Elena Odriozola

ilustradora española

Elena Odriozola Belástegui, nada en Donostia, o 27 de novembro de 1967, é unha ilustradora vasca de grande proxección internacional e con diversos galardóns, entre eles o Premio Euskadi de Literatura na categoría de ilustración (2009, 2013), Premio Nacional de Ilustración (2015) e a Mazá de Ouro da Bienal de Ilustración de Bratislava (2015). [1] [2]

Infotaula de personaElena Odriozola

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de novembro de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoIlustración Editar o valor em Wikidata
OcupaciónIlustradora
LinguaLingua éuscara e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webelenaodriozola.blogspot.com.es Editar o valor em Wikidata
BNE: XX1137179

Traxectoria

editar

Nada nunha familia de artistas, comezou o seu interese pola pintura aos trece anos e máis tarde estudou Arte e Decoración. Comezou a súa carreira profesional nunha axencia de publicidade en 1989 e en 1995 publicou o seu primeiro libro ilustrado, Agure jakagorria do autor Jesús Mari Olaizola "Txiliku".[3] Ao longo da súa traxectoria ten ilustrado máis de cen títulos, utilizando principalmente a técnica acrílica, lapis e goma, papel sumi-e e cortador.[4]

Entre os seus autores de referencia están, entre outros, Nathalie Parain, Wolf Erlbruch, Sempé, Arthur Rackham, Lisbeth Zwerger e Czechka.[4]

Ilustración e deseño

editar

Na súa obra ilustrada traballou especialmente con autores, maiormente vascos como Mariasun Landa, Arantxa Iturbe, Juan Kruz Igerabide, Anjel Lertxundi, Felipe Juaristi ou Patxi Zubizarreta, acadando con estes autores unha sensibilidade e un estilo común. Ademais da súa obra en éuscaro, ilustrou a obra de autores en castelán, catalán e inglés.

Tamén colaborou en obras publicadas en galego, como Oda a unha estrela (2009) publicado por Kalandraka Editora, onde ilustra un texto de Pablo Neruda, traducido por Xosé Ballesteros Rei; Un segredo do bosque (2008), Tres irmás ladroas (2007) e A princesa que bocexaba a todas horas (2005), publicados por OQO, e Furia (2007), publicada por Baía Edicións.[5]

Ten deseñado tamén logotipos e carteis para diversos eventos [6][7][8] e as etiquetas da colección 7 cepas, en homenaxe a autores como Virginia Woolf, Rubén Darío, Verne, Cervantes, Lorca, Baudelaire, Quevedo ou Stevenson.[9]

  1. Odriozola, Elena (2015). "Bienal de ilustración de Bratislava"" (en castelán). OEPLI. Consultado o 29 de agosto de 2016. 
  2. File:Frankenstein (Nórdica, 2013).jpg
  3. Odriozola, Elena (2007). "Elena Odriozola" (97): 87–88. 
  4. 4,0 4,1 "Elena Odriozola" (16). 2016: 42–47. 
  5. "Elena Odriozola". www.culturagalega.org. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2023. Consultado o 08 de agosto de 2023. 
  6. Odriozola, Elena (2016). ""77ªedición de la Quincena Musical de Donostia.(2016)"" (PDF) (en castelán). Quincena Musical de San Sebastián. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de novembro de 2018. Consultado o 29 de agosto de 2016. 
  7. Levante-EMV. "La ilustradora Elena Odriozola crea el cartel de la Fira del Llibre" (en castelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  8. Martínez, Borja (2017). "Biblioteca del Vino: bodega de la literatura" (outubro, 2017, 286): p.38–39. ISSN 1130-7676. 
  9. Odriozola, Elena (2017). ""7 cepas.(2017)"" (en castelán). Pencil Ilustradores. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2017. Consultado o 14 de outubro de 2017. 

Véxase tamén

editar


Ligazóns externas

editar