Basomatóforos
Basomatóforos Basommatophora Rango fósil: carbonífero - actualidade [1] | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() O maior dos dous basomatóforos que se ven na foto é Lymnaea stagnalis | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Superfamilias [2] | |||||||||||||
| |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
|
A dos basomatóforos (Basommatophora) é, nas clasificacións clásicas, unha orde de moluscos gasterópodos da subclase dos prosobranquios.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5d/RimmerShellsLymnaea.jpg/260px-RimmerShellsLymnaea.jpg)
Na actualidade, dado que non é un grupo monofilético, segundo a taxonomía dos gasterópodos de Bouchet e Rocroi (2005),[4] considérase como un grupo informal do clado dos heterobranquios (Heterobranchia).
Máis recentemente Jörger et al. (2010) trasladou a tres dos seus membros, as superfamilias Siphonarioidea e Amphiboloidea e o clada Hygrophila a un novo taxon, o dos panpulmonados (Panpulmonata).[5]
Características
editarAína que teñen pulmóns, case todas as súas especies viven en augas doces, e tan só unhas poucas encóntranse no litoral mariño. Todas teñen unha cuncha externa e, a diferenza dos estilomatóforos, os poros xenitais masculinos e femininos están separados, ademais de teren os ollos na base dos tentáculos (ao que alude o seu nome); outra diferenza é que os tentáculos non son retráctiles.
Taxonomía
editarDescrición
editarA orde foi descrita en 1864 polo naturalista alemán Wilhelm Moritz Keferstein.
Etimoloxía
editarO nome científico Basommatophora está construído cos elementos do latín científico baso-, tirado do grego antigo βάσις básis, 'pé' (e 'base'); ommat-, derivado do grego ὄμμα, -ατος ómma, -atos, 'ollo'; -o- (para facilitar a pronuncia) e -phora, plural de -phorus, derivado do grego φορέω phoreõ, 'levar'. Literalmente: 'os que levan os ollos na base', aludindo á posición dos seus ollos no extremo basal dos tentáculos.
Clasificación
editarUnha clasificación en continua revisión
editarDesde que Darwin formulara a súa teoría da evolución, a taxonomía biolóxica intentou reflectir a filoxenia dos organismos. As clasificacións utilizadas en taxonomía intentan, por tanto, representaren as interrelacións entre os distintos taxons. Porén, a taxonomía dos pulmonados, como a dos demais grupos de gasterópodos está continuamente sendo revisada e, debido a isto, as versións que se mostran en diversos textos poden diferir de maneira importante.
Clasificacións modernas
editar- Artigo principal: Pulmonados#Clasificacións modernas.
Notas
editar- ↑ Pek I., Vašíček Z., Roček Z., Hajn. V. & Mikuláš R. (1996): Základy zoopaleontologie. Olomouc, Moravia, República Checa: Palacký University. ISBN 80-7067-599-3.
- ↑ Hygrophila no WoRMS.
- ↑ Basommatophora no WoRMS.
- ↑ Bouchet, P. & Rocroi, J.-P., eds. (2005): Classification and nomenclator of gastropod families. Malacologia: International Journal of Malacology, 47 (1-2). ConchBooks: Hackenheim. ISBN 3-925919-72-4. 397 pp. Parte de: Malacologia: International Journal of Malacology. Institute of Malacology: Ann Arbor. ISSN 0076-2997.
- ↑ Jörger K. M., Stöger I., Kano Y., Fukuda H., Knebelsberger T. & Schrödl M. (2010): "On the origin of Acochlidia and other enigmatic euthyneuran gastropods, with implications for the systematics of Heterobranchia". BMC Evolutionary Biology 10: 323.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Basomatóforos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Basomatóforos |
Bibliografía
editar- D'Ancona, Humberto (1972): Tratado de zoología. Tomo II. Zoología especial. Barcelona: Editorial Labor, S. A.
- Grassé, Pierre P.; Raymond A. Poisson e Odette Tuzet (1976): Zoología. Tomo 1 invertebrados. Barcelona: Ed. Toray-Masson, S. A. ISBN 84-311-0200-4.
- Remane, Adolf; Volker Storch e Ulrich Weisch (1980): Zoología sistemática. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0608-2.
- VV. AA. (1968): "Gasterópodos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 257–293.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Orde Basommatophora na ADW.
- Grupo informal Basommatophora Arquivado 10 de marzo de 2016 en Wayback Machine. na EOL.
- Suborde Basommatophora Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fauna Europaea.
- Clase Basommatophora no ITIS.