo, profesor universitario e profesor de ensino secundario
FillosCarlos Baliñas Pérez
PremiosMedalla Castelao e Premio Trasalba
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fixo os estudos de filosofía na Universidade de Comillas (Cantabria). Ingresou a estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela en 1954, trasladándose tres anos despois a Universidade Central de Madrid (actual Universidade Complutense) para facer o segundo ciclo da carreira, onde acadou o título de licenciado en Filosofía, esta vez no ámbito civil. Obtivo unha bolsa da Banca Juan March para completar estudos na Universidade de Múnic (Alemaña), o que o puxo en contacto coas correntes da filosofía europea.

En 1960 incorporouse como Catedrático de Ensino Medio de Filosofía. Exerceu a docencia nos institutos de León,[1] IES Santa Irene de Vigo e IES Arcebispo Xelmírez de Santiago de Compostela. En 1963 acadou o doutoramento en Filosofía pola Universidade de Madrid coa tese La historicidad del ser, el concepto de Historia, dirixida por Santiago Montero Díaz.[1]

En 1969 obtivo a Cátedra de Fundamentos da Filosofía e Historia dos sistemas filosóficos da Universidade de Santiago de Compostela. Previo a súa incorporación á universidade compostelá, exerceu de catedrático na Universidade de Barcelona e na Universidade Complutense de Madrid. Xa en Compostela, conseguiu dun xeito sorpresivo a creación dunha Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación. Foi decano desta facultade moitos anos.

Participou en política, sendo candidato ao Senado no ano 1977 pola Candidatura Democrática Galega.[2] Foi tamén membro de varias fundacións e padroados.

Obra editar

O seu campo de traballo intelectual recorre a publicación de numerosos libros (El acontecer histórico, Amor Ruibal en su tiempo y en el nuestro, Descubrindo a Otero Pedrayo, Rosalía de Castro, entre a poesía e a política, Galicia de papel etc), artigos en revistas especializadas (Revista de Filosofía, Agora, Grial ou Anthropos), entradas en enciclopedias (Enciclopedía de la Cultura Hispánica ou a Gran Enciclopedia Rialp) e na prensa escrita (El Correo Gallego, El Ideal Gallego e La Voz de Galicia). En 1984 participou na Semana Galega de Filosofía.

Recoñecementos editar

No ano 2000, foille concedida a Medalla Castelao da Xunta de Galicia.[1]

No 2017, recibiu o Premio Trasalba.[3]

No 2023, foi nomeada académico da Academia Xacobea.[4]

Vida persoal editar

Foi irmán de Dositeo Valiñas[5] (1921-2024), que foi crego en Ribadumia moitos anos.

É pai do historiador Carlos Baliñas Pérez.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Carlos Amable Baliñas Fernández 1930". filosofia.org (en castelán). 2001. Consultado o 29 de novembro de 2023. 
  2. "Notas aclaratorias Elecciones 1977". historiaelectoral.com. Consultado o 2023-11-29. 
  3. Redacción (28 de abril de 2017). "El profesor y filósofo Carlos Baliñas, alumno de Pedrayo, elegido Premio Trasalba 2017". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 29 de novembro de 2023. 
  4. Redacción (15 de novembro de 2023). "Cinco nuevos académicos de honor refuerzan la Academia Xacobea". mundiario.com (en castelán). Consultado o 29 de novembro de 2023. 
  5. Reboyras, Arturo (2024-01-24). "Profundo dolor por la muerte del sacerdote Dositeo Valiñas Fernández, a los 102 años". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2024-01-25. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar