Cantabria Baloncesto

(Redirixido desde «Cantabria Lobos»)

O Cantabria Baloncesto, S.A.D. foi un club profesional de baloncesto español da cidade de Torrelavega, Cantabria, aínda que nos seus últimos catro anos xogou en Santander. Foi fundado en 1975, deixando de existir en xullo de 2009 cando o club emitiu un comunicado oficial dicindo que non sairía a competir o non dispoñer dun "orzamento digno". Durante cinco temporadas competiu na Liga ACB cos comes de Caja Cantabria e Cantabria Lobos.

Cantabria Baloncesto
Información xeral
Fundación 1975
Desaparición 2009
Cores           Vermello, negro
Localización
Cidade España Torrelavega (1975−2004)
España Santander (2004−2009)
Pavillón Palacio de Deportes de Santander
Capacidade 6 000
Inauguración 31 de maio de 2003
Campionatos
C. Príncipe 1 (1997)

HistoriaEditar

Fúndase en 1975 en Torrelavega co nome de "Sociedad de Amigos del Baloncesto". Tras varios anos por categorías rexionais, na tempada 1992-93 logra o ascenso á liga EBA. Tras tres temporadas, na 1996−97 ascende á Liga LEB. No primeiro ano nesta categoría logra o ascenso á Liga ACB onde permaneceu cinco tempadas de 1997 a 2002 grazas á transformación en Sociedade Anónima Deportiva, á sponsorización do xornal Alerta, o seu principal patrocinador, e aos de socios que acudían ao Pavillón Vicente Trueba.

En 2002 descende de novo á LEB. En 2004 o equipo trasládase de Torrelavega a Santander, ante o descontento dos afeccionados torrelaveguenses. Na capital cántabra o equipo empezou a xogar no Palacio de Deportes de Santander. En 2007 foi campión da liga regular, subcampión da Copa Príncipe de Asturias e conseguiu varios cheos no Palacio de Deportes, aumentando o apoio da cidade e da rexión ao proxecto dos Lobos.

Ao ano seguinte, na temporada 2007−08, a directiva realizou grandes fichaxes de homes con nome na LEB, pero diversas circunstancias tanto deportivas como extradeportivas deron lugar a que o obxectivo de loitar polas primeiras prazas convertésese en non descender. Tres vitorias consecutivas ao final da tempada deron lugar a que a Alerta Cantabria Lobos alcanzase a permanencia deportiva na LEB Ouro. O 4 de xullo de 2008 faise público un comunicado no que os directivos anuncian a desaparición do club cántabro.[1] No entanto, a Federación Española de Baloncesto FEB admitiu ao equipo cántabro na terceira categoría nacional, a LEB Bronce, tras vender a súa praza na LEB Ouro ao Club Ourense Baloncesto. En abril dese mesmo ano confírmase o seu ascenso matemático a LEB Prata. Porén, no mes de xullo, o club cántabro anuncia a través dun comunicado oficial que non sairá a competir debido a non ter un orzamento digno.

PatrociniosEditar

O club adoptou diversos nomes ao longo da súa historia:

  • Caja Cantabria (1992–1998)
  • Lobos Caja Cantabria (1998–1999)
  • Cantabria Lobos (1999–2002)
  • Los Lobos (2002–2003)
  • Alerta Cantabria Lobos (2003–2004)
  • Alerta Cantabria (2004–2009)

XogadoresEditar

DestacadosEditar

AdestradoresEditar

A seguinte é unha lista dos adestradores do Cantabria Baloncesto na ACB.

  •   Quino Salvo (1997–2000)
  •   Daniel Angel García (2000–2002)
  •   Moncho Monsalve (2002–2003)

PalmarésEditar

Copa Príncipe

  • Campións (1): 1997
  • Subcampións (1): 2007

LEB Bronce

  • Campións (1): 2009

Copa LEB Bronce

  • Campións (1): 2009

HistorialEditar

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1992–93 2 1ª División 15º 21–15
1993–94 2 1ª División 18º 4–26
1994–95 2 EBA 21–15
1995–96 2 EBA 23–7
1996–97 2 LEB 25–13 Copa Príncipe
1997–98 1 ACB 14º 12–22
1998–99 1 ACB 15º 13–21
1999–00 1 ACB 14º 11–23
2000–01 1 ACB 16º 10–24
2001–02 1 ACB 17º 7–27
2002–03 2 LEB 18–17
2003–04 2 LEB 11º 16–18
2004–05 2 LEB 13º 14–20
2005–06 2 LEB 17–17
2006–07 2 LEB 24–14 Copa Príncipe
2007–08 2 LEB Ouro 15º 12–22
2008–09 4 LEB Bronce 21–9 Copa LEB Bronce

NotasEditar

  1. "El Lobos desaparece". El Diario Montañés. 5 de xullo de 2008. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar