Carballo carrasco

especie botánica

O carballo carrasco ou simplemente carrasco[1] (Quercus coccifera) é unha especie de arbusto, ás veces unha arboriña duns 6 metros, pertencente á familia das fagáceas orixinaria da rexión do Mediterráneo. Non aparece en Galiza.

Carballo carrasco

Quercus coccifera
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Hamamelidae
Orde: Fagales
Familia: Fagaceae
Xénero: Quercus
Subxénero: Quercus
Sección: Cerris
Especie: Quercus coccifera
L.
Mapa de distribución.
Mapa de distribución.

Mapa de distribución.
Landra

Descrición editar

É un carballo (xénero Quercus) de folla perenne e verde todo o ano, arbusto de non máis de 2 m de altura, aínda que ás veces pódese converter nunha arboriña de até 4 ou 6 m; adoita ramificarse abundantemente desde a base, de forma que as pólas, de casca lisa e cinsenta, entrelázanse a miúdo facéndoa impenetrábel. Ten follas sinxelas, alternas, membranosas que caen axiña, ríxidas, lampinas polas dúas faces, coa marxe ondulada e armada de dentes espiñentos en maior ou menor número; teñen cor verde intenso, forma aovada ou alongada e superficie brillante e lustrosa.

As flores masculinas son miúdas, pouco aparentes, cunha envolta acopada dividida en 4, 5, ou 6 esgallos e un número variábel de estames (4 a 10); agrúpanse en espigas curtas, de cor amarelada, delgadas, que colgan en grupos. As femininas nacen na mesma planta, solitarias ou agrupadas por dúas ou tres. O froito é unha landra, dunha soa semente, separábel en dúas metades (cotiledóns) lonxitudinalmente.

Floración editar

Florea contra abril ou maio, madurecendo as landras ao final do verán ou xa polo outono (outubro) do ano seguinte; son de sabor amargo, más para comer.

Hábitat editar

 
Quercus coccifera

Asóciase ao espiño negro (Rhamnus lycioides), mirto, palmeira anana, efedra[2], sabina, cimbro, lentisco, oliveira brava[3] (ou zambullo), silvamar, esparragueira, etc. formando comunidades características que reciben varios nomes.

Esta especie de carballo desenvólvese nas ladeiras secas e asolladas.

Prolifera sobre terreos calcáreos, pedrentos e solos pobres. É indiferente á natureza química do solo, e amante dos climas cálidos polo que empeza a faltar a partir dos 1000 m de altitude; soporta ben as secas estivais.

O carrasco é un carballo moi resistente, de clima seco e semiárido que é capaz de soportar o clima mediterráneo continental con temperaturas extremas e escasas precipitacións, substitúe á aciñeira nas zonas máis secas, onde a avantaxa en resistencia hídrica.

As precipitacións, nos lugares onde se desenvolve, están entre os 400 ou 600 mm, cun máximo durante o outono e a primavera. Soporta ben os veráns calorosos e os invernos fríos do clima mediterráneo continental; coa estación estival seca e que supera os 35 °C, alcanzándose esporadicamente máis de 40 °C. Con todo, no inverno é frecuente que as temperaturas baixen dos 0 °C, producíndose a humidade por neboeiros de condensación, numerosas xeadas nas noites despexadas de nubes e nevaradas esporádicas. Tamén crece xunto ao mar en cantís e zonas ventosas onde outras especies de carballos ou piñeiros non poden desenvolverse pola dureza das condicións meteorolóxicas.

Distribución editar

Forma parte importante das matogueiras altas, ás que moitas veces dá o nome en castelán (maquis, coscojar, carrascal, chaparral, garriga); A garriga en ocasións é un hábitat que substitúe ás formacións de aciñeiras e outras carballeiras queimadas, talladas ou degradadas.

O carrasco forma comunidades monoespecíficas ou integrado a comunidades con piñeiro bravo, espiño negro, mirto, palmiteiro, sabina, xenebreiro, lentisco, oliveira brava, etc.

En castelán chámaselle: chaparro en referencia ao seu pequeno talle; o termo chaparro vén do éuscaro txaparro, co mesmo significado.[4]. Enportugués chámaselle curiosamente carrasco-galego ou simplemente carrasco. En francés chêne des garrigues (carballo das garrigas). O termo garriga provén do catalán ou do occitano garric, como se denomina a Quercus coccifera neses idiomas.

Na Península Ibérica localízase na contorna da rexión mediterránea. No Val do Ebro, as Baleares, nas illas de Mallorca e Eivisa, e na península por case toda a zona mediterránea, especialmente no centro e metades meridional e oriental, faltando case sempre nas rexións elevadas e continentais e nas atlánticas, fóra das zonas semiáridas do interior do Val do Ebro onde é a especie dominante.

Observacións editar

O nome científico desta especie, coccifera deriva do verbo latino fero: levar e do substantivo coccum, quermes, cochinilla cuxa femia globosa desenvólvese sobre as pólas destes arbustos, nos climas máis cálidos e secos (xénero Kermes, da familia dos quermésidos); este quermes, chamado tamén semente de tinguiduras, semente de quermes ou coco de tinguiduras, empregábase antigamente como colorante e del deriva a cor carmín; algúns historiadores, relátannos que en tempos da dominación romana de Iberia pagábase un crecido tributo anual desta semente, que servía para tinguir a púrpura máis exquisita, a <<bistincta>>, que usaban os membros do Senado. A madeira de carrasca, polo seu tamaño, só serve como leña para queimar e para a obtención de carbón miúdo (cisco) que é de moi boa calidade. As landras utilízanse para alimento de porcos e cabras, a falta das de aciñeira.

Taxonomía editar

Quercus coccifera foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 995. 1753.[5]

Citoloxía

Número de cromosomas de Quercus coccifera (Fam. Fagaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=24[6]

Etimoloxía

Quercus: nome xenérico do latín que designaba aos carballos.

coccifera: epíteto latino que significa "con bagas".[7]

Sinonimia
  • Ilex aculeata Garsault, Fig. Pl. Méd.: t. 117 (1764).
  • Quercus pseudococcifera Desf., Fl. Atlant. 2: 349 (1799).
  • Quercus rigida Willd., Sp. Pl. 4: 434 (1805).
  • Quercus calliprinos Webb, Iter Hispan.: 15 (1838).
  • Scolodrys rigida (Willd.) Raf., Alsogr. Amer.: 29 (1838).
  • Quercus mesto Boiss., Vou. Bot. Espagne 2: 579 (1842).
  • Quercus fenzlii Kotschy, Eich. Eur. Orient.: 24 (1860).
  • Quercus palaestina Kotschy, Eich. Eur. Orient.: 19 (1860).
  • Quercus aquifolia Kotschy ex A.DC. in A.P. de Candolle, Prodr. 16(2): 108 (1864).
  • Quercus arcuata Kotschy ex A.DC. in A.P. de Candolle, Prodr. 16(2): 56 (1864).
  • Quercus brachybalanos Kotschy ex A.DC. in A.P. de Candolle, Prodr. 16(2): 54 (1864).
  • Quercus chainolepis Kotschy ex A.DC. in A.P. de Candolle, Prodr. 16(2): 55 (1864).
  • Quercus consobrina Kotschy ex A.DC. in A.P. de Candolle, Prodr. 16(2): 54 (1864).
  • Quercus cretica Raulin ex A.DC. in A.P. de Candolle, Prodr. 16(2): 54 (1864), prol syn.
  • Quercus dipsacina Kotschy ex A.DC. in A.P. de Candolle, Prodr. 16(2): 55 (1864).
  • Quercus dispar Kotschy ex A.DC. in A.P. de Candolle, Prodr. 16(2): 55 (1864).
  • Quercus echinata Kotschy ex A.DC. in A.P. de Candolle, Prodr. 16(2): 55 (1864), nom. inval.
  • Quercus inops Kotschy ex A.DC. in A.P. de Candolle, Prodr. 16(2): 54 (1864).
  • Quercus recurvans Kotschy ex A.DC. in A.P. de Candolle, Prodr. 16(2): 56 (1864).
  • Quercus valida Kotschy ex A.DC. in A.P. de Candolle, Prodr. 16(2): 55 (1864).
  • Quercus sibthorpii Kotschy ex Boiss., Fl. Orient. 4: 1169 (1879).
  • Quercus pseudorigida Kotschy ex A.Camus, Chênes, Atlas 1: 51 (1934).[8]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Nomes galegos en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991
  2. Nome común para as especies do xénero Ephedra recomendado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC
  3. Nome galego recomendado para a especie Olea europea var. sylvestris en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988
  4. Diccionario de la RAE"chaparro". 
  5. "Quercus coccifera". 
  6. Recherches cytologiques sur quelques espèces et hybrides du genre Quercus.
  7. En Epítetos Botánicos
  8. "Quercus coccifera". 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar