Carlos Álvarez Taboada

ilustrador e escritor galego

Carlos Álvarez Taboada, nado en Pontevedra o 9 de outubro de 1979, é un ilustrador e escritor galego.

Infotaula de personaCarlos Álvarez Taboada

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1979 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónIES Sánchez Cantón Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónilustrador , escritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoLiteratura infantil
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

AELG: 558

Traxectoria editar

 
Carlos Álvarez Taboada e Enrique Mauricio Iglesias: Polo correo do vento.

Foi xogador de balonmán. Estudou a secundaria no IES Sánchez Cantón e logo estudou Publicidade.

Ten colaborado en diversas publicacións, como por exemplo no fanzine catalán Despacio ou na campaña "Mans Limpas" promovida polo SERGAS en 2007.

É autor, conxuntamente con Enrique Mauricio Iglesias, de varios libros de literatura infantil publicados en Lela Edicións. Son os autores do proxecto Polo correo do vento que é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos; e leva xa feito un longo percorrido, en multitude de centros de ensino, bibliotecas, museos, feiras, librarías e centros socioculturais, dende a aparición dos 7 libros da colección do mesmo nome, publicada por Edicións Xerais de Galicia, a partir do ano 2008.

En 2018 publicou en solitario A biblioteca de Pedrarcana, obra finalista no Premio Merlín:

Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, deixábase levar. Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvía o libro das tapas vermellas. Falou na clase con tanto entusiasmo da historia do pirata da cidade, que Artai e as súas irmás, Xela e Sabela, acudiron á biblioteca na procura do tesouro agochado en Pedrarcana."A biblioteca de Pedrarcana" é unha historia moi emocionante e fermosa sobre o valor dos libros e das bibliotecas para mudar a pel dunha cidade[1].

Obras editar

Con Enrique Mauricio editar

Notas editar

  1. "Ficha de libro". xerais.es. Consultado o 27/04/2018. 
  2. Nicolás, Ramón (2021-12-23). "De Valdeorras a México. Terra a Nosa! Pequena biografía de Florencio Delgado Gurriarán, de Polo Correo do Vento". Caderno da crítica. Consultado o 2021-12-23. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar