Bienal de Ilustración de Bratislava

A Bienal de Ilustración de Bratislava (BIB) é unha das máis antigas honras internacionais para os ilustradores de libros infantís. Concedido por primeira vez en 1967 a Yasuo Segawa (Xapón), é un dos premios de literatura infantil máis prestixioso, xunto co Hans Christian Andersen Award. Os artistas son seleccionados por un xurado internacional e as súas obras orixinais expóñense en Bratislava, Eslovaquia. Desde o primeiro momento, o BIB celebrouse baixo os auspicios da UNESCO e do International Board on Books for Young People (IBBY) e co apoio do Ministerio de Cultura de Eslovaquia. Hai doce premios, incluíndo un gran premio á ilustración única e destacada:

  • 1 Gran Premio
  • 5 mazás douradas
  • 5 placas
  • 1 Certificado de Mención Honorífica ao Editor
Bienal de Ilustración de Bratislava
A sede de BIBIANA – Casa Internacional da Arte para a Infancia, en Panská, Bratislava
Tipofestival
Data de fundación1967
PremiosJella-Lepman Medal
PaísEslovaquia
editar datos en Wikidata ]

En 1987 fundouse BIBIANA – Casa Internacional das Artes para os Nenos como “institución cultural con actividade internacional”. [1] BIBIANA organiza agora tamén a Bienal de Animación de Bratislava (BAB).[2]

Lista de gañadores do Gran Premio editar

Ano Gañador ou Gañadora País/ Estado
1967 Yasuo Segawa   Xapón
1969 Eva Bednářová   Checoslovaquia
1971 Andrzej Strumiłło   Polonia
1973 Lieselotte Schwarz   Alemaña (PL - Baixa Silesia/ RDA)
1975 Nikolaj Popov   URSS
1977 Ulf Löfgren   Suecia
1979 Klaus Ensikat   Alemaña do Leste
1981 Roald Als   Dinamarca
1983 Dušan Kállay   Checoslovaquia
1985 Frédéric Clément   Francia
1987 Hannu Taina   Finlandia
1989 Marian Murawski   Polonia
1991 Stasys Eidrigevicius   Polonia
1993 Lorenzo Mattotti   Italia
1995 John Rowe   Reino Unido
1997 Martin Jarrie   Francia
1999 Etsuko Nakatuji   Xapón
2001 Eric Battut   Francia
2003 Iku Dekune   Xapón
2005 Ali Reza Goldouzian   Irán
2007 Einar Turkowski   Alemaña
2009 Josep Antoni Tássies   Cataluña ;   España
2011 Eunyoung Cho   Corea do Sur
2013 Evelyne Laube, Nina Wehrle    Suíza
2015 Laura Carlin   Reino Unido
2017 Ludwig Volbeda   Países Baixos
2019 Hassan Moosavi   Irán
2021 Elena Odriozola   Euskadi ;   España [3]

Lista de gañadores da Mazán de Ouro editar

Ano Gañador ou Gañadora País/ Estado
1981 Boris Diodorov   URSS
2003 Isol Misenta   Arxentina
Michael Dudok De Wit   Países Baixos
Victoria Fomina   Rusia
Armin Greder    Suíza
Chiara Carrer   Italia
2005 Lilian Broegger   Dinamarca
Byoung – Ho Han   Corea do Sur
Luboslav Palo   Eslovaquia
Pawel Pawlak   Polonia
Sara   Francia
2009 Pavel Tatarnikov   Belarús
František Skála   República Checa
Piet Grobler   Suráfrica
Martina Matlovicova-Kralova   Eslovaquia
Boris Zabirochin   Rusia
2013 Yu Rong   China
Nobuhiko Haijima   Xapón
Chiki Kikuchi   Xapón
In-Kyung Noh   Corea do Sur
Irma Bastida Herrera   México
2015 Elena Odriozola   Euskadi ;   España
Mirocomachiko   Xapón
Javier Zabala   España (León)
Ronald Curchod    Suíza
Bingchun Huang (Mi He)   China
2017 Daniela Olejníková   Eslovaquia
Narges Mohammadi   Irán
Ji-Min Kim   Corea do Sur
Anna Desnickaja   Rusia
Maki Arai   Xapón
2019 Chengliang Zhu   China
Soojung Myung   Corea do Sur
Wen Dee Tan   Malaisia
Anton Lomaev   Rusia
Jānis Blanks   Letonia
2021 [3] Myung Ae Lee   Corea do Sur
Amanda Mijangos, Armando Fonseca, Juan Palomino   México
Sylvie Bello   Francia
Anna Kendel, Varvara Kendel   Rusia
Chao Zhang   China

Notas editar

  1. "Bibiana; index". www.bibiana.sk. 
  2. "Bibiana". www.bibiana.sk (en eslovaco). 
  3. 3,0 3,1 "Result". bibiana.sk (en inglés). 2020-06-27. Consultado o 2023-08-07. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar