Esta é unha lista de cadros atribuídos a Leonardo da Vinci, (15 de abril de 1452 - 2 de maio de 1519), un dos grandes artistas do Renacemento. En xeral, quince obras atribúense a Leonardo, ou na súa totalidade ou en gran parte; a maioría son pinturas sobre táboa, pero tamén hai un mural, un gran debuxo en papel e dous esbozos de preparación de obra. Están en discusión seis pinturas máis, hai cinco obras que ultimamente lle foron atribuídas, e dúas son copias de traballos perdidos. Ningunha das pinturas de Leonardo está asinada, e esta lista recolle as opinións de varios estudosos.[1]
O número pequeno de pinturas que sobreviviron é, seguramente, debido á constante experimentación con técnicas novas por parte de Leonardo. Aínda así, estes poucos traballos, xunto cos seus cadernos de notas, que conteñen debuxos, diagramas científicos e os seus pensamentos sobre a natureza da pintura, constitúen unha contribución ás xeracións posteriores de artistas igualado, salvando as distancias, só polo legado do seu contemporáneo, Michelangelo.
Pintado por Andrea del Verrocchio, pero o anxo ao lado esquerdo está feito por Leonardo.[2] Recoñécese en xeral que Leonardo tamén pintou unha gran parte da paisaxe de fondo. É un dos primeiros traballos que existen del. A declaración de Giorgio Vasari que o anxo da esquerda é obra de Leonardo está confirmada por estudos por Bode, Seidlitz e Guthman, e aceptada por McCurdy, Wasserman e outros.
En xeral, crese que é a primeira obra completa existente de Leonardo. Ata o 1869, a obra atribuiase a Verrocchio. Actualmente hai consenso na atribución a Leonardo, proposta por Liphhart, e aceptada por Bode, Lübke, Muller-Walde, Berenson, Clark, Goldscheider e outros.[1]
Obra previamente atribuída a Verrocchio ou Lorenzo di Credi. Para a maioría dos críticos, a anatomía do neno Xesús é tan pobre que desanima unha posible atribución, mentres que outros cren que é un traballo da mocidade de Leonardo. Esta atribución foi feita por Suida, en 1929. Outros historiadores de arte como Shearman e Morelli atribúeno a Verrocchio.[1] Daniel Arasse (1997) considera esta pintura como un traballo de mocidade de Leonardo.[3]
Waag, en 1866, propuxo a atribución da obra a Leonardo, e recibiu o apoio de Bode. Os primeiros estudosos do século XX mostraron o seu desacordo, pero a maioría dos críticos actuais aceptan tanto a autoría como a súa identidade.[1]
Algúns críticos propoñen a teoría de atribuír a obra á man de Lorenzo di Credi, pero partindo este para a súa realización dun debuxo previo de Leonardo. Apoia esta proposición a existencia dun debuxo atribuído a Leonardo co mesmo esquema xeral, e que se conserva na Galería Uffizi.
A maioría dos especialistas considérana como a primeira das dúas versións que existen sobre o mesmo tema. Enteiramente autógrafa segundo a maioría deles.
Que a pintase Leonardo foi obxecto dun longo debate desde que, en 1889, se propuxera que el era o seu autor. A atribución do cadro Xenebra de Benci apoiou que esta obra tamén se dea como de Leonardo.[1]
En anos recentes, sobre a base dunha comparación estilística, algúns críticos (entre os que se atopan Carlo Pedretti, David A. Brown, Maria T. Fiorio e P. C. Marani) consideran que esta obra é produto do pincel de Giovanni Antonio Boltraffio.[4]
Xeralmente aceptada como unha versión posterior á do Louvre. Realizada coa colaboración de Ambrogio de Predis e quizais outros. Mentres a data non é aceptada por todos, a colaboración do taller de Leonardo parece indiscutible.[1]
Existen tres versións, aparentemente feitas por artistas diferentes, quizais copias dun traballo perdido que se describiu que pertencía a Leonardo. O máis coñecido, propiedade do Duque de Buccleuch, foi roubado en 2003 e recuperado en 2007.[6]
Unha pintura de Verrocchio mentres Leonardo traballaba no seu taller. Martin Kemp suxire que Leonardo puido pintar algunha parte deste traballo, probablemente o peixe. David Alan Brown, da National Gallery de Washington, tamén lle atribúe o can.
Segundo Stephen Holmes, quen escribiu un libro The Lost Leonardo (2007), o consenso entre os expertos era que se trataba da mesma man que a de A Virxe das Rocas en Londres, e de igual calidade.
Atribuída previamente a Frei Bartolomeo. Logo dunha limpeza recente, a Galería Borghese propón a atribución como unha obra de mocidade de Leonardo, baseada na presenza dunha pegada digital similar a unha que aparece en A dama do armiño. Non hai acceso ao resultado da investigación.[7]
Recentemente foi atribuída a Leonardo por Carlo Pedretti. Con anterioridade, considerábase que era unha obra de Giampietrino, artista que pintara un certo número de Magdalenas.[8] Esta atribución a Leonardo non é aceptada por algúns especialistas como, por exemplo, Carlo Bertelli, ex director da Galería Brera de Arte en Milán, que ademais de opinar que non é de Leonardo, cre que o tema podería ser unha Lucrecia sen o coitelo.[9]
Atribuído previamente por Sotheby's a Gian Francesco de Maineri.[10][11] Atribuído a Leonardo polo seu actual propietario.[10] Recoñecemento baseado na similitud dos verdugos de Cristo nos debuxos realizados por Rubens da Batalla de Anghiari. Segundo a revista Forbes, o experto en pintura de Leonardo, Carlo Pedretti dixo que: «sabía de tres cadros similares e que os catro cadros, na súa opinión, son probablemente do traballo dos axudantes do taller de Leonardo e talvez ata o propio mestre».
↑Bertelli, Carlo (19 de novembro de 2005). Il Corriere della Sera, ed. "Due allievi non fanno un Leonardo"(en Italian). Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2007. Consultado o 27-09-2007.