Santi Mina

xogador de fútbol galego

Santiago Mina Lorenzo, nado o 7 de decembro de 1995 en Vigo é un futbolista galego que xoga de dianteiro centro no Celta de Vigo. É fillo do defensa Santiago Mina Vallespín, que xogou tamén no Celta durante a década de 1980.[1]

Santi Mina
Santi Mina 2019.jpg
Información persoal
Nome Santiago Mina Lorenzo
Nacemento 7 de decembro de 1995
(26 anos)
Lugar de nacemento Vigo
Altura 1,77 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Celta de Vigo
Número 22
Carreira xuvenil
2005–2012 Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2012–2013 Celta de Vigo B 15 (8)
2013–2015 Celta de Vigo 50 (9)
2015–2019 Valencia 117 (29)
2019– Celta de Vigo 101 (25)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 4 de maio de 2022.
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Celta de Vigo (1ª etapa)Editar

Formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo e na tempada 2012/13 debutou co seu filial, o Celta de Vigo B, na Terceira División. Esa mesma tempada, o 18 de febreiro de 2013, debutou tamén co primeiro equipo en partido oficial, da man do adestrador Paco Herrera, nun encontro da Primeira División ante o Getafe, no que entrou na segunda parte substituíndo a Iago Aspas.[2] Contaba con tan só 17 anos, 2 meses e 9 días, sendo o terceiro futbolista máis novo en debutar co club, superado só en precocidade por Sansón e Iago Bouzón.[3]

Na seguinte tempada comezou a ter moita máis participación no primeiro equipo, que adestraba Luis Enrique. O 16 de setembro de 2013 anotou o seu primeiro gol co primeiro equipo en Primeira División no encontro ante o Athletic de Bilbao, que supuxo tamén a inauguración do novo estadio de San Mamés. Con este tanto bateu dous récords: o do xogador celeste e o do xogador galego máis novo en marcar en primeira división, con 17 anos e 280 días.[4] Rematou a tempada cun total de 31 partidos e 3 goles.

Comezou a tempada 2014/15 con pouco protagonismo no equipo, relegado á suplencia polo adestrador Eduardo Berizzo, pero co paso das xornadas acabou por facerse coa titularidade. O 11 de abril de 2015 no partido entre o Celta de Vigo e o Rayo Vallecano, marcou 4 goles, nun encontro en Balaídos que rematou cun 6-1 no marcador. Foi o primeiro futbolista céltico en conseguir catro goles nun partido de liga dende que o lograra Mori en 1979.[5]

A súa primeira etapa no Celta chegou ata 2015, e pechouna cun total de 56 partidos co primeiro equipo e 12 goles, 9 deles anotados na tempada 2014/15.

ValenciaEditar

O 4 de xullo de 2015 fichou polo Valencia, co cal asinou un contrato até 2021, logo de que o club pagase a súa cláusula de rescisión de 10 millóns de euros.[6] Na súa primeira campaña en Valencia debutou en competición europea, nun partido da Liga de Campións ante o Gent. Co equipo eliminado da máxima competición europea, en febreiro de 2016 xogou o seu primeiro partido na Europa League, nunha histórica goleada por 6-0 sobre o Rapid Viena, na que marcou dous goles.[7]

Na tempada 2018/19 marcou os seus dous únicos goles na Liga de Campións, ambos no mesmo partido ante o Young Boys suízo. Esa mesma campaña proclamouse campión da Copa do Rei, competición na que contribuíu con catro goles en cinco partidos.[8] Militou un total de catro tempadas no club valenciano, xogando un total de 150 partidos oficiais e conseguindo 42 goles,

Celta de Vigo (2ª etapa)Editar

En 2019, con 23 anos, regresou ao Celta de Vigo, dentro dunha operación pola que Maxi Gómez foi traspasado ao Valencia e Jorge Sáenz cedido ao Celta.[9] Titular habitual durante as seguintes tres campañas, foi sempre o segundo máximo anotador do equipo, por detrás de Iago Aspas.

Condena por abusoEditar

En xuño de 2017 foi detido pola policía, despois de ser denunciado por agresión sexual a unha muller en Mojácar.[10] Xulgado pola Audiencia Provincial de Almería, en abril de 2022 foi condenado a catro anos de cárcere por abuso sexual e ao pago de 50.000 € de indemnización á vítima.[11]

NotasEditar

  1. "Santi Mina". BDFutbol (en castelán). Consultado o 4 de maio de 2022. 
  2. "El juvenil Santi Mina debuta con el Celta". Marca (en castelán). 16 de febreiro de 2013. Consultado o 4 de maio de 2022. 
  3. Román, Miguel (12 de abril de 2015). "Santi Mina, una historia que comenzó en 1981… y terminó en julio de 2015" (en castelán). Consultado o 4 de maio de 2022. 
  4. "Santi Mina da un nuevo salto con su 'babygol'". Marca (en castelán). 18 de setembro de 2013. Consultado o 4 de maio de 2022. 
  5. "Santi Mina hace historia con sus cuatro goles". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de abril de 2015. 
  6. "El Valencia ficha a Santi Mina". levante-emv.com (en castelán). 4 de xullo de 2015. Consultado o 4 de maio de 2022. 
  7. "Goleada histórica del Valencia al Rapid de Viena (6-0)" (en castelán). 18 de febreiro de 2016. Consultado o 4 de maio de 2022. 
  8. Burgos, Julián (2 de xuño de 2019). "Santi Mina se tatúa la Copa del Rey en su pierna". As (en castelán). Consultado o 4 de maio de 2022. 
  9. "Tan parecidos; tan diferentes". Faro de Vigo (en castelán). 13 de xullo de 2019. Consultado o 4 de maio de 2022. 
  10. "Santi Mina y un amigo declararon como investigados en un proceso todavía abierto". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de xuño de 2017. Consultado o 4 de maio de 2022. 
  11. "Santi Mina, condenado a cuatro años de cárcel por abuso sexual". Faro de Vigo (en castelán). 4 de maio de 2022. Consultado o 4 de maio de 2022. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar