Abrir o menú principal

Borja Iglesias

futbolista galego
(Redirixido desde "Borja Iglesias Quintas")

Borja Iglesias Quintás[1], nado o 13 de xaneiro de 1993 en Santiago de Compostela, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro. Na actualidade pertence ao RCD Espanyol da Liga Santander.

Borja Iglesias
Información persoal
Nome completo Borja Iglesias Quintás
Nacemento 13 de xaneiro de 1993
Lugar Santiago de Compostela, Galicia Galicia
Altura 1.88 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Espanyol
Carreira xuvenil
Santiago de Compostela CF
2007-2010 Valencia CF
2010-2013 Villareal CF
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2012–2013 Villarreal C 29 (11)
2013-2017 Celta de Vigo B 146 (75)
2014–2018 Celta de Vigo 1 (0)
2017–2018Zaragoza (cedido) 39 (22)
2018– Espanyol 0 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 2 de xuño de 2018.
† Aparicións (Goles)

Índice

TraxectoriaEditar

Tras despuntar nas categorías inferiores do Santiago de Compostela CF e da Selección de Galicia, fichou polo Valencia CF, onde seguiu formándose durante tres anos no fútbol base dese club. Ao cabo destes anos fichou polo Villareal CF, onde permaneceu outros tres anos antes de fichar polo Celta de Vigo B.

No segundo equipo do club galego foi afianzándose no once inicial ata debutar co primeiro equipo o 3 de xaneiro de 2015 e ser un habitual nas pretempadas do Celta.

A explosión futbolística definitiva tivo lugar na tempada 2016/17 na Segunda División B, xa que pese a ter ficha co primeiro equipo xogou co filial, co obxectivo de ascender á categoría de prata. Ese ano proclamouse o máximo anotador da historia da categoría, con 34 tantos, polo que recibiu o Balón de Bronce. A pesar destes números e de terse proclamado o máximo goleador da historia do filial celeste, Borja non contou con sitio no primeiro equipo por causa da forte competencia, polo que saíu cedido ao Real Zaragoza, na Segunda División[2].

Véxase taménEditar